La Universidad de Santiago realiza un estudio para mejorar la dieta y atención farmacéutica de los mayores

UN ESTUDO BUSCARÁ COMO MELLORAR A DIETA, NUTRICIÓN E ATENCIÓN FARMACÉUTICA PERSONALIZADA DAS PERSOAS MAIORES

 Benestar promove esta investigación, que desenvolverá a USC, para incrementar a calidade asistencial nos centros xerontolóxicos propios e concertados
 A duración deste estudo piloto é de 12 meses, aínda que a Universidade aportará ao departamento autonómico informes sobre os avances nos resultados cada catro meses
 A Consellería decidiu levar a cabo esta iniciativa logo de coñecer que investigacións da USC vinculan o deterioro cognitivo dos maiores coa calidade das dietas
 Os resultados servirán de apoio na toma de decisións dos profesionais da saúde que traballan nas residencias

Santiago, 6 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar promoverá un estudo para mellorar a calidade dietética, asistencial e da atención farmacéutica personalizada que se presta en centros xerontolóxicos, propios e concertados, da comunidade galega.

A investigación, que desenvolverá a Universidade de Santiago (USC) e na que colaborará Caser Residencial, busca corrixir a falta de nutrientes que se detecte na alimentación diaria das persoas maiores avaliadas. Para elo, elaborarase un plan de traballo logo de analizar o estado nutricional dos usuarios dos centros que sexan seleccionados para o estudo.

Así mesmo, realizarase algunha intervención nutricional para paliar os defectos achados nesa primeira fase de avaliación; promover a autonomía persoal; potenciar a mellora da masa muscular; corrixir as medicacións nas persoas usuarias e actuar sobre os parámetros bioquímicos tendo en conta as alteracións da alimentación por modificacións fisiolóxicas.

Por outra parte, os investigadores aplicarán distintas metodoloxías para mellorar a atención farmacéutica personalizada que se presta nos centros xerontolóxicos da comunidade galega. Tamén se introducirán os protocolos científicos deseñados no eido da farmacia comunitaria.

Xunto con estas medidas, analizarase o consumo de medicacións nas persoas maiores usuarias destas instalacións, as posibles interaccións e trataranse de corrixir aquelas que dean lugar a problemas responsables dunha redución na calidade de vida dos doentes.

Este estudo desenvolverase durante o vindeiro ano 2011, logo de que a Consellería de Traballo e Benestar teña asinado un acordo de colaboración con ambas as dúas entidades que colaborarán no seu desenvolvemento. En concreto, a duración deste estudo piloto é de 12 meses, aínda que cada catro meses a USC irá aportando informes sobre os avances nos resultados.

En definitiva, o que se trata é de coñecer as interaccións que existen entre as dietas, os medicamentos que toman e o estado de saúde dos maiores, logo de coñecer que unha liña de investigación, que leva a cabo o departamento de hixiene e control alimentario no campus de Lugo, vincula o deterioro cognitivo coa calidade das dietas. De aí, que a Consellería de Traballo e Benestar decidira afondar nesta liña de investigación.

A raíz das conclusións que se obteñan, estudarase a posibilidade de modificar as pautas nas dietas ou nos medicamentos que se prescriben. Desta maneira, os resultados servirán de apoio na toma de decisións dos profesionais da saúde que están ao fronte das residencias.

Un comentario sobre “La Universidad de Santiago realiza un estudio para mejorar la dieta y atención farmacéutica de los mayores

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s