El conselleiro de Infraestructuras avanza que en febrero se repartirán las nuevas tarjetas del transporte metropolitano de Santiago y se pondrá en marcha el tramo Martelo-Noia

O conselleiro de Medio Ambiente adianta que o vindeiro mes porase en servizo o treito Martelo-Noia

HERNÁNDEZ AVANZA QUE EN FEBREIRO SE INICIARÁ O REPARTO DAS NOVAS TARXETAS DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE SANTIAGO

 Destaca que o seu departamento inviste un orzamento de 412 millóns de euros en diversas actuacións en materia de infraestruturas que repercuten nunha mellora das conexións na comarca de Santiago
 O titular de Infraestruturas recorda que a Xunta de Galicia vén de aprobar, para o seu trámite parlamentario, as Directrices de Ordenación do Territorio que será o eixe de planificación das infraestruturas no futuro

Santiago, 27 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou que en febreiro se iniciará o reparto das novas tarxetas do transporte metropolitano de Santiago, co obxectivo de ter en marzo en pleno funcionamento os novos servizos. “Un compromiso máis que cumpre o Goberno autonómico e unha nova resposta á palabra dada”, declarou Hernández.

O titular de Infraestruturas do Goberno galego ofreceu esta tarde a primeira conferencia das xornadas divulgativas As redes do transporte en Galicia, organizadas polo Club Financeiro de Santiago. Estas actividades forman parte da iniciativa Os xoves do CFS.

Na súa opinión, o novo plan de transporte metropolitano marcará un antes e un despois no uso do transporte público na área urbana de Compostela e que suporá melloras a nivel funcional, , facilitando conexións e transbordos; a nivel económico, con aforros que poden situarse no contorno dos 600 euros anuais para os usuarios; a nivel medio ambiental, ao reducir as emisións de CO2 en 2’1 toneladas diarias; e na calidade de vida das persoas que viven e traballan en Compostela, ao sacar das nosas rúas 2.000 vehículos ao día.

O conselleiro sinalou que a mobilidade en Santiago tamén se verá mellorada coa conexión da Cidade da Cultura coa Autoestrada do Atlántico, a conexión do aeroporto co Eixo Atlántico de Alta Velocidade e os estudos para o metro lixeiro de Santiago de Compostela.

Investimentos na comarca de Santiago
Agustín Hernández destacou que o seu departamento ten en marcha actuacións que supoñen un orzamento de 412 millóns de euros que repercuten nunha mellora das conexións na comarca de Santiago. Entre estas destacou a Variante de Noia, a Vía de Altas Prestacións Brión-Noia ou a autovía A Ramallosa- A Estrada.
A este listado engadiu a variante de Aradas que non destaca polo seu importe, senón pola mellora cualitativa que aporta, manifestou.

Segundo explicou Hernández, este novo vial, de 1,6 quilómetros, permitirá mellorar os accesos da zona norte de Compostela e evitará que o tráfico do Polígono do Tambre atravese o barrio de Vite. Ademais, o vial comunicará directamente o Polígono do Tambre coas estradas Santiago-Santa Comba (CP-0701) e Santiago- Trazo (CP-7804)

Dobre efecto positivo
O representante do Goberno galego afirmou que as infraestruturas son un motor que mobiliza a sociedade e no que o sector empresarial se erixe como a enerxía que precisa. Manifestou que as infraestruturas e a obra pública teñen un dobre efecto positivo. Por unha banda, son dinamizadores económicos en si mesmos. O simple feito de executar unha obra crea emprego, mobiliza o mercado e xera riqueza e valor engadido.

Por outro lado, o valor vertebrador dunha estrada ou dunha vía en servizo potencian o desenvolvemento económico das empresas instaladas no territorio facilitándolles o acceso aos mercados o que o converte nunha vantaxe comparativa para a estratexia empresarial.

As directrices de ordenación: marco de desenvolvemento
O conselleiro Hernández recordou que a Xunta de Galicia vén de aprobar, para o seu trámite parlamentario, o documento que será o eixe de planificación das infraestruturas no futuro: as Directrices de Ordenación do Territorio.

Estas directrices constitúen o primeiro instrumento de ordenación territorial que establece as regras para a implantación dos usos e actividades (servizos, dotacións, actividades produtivas, entre outras) en coherencia coas necesidades sociais, económicas, culturais e ambientais. Para concluír, o conselleiro sinalou que o traballo de confección das directrices partiu do coñecemento real do noso territorio coa dispersión como característica principal.
O conselleiro de Medio Ambiente adianta que o vindeiro mes porase en servizo o treito Martelo-Noia

Un comentario sobre “El conselleiro de Infraestructuras avanza que en febrero se repartirán las nuevas tarjetas del transporte metropolitano de Santiago y se pondrá en marcha el tramo Martelo-Noia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s