MEDIO RURAL REALIZA O PAGO DE CASE 70 MILLÓNS DE EUROS CORRESPONDENTES A VARIAS AXUDAS DIRECTAS DA PAC
A consellería, a través do FOGGA, ordenou nestes días o pago de axudas directas a explotacións agrarias derivadas da Política Agraria Común
Mediante esta transferencia benefícianse 52.460 gandeiros
Esta cifra, xunto cos 44 millóns de euros pagados no mes de outubro como anticipo, supón un total de case 114 millóns que ten recibido o sector
Santiago, 14 de decembro de 2010.- A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), ordenou nestes días a transferencia de 69.724.182 euros correspondentes ao pago de varias axudas directas a explotacións agrarias derivadas da Política Agraria Común. A través desta transferencia benefícianse 52.460 gandeiros.
Esta cifra, sumada aos 44.236.624 euros pagados no mes de outubro como anticipo, supón un total de 113.960.806 euros que ten recibido o sector como axudas directas á agricultura e á gandería solicitadas neste ano e financiadas polo Fondo Europeo Agrario de Garantía (FEAGA).
Do importe pagado agora, 69.724.182 euros, a meirande parte corresponde á provincia de Lugo cun 45,8%. Da cifra total, 113.960.806 euros, o pago máis importante é o correspondente ao réxime de pagamento único por explotación, desligado da produción, que se ven aplicando dende o ano 2006, e que recibirán 33.222 agricultores galegos por un importe total de 92.073.262 euros.
Calidade do leite
Tamén se realizou o pago do 10% da axuda que quedou ligada á produción de leite e correspondente ao pago adicional no sector lácteo, do que se benefician 11.291 gandeiros por un importe de 6.599.132 euros, que ten por obxectivo a mellora da calidade do leite producido nas explotacións. Estes produtores non percibiran anticipo no mes de outubro.
Así mesmo, como consecuencia da aplicación do chequeo médico da PAC, 7.841 produtores de leite percibirán un pago específico para compensar as desvantaxes específicas que lles afectan por producir en zonas economicamente vulnerables ou sensibles dende o punto de vista medioambiental. A axuda que agora reciben estes gandeiros de leite supón un total de 15.214.774 euros.
Tamén no marco do chequeo médico realízase un pago específico por un importe de 73.673 euros destinado a 106 gandeiros de ovino e cabrún con explotacións orientadas á produción de carne coa finalidade de compensar as desvantaxes ligadas á viabilidade económica deste tipo de explotacións que estean integrados en entidades asociativas de prestación de servizos.
Solicitude e xestión
Estas axudas da PAC, que teñen gran complexidade na solicitude e na xestión, solicitáronse do 1 de febreiro ao 14 de maio do ano 2010 e baséanse nos dereitos de pagamento único, nas superficies e parcelas cultivadas, nos animais e na cota láctea e, feitos os controis administrativos e sobre o terreo, efectuouse o pago.
[…] por un incendio en Langreo Una joven herida al volcar su coche en una salida de la AS-II en Llanera La Xunta paga 70 millones de euros en ayudas directas de la PAC La Xunta reclama un régimen sancionador en la normativa sobre productores e industrias […]
Me gustaMe gusta