Augas de Galicia diseña un plan para proteger y limpiar el embalse del río Umia

Augas de Galicia deseña un plan de xestión forestal do encoro do río Umia para mellorar a conservación e limpeza das marxes e implantar especies autóctonas

 Aguas de Galicia diseña un plan de gestión forestal en el embalse del río Umia para mejorar la conservación y limpieza de los márgenes e implantar especies autóctonas

  • Este documento servirá de guía para as actuacións de mantemento e conservación do dominio público hidráulico nas marxes do Encoro do Umia 
  • As actuacións agrúpanse en catro conxuntos: tratamentos silvícolas, conservación do bosque de ribeira, melloras ambientais e paisaxísticas e prevención de incendios forestais 
  • As medidas ambientais axudarán tamén a paliar os problemas de proliferación da cianobacteria que vén sufrindo o encoro
  • O plan pretende conseguir un mellor réxime hídrico na conca, optimización da calidade de augas, contención de erosión ou a creación de novos hábitats sostedores dunha biodiversidade máis rica

 

Santiago, 11 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, deseñou un plan de xestión forestal da área de dominio público do encoro de Caldas de Reis, no río Umia, que se desenvolverá no marco do contrato de actuacións de mantemento e conservación do dominio público hidráulico nas marxes do Umia, licitado o pasado mes de novembro.

 

Augas de Galicia, con este plan, pretende conseguir unha serie de beneficios ambientais como un mellor réxime hídrico na conca inmediata á lámina embalsada, optimización da calidade de augas, contención da erosión ou a creación de novos hábitats sostedores dunha biodiversidade máis rica.

 

O plan de xestión forestal foi redactado por un grupo de investigación do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais da Universidade de Vigo, seguindo as directrices de Augas de Galicia. Elaborouse partindo da inspección in situ da zona de estudo e realizando unha análise do grao de conservación ou estado de degradación desta co obxecto de establecer diferentes programas de actuación. Trátase dunha planificación ambiental que axudará tamén a paliar os problemas de proliferación da cianobacteria que vén sufrindo o encoro.

 

As actuacións obxecto do estudo integran catro grupos entre os que destacan os tratamentos silvícolas, a conservación do bosque de ribeira, melloras ambientais e paisaxísticas e prevención de incendios forestais.

 

No que se refire a tratamentos silvícolas, cómpre eliminar aquelas especies arbóreas que non se corresponden coa estación forestal do encoro, cuxos restos actuais proceden de antigos aproveitamentos de madeira ou agropecuarios e implantar especies caducifolias da zona.

 

En relación á conservación do bosque de ribeira, favorecerase o establecemento do bosque galería nas beiras da canle, permitindo a extensión, diseminación e crecemento dos pés existentes. Facilitarase o desenvolvemento  das especies propias da zona.

 

As melloras ambientais e paisaxísticas centraranse na restauración de bosques de ribeira mediante reforestación selectiva con especies riparias así como na conservación das existentes. Acondicionaranse as marxes ou eliminaranse vexetación morta e residuos de biomasa.

 

O plan tamén contempla prevención de incendios forestais, implantando liñas de defensa sobre os camiños que atravesan zonas de dominio público, atendendo tamén á necesidade da limpeza do terreo afectado polas liñas de alta tensión.

 

Derribo de edificios

Por outra banda, no marco do contrato de actuacións de mantemento e conservación do dominio público hidráulico nas marxes do Umia, outra das medidas para mellorar a situación do encoro do Umia foi a demolición de dous edificios que se atopaban en estado de abandono, localizados nos Concellos de Moraña e Cuntis, e cuxo importe foi de 19.904,43 € e 56.130,70 €, respectivamente. A acción efectuouse na segunda quincena do pasado mes de decembro.

 

A primeira edificación estaba situada na zona inundable da marxe esquerda. Tratábase dun edificio de tres plantas útiles, cunha estrutura de formigón armado e cuberta de fibrocemento. A súa superficie aproximada era de 60 m2 por planta.

 

A segunda, sita na marxe dereita, era unha edificación dotada dun embarcadoiro, coa carpintería e cerramentos parcialmente derruídos. Estaba composta dun corpo de planta rectangular e dúas plantas. A súa estrutura era de formigón, con cerramento de ladrillo e cuberta de tella. A súa superficie aproximada era de 170 m2 por cada planta.

 

As labores de demolición executáronse de arriba a abaixo, para maior seguridade dos traballadores. En primeiro lugar desmontouse e retirouse carpintería, peches, cerrases e vidreiras. Despois, elimináronse tabiques e os materiais da cuberta. No caso do edificio con cuberta de fibrocemento contouse coas medidas de seguridade e saúde adecuadas para evitar a propagación do amianto e coa correcta xestión dos residuos das pranchas retiradas. Finalmente, demoléronse os muros de carga e fachadas de fora cara dentro, pórticos de formigón armado e piares.

 

No caso do segundo edificio conservouse o muro de contención da parte traseira da vivenda, o que permitiu aproveitar os bancos de pedra existentes e conformar un pequeno miradoiro. A continuación amósanse dúas imaxes, antes e despois da actuación, neste segundo edificio:

 

 

 

 

 

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s