Campañas mass media
Con todo isto, Galicia foi personalizando a súa oferta e a súa imaxe turística tratando de
situarse nunha contorna que ía máis aló da simple oferta de recursos e servizos. Xa non
se trataba de contar con praias, montañas, hoteis, balnearios… había que sentir a
experiencia de Galicia.
Así, TURGALICIA lanzouse a comunicar o destino turístico Galicia con estes argumentos
no seu principal mercado emisor, o resto de España.
Para iso, organizou varias campañas de mass media, fundamentalmente en televisión
nacional, que fixeron que Galicia fose o destino máis promocionado en medios de
comunicación españois, xusto nos momentos previos ás tempadas estivais, as de maior
demanda turística, ao longo de catro anos consecutivos.
Esta iniciativa permitiu transmitir ao público obxectivo do Turismo galego a imaxe dun
destino experiencial no que se viven a emoción e os sentimentos que produce a viaxe a
3
Galicia fixando no gran público español as peculiaridades propias da Comunidade
galega.
Con estas premisas, TURGALICIA iniciou estudos de mercado para a creación dunha
marca turística que puidese aglutinar estes elementos e puidese transmitir nun claim
todo o potencial do Turismo de Galicia.
Un estudo cualitativo realizado no ámbito xeográfico de España revelou, entre outros
datos, que Galicia se percibía no imaxinario dos cidadáns españois como un destino
“evocador de emocións e sensacións, envolto nun aire de fantasía e misterio”.
Ademais, os potenciais clientes do Turismo de Galicia, apuntaban como factor moi
positivo as relacións humanas que se xeran na Comunidade galega, así como a
intimidade e a autenticidade que transmite. Os datos que achegou este estudo cualitativo
de mercado, indicaron a asociación de Galicia cun destino para “percorrer, con moitas
posibilidades e un potencial aínda descoñecido”.
Coa experiencia acumulada, o posicionamento conseguido coas accións mass media e
os datos do traballo de investigación, TURGALICIA convocou un concurso público para
empresas especializadas en creación e desenvolvemento de marcas comerciais, co fin
de pór no mercado un distintivo propio que fose capaz de transmitir todos os valores
turísticos de Galicia.
Así, xurdiu a marca Galicia, gárdasme o segredo?, cuxa gráfica bebe da tipografía dos
antigos códices miniados e manuscritos, e que conta cun claim que resume as
peculiaridades turísticas de Galicia.
A partir de agora, Galicia, gárdasme o segredo? será a marca turística da Comunidade
galega e constituirá a base para a promoción futura do Turismo galego, que virará ao
redor dos atributos desta.
Campaña de publicidade
Para difundir a marca do Turismo de Galicia e os seus valores, A Xunta de Galicia, a
través de Turgalicia, xa puxo en marcha unha campaña de publicidade tanto no ámbito
nacional como no galego.
Esta campaña, resolta logo da convocatoria de outro concurso público o pasado mes de
agosto, foi adxudicado á axencia coruñesa IDEA e conta cun plan de medios que
abrangue spots en TV, insercións en prensa, cuñas de radio e presenza en Internet.
A campaña desenvólvese entre os días 9 e 30 de decembro. Tamén está previsto que en
2011 se realicen dúas oleadas da mesma.… Leer más La Xunta empieza la difusión de la marca turística única ‘Galicia, gárdasme o segredo?’