La Xunta y el Ayuntamiento de Santiago colaboran en la urbanización de 6 kilómetros de 18 calles de Compostela por 18 millones de euros

XUNTA E CONCELLO DE SANTIAGO COLABORAN NA URBANIZACIÓN DE 6 QUILÓMETROS DE 18 RÚAS DE COMPOSTELA, POR UN IMPORTE DE CASE 18 MILLÓNS DE EUROS

 O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recorda que a Xunta sufraga o 65% do total da actuación, cunha aportación de 11,5 millóns de euros
 O Concello de Santiago é a administración encargada de executar as obras de 18 rúas da cidade capital de Galicia

Santiago, 29 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, inauguraron esta mañá as obras de acondicionamento e mellora de distintas rúas da cidade compostelá, inxeridas dentro do convenio de colaboración asinado entre ambas administracións. Na visita tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Antonio Boné.

Trátase de obras de mellora nas rúas compostelás de Galeras, Salvadas, Vista Alegre e Avenida de Castelao. Estas actuacións foron executadas en virtude dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.

As obras enmarcadas na actuación, cun orzamento total de 17,6 millóns de euros, dos que un 65% (11.473.035 euros) proveñen da Xunta de Galicia, tiveron por obxecto melloras na pavimentación, construción e acondicionamento de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas, así como a dotación de mobiliario urbano e obras de humanización, entre outras, conducentes a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

En total, a actuación afecta a 5.730 metros de 18 rúas da capital de Galicia, enmarcadas en dous convenios firmados entre a Xunta de Galicia -a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)- e o concello de Santiago de Compostela.

O conselleiro Hernández e o alcalde Bugallo destacaron que estas actuacións serviron para mellorar a pavimentación rodada destas rúas, a construción e acondicionamento de beirarrúas, así como a eliminación de barreiras arquitectónicas, posto que a política da Xunta é facer dos distintos barrios e zonas do concellos de Galicia, as prazas onde os cidadáns interactúen coa cidade e cos veciños. Trátase de mellorar a accesibilidade para que os veciños de Santiago se incorporen á vida e ao ritmo da cidades sen ningún tipo de impedimento.

Nese senso, estas actuacións permitiron implantar servizos urbanísticos, dotar estas zonas de mobiliario urbano e de humanización, con novos elementos de iluminación e sinalización, para que esta cidade gañe posicións como referente turístico en Galicia.

Hai que subliñar que entre as intervencións realizadas ao abeiro do convenio, traballouse en ámbitos da zona histórica para executar actuacións de recuperación do patrimonio arquitectónico a través da rehabilitación, reutilización, revitalización, adecuación e posta en valor dos espazos urbanos construídos e a creación de novos lugares de encontro e ocio para a poboación.

As rúas que se beneficiaron desta colaboración entre a administración local e autonómica foron:

Convenio Concello-SX de Ordenación do Territorio Convenio Concello-IGVS

• Rúa Nova de Abaixo
• Avenida de Castelao
• Rúa Berlín
• Galeras-Salvadas-Vista Alegre
• Rosalía de Castro-Santa Marta-Choupana-Volta do Castro

• Rúa Raxoi
• Rúa Trinidade
• Rúa San Clemente
• Cruceiro do Gaio
• Campo das Hortas
• Calzada de San Pedro
• Calzada de Santo Antonio
• Rúa Espíritu Santo
Total investimento: 13.258298 euros Total investimento: 4.375.000 euros

Tanto o conselleiro como o alcalde coincidiron en que as obras normalmente levan implícitas molestias para os veciños e os comerciantes, pero que para renovar e mellorar as instalacións de saneamento e de abastecemento é preciso abrir zanxas, levar maquinaria pesada ás proximidades das vivendas e restrinxir carrís de circulación, que provocan atascos e colapsos viarios.

Dúas actuacións pendentes
Do total de actuacións que se recollían no convenio entre ambas administracións, queda pendente de rematar un 5% do total: 100 metros da rúa de Raxoi e 150 metros da Rúa San Clemente.

Un comentario sobre “La Xunta y el Ayuntamiento de Santiago colaboran en la urbanización de 6 kilómetros de 18 calles de Compostela por 18 millones de euros

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s