Los 14 restaurantes del grupo Galicia Gourmand distribuirán 13.000 recetarios de bonito del norte

O director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro, presentou en Santiago o recetario da campaña Faino Bonito

OS 14 RESTAURANTES DO GRUPO GALICIA GOURMAND DISTRIBUIRÁN 13.000 RECETARIOS DO BONITO DO NORTE PARA IMPULSAR A CALIDADE DESTA ESPECIE

 O recetario contén 14 formas de cociñar o bonito, propostas polos restaurantes do grupo, dedicados a promocionar os produtos da terra e do mar de Galicia como fonte principal de calidade
 Esta acción forma parte da nova edición da campaña da Xunta para a identificación e promoción do bonito e complementa outras como a distribución de etiquetas verdes para a identificación desta especie nos principais portos de descarga

Santiago, 5 de xullo de 2011.- Os 14 restaurantes do grupo Galicia Gourmand distribuirán 13.000 recetarios do bonito do norte para impulsar a calidade desta especie. O director xeral de Competitividade e Innovación, Juan Maneiro, presentou hoxe en Santiago o recetario Aquí facémolo bonito, unha acción novidosa enmarcada na edición deste ano da campaña de promoción do bonito do norte Faino Bonito. Segundo explicou o director, este recetario contén 14 formas de cociñar o bonito, propostas polos restaurantes de Galicia Gourmand, dedicados a promocionar os produtos da terra e do mar de Galicia como fonte principal de calidade.

Segundo salientou Juan Maneiro, con este recetario podemos aprender a preparar pratos como o pastel de bonito, a hamburguesa de bonito con ovo cremoso de Arzúa Ulloa, o carpaccio de bonito ao aceite de anchoas ou o tomate recheo de bonito con alioli. A través desta publicación, engadiu, incídese na excelencia, características e calidades de garantía do bonito do norte e danse a coñecer as múltiples posibilidades culinarias deste túnido, máis alá das preparacións tradicionais.

Así, o responsable de Competitividade, fixo fincapé na importancia das accións de promoción coma esta “neste contexto de crise” e aproveitou para lembrar que o bonito non garda relación algunha coa recomendación da AESAN de que nin os nenos nin as embarazadas consuman atún roxo e peixe espada. En relación con esta comunicación, lembrou que a conselleira se puxo en contacto xa a semana pasada co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño para solicitar que se realicen as aclaracións pertinentes sobre o fondo e o alcance desta recomendación co obxectivo de “determinar as mellores accións posibles para salvagardar a saúde pública e evitar unha posible alarma inxustificada entre os consumidores, o sector marítimo – pesqueiro e a súa cadea de transformación e comercialización”.

Outras accións
Juan Maneiro explicou que a distibución dos recetarios nos restaurantes de Galicia Gourmand se complementa con outras accións destinadas a impulsar a trazabilidade do bonito do norte e as súas cualidades. Así, lembrou que cada unidade desta especie se identifica cunha etiqueta de cor verde, colocada na cola e que é “un elemento clave na campaña, xa que indica a procedencia ao consumidor”.

Ademais, engadiu que se están distribuíndo 60.000 trípticos, 600 carteis normais e 400 colgantes nos puntos de venda adheridos á campaña e nos principais portos vinculados a esta especie e que son Burela, Vigo, Coruña e Celeiro. A campaña tamén está presente na web http://www.fainobonito.com onde se poden atopar numerosas receitas diferentes e suxestións e trucos para preparar o bonito.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s