La Universidad de Vigo cambiará el nombre a varios de sus centros y creará uno nuevo de Ingeniería Industrial fusionando dos existentes

O CONSELLO GALEGO DE UNIVERSIDADES INFORMOU FAVORABLEMENTE A MODIFICACIÓN DA DENOMINACIÓN DE VARIOS CENTROS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 El Consejo Gallego de Universidades informó favorablemente sobre modificar la denominación de varios centros de la Universidad de Vigo, así como la creación de un nuevo centro de ingeniería por fusión de dos existentes. Además se analizaron distintas posibilidades para organizar unas pruebas de acceso a la Universidad adaptadas al Plan Bolonia.

  • Ademais analizáronse as distintas posibilidades para organizar unhas Probas de Acceso á Universidade adaptadas ao Plan Bolonia

 

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2010.- O Consello Galego de Universidades (CGU) informou favorablemente, na reunión do seu pleno, o cambio de denominación de varios centro da Universidade de Vigo, así como a creación dun novo centro por fusión de dous existentes.

 

Desta forma, a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal,  a Escola Universitaria de Fisioterapia e a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación pasarán a denominarse Escola de Enxeñaría Forestal, Facultade de Fisioterapia e Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, respectivamente. Ademais, deuse informe favorable á autorización dun novo centro, Escola de Enxeñería Industrial, por fusión das xa existentes Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e Escola Universitaria de Enxeñaría Industrial.

 

Todas estas modificacións realizáronse por proposta dos centros implicados, co informe favorable do Consello Social, e proposta do Consello de Goberno da Universidade. Entre os motivos para estes cambios están a busca dunha maior eficiencia, racionalización e simplificación na utilización dos recursos da UVigo.

 

Doutra banda, o CGU analizou os calendarios escolares determinados polas distintas Comunidades Autónomas para a organización das Probas de Acceso á Universidade (PAU). O obxectivo é traballar para a organización dunhas probas no sistema educativo galego adaptadas ao Plan Bolonia. A consellería de Educación comprometeuse a levar a un próximo Consello propostas consensuadas en relación a este asunto.

 

Macrorrexión RSOE

O pleno do CGU designou hoxe tamén ao representante do Sistema Universitario de Galicia (SUG) na Comisión de Educación Universidade e Investigación da Macrorrexión de Rexión do Sudoeste Europeo (RSOE), que será o reitor da UVigo, Salustiano Mato. Esta macrorrexión, composta por Castela e León, Galicia e Norte de Portugal, comezará de inmediato o seu labor, liderada por Galicia.

 

Na reunión, celebrada no edificio de San Caetano estivo presente o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro. Así mesmo estiveron os reitores de Vigo, Salustiano Mato; da Coruña, José María Barja, e de Santiago, Xoán Casares Long.

 

Xunto a eles asistiron ó CGU os presidentes dos consellos sociais das universidades, os representantes designados polo Parlamento, e o director da Axencia da Calidade do Sistema Universitario Galego, José Eduardo López.

Un comentario sobre “La Universidad de Vigo cambiará el nombre a varios de sus centros y creará uno nuevo de Ingeniería Industrial fusionando dos existentes

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s