La Xunta ofendida porque no se le invitó a la reunión para salvar astilleros Vulcano en Madrid, cuando es la que pone la mayor parte del dinero

A XUNTA ESIXE A PYMAR E AO GOBERNO CENTRAL O SEU COMPROMISO “EXPRESO E INMEDIATO” COA REACTIVACIÓN DE VULCANO

La Xunta exige a Pymar y al Gobierno central un compromiso “expreso e inmediato” para contribuir a la reactivación de los astilleros Vulcano de Vigo.

 

  • O conselleiro de Economía e Industria demanda a máxima celeridade a Pymar “porque non se pode perder nin un minuto máis na procura de financiamento para o remate do buque sísmico 533, que é fundamental para o futuro de Factorías Vulcano”
  • Javier Guerra apuntou que non se pode xogar “co futuro do estaleiro, do sector, da industria auxiliar e cos postos de traballo directos e indirectos, porque a Xunta de Galicia non o vai permitir”
  • A Xunta “ten un compromiso incondicional e irrevocable” de avalar con case 17 millóns de euros o financiamento do buque
  • O conselleiro de Economía e Industria expresou o seu malestar polo feito de que a Xunta non fora convocada hoxe á reunión que se celebrou en Madrid con Pymar, “cando somos os socios que achegamos o 60 por cento dos seus fondos”, e cando “nós pomos o 85 por cento do aval para o remate da construción”

 

Santiago, 3 de novembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, esixiu hoxe a Pymar e ao Ministerio de Industria o seu compromiso “expreso e inmediato” coa reactivación do estaleiro Vulcano logo de coñecerse que a comisión executiva da sociedade estudará a vindeira semana de novo a aprobación de financiamento para o remate do buque sísmico. O responsable autonómico demandou a máxima celeridade a Pymar “porque non se pode perder nin un minuto máis na procura de financiamento para o remate dun buque, o sísmico 533, que é fundamental para o futuro de Factorías Vulcano”.

 Javier Guerra apuntou que non se pode xogar “co futuro do estaleiro, do sector, da industria auxiliar e cos postos de traballo directos e indirectos, porque a Xunta de Galicia non o vai permitir”. O conselleiro de Economía e Industria reiterou hoxe que o seu departamento comprometeu o pasado día 22 de outubro un apoio de 16,7 millóns de euros de financiamento para o remate do buque sísmico 533, que permitiría a reactivación de Vulcano e o mantemento dos postos de traballo, tanto directos como indirectos.

 O conselleiro de Economía e Industria afirmou que así llo fixo saber a Pymar a través dun escrito remitido ese mesmo día asinado polo director xeral de Industria, Enerxía e Minas e o director do Igape para posibilitar a operación de financiamento  que permitiría reactivar a construción do buque 533 para o seu remate e posterior entrega a un armador noruegués, “co seu consecuente impacto no mantemento dos postos de traballo tanto en Factorías Vulcano como na importante industria auxiliar, que son a nosa máxima preocupación”.

 A Xunta de Galicia e a Consellería de Economía e Industria, explicou Javier Guerra, “ten un compromiso incondicional e irrevocable” de avalar con case 17 millóns de euros esta operación, e está en disposición de formalizar todos os documentos necesarios para facela efectiva coa maior brevidade posible, posto que é un paso fundamental para a reactivación de Factorías Vulcano.

 O conselleiro de Economía e Industria expresou o seu malestar polo feito de que a Xunta non fora convocada hoxe á reunión que se celebrou en Madrid con Pymar, “cando somos os socios que achegamos o 60 por cento dos seus fondos”, e cando “nós pomos o 85 por cento do aval para o remate do buque”.

 

 

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s