La Xunta empieza la difusión de la marca turística única ‘Galicia, gárdasme o segredo?’

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 
 

GALICIA, GÁRDASME O SEGREDO? / GALICIA, ¿ME GUARDAS EL SECRETO?

A marca turística galega, que concentra os valores da Comunidade galega, comeza  a introducirse e difundirse nos principais mercados

 

Santiago de Compostela, 16 de decembro 2010.- O Palacio da Ópera da Coruña acolleu a presentación oficial da marca turística da Comunidade Autónoma galega, Galicia, gárdasme o segredo?, que a partir de agora comercializará os valores turísticos galegos nos principais mercados.

 

Galicia, gárdasme o segredo? é a síntese dun traballo de planificación, investigación e deseño realizado pola Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia ao longo dos últimos anos, que recolle e concentra os atributos intrínsecos do destino turístico nunha gráfica e un claim propios.

 

Ao longo dos anos, a experiencia acumulada por Turgalicia no seu labor de promoción turística permitiu situar o destino Galicia nun dos primeiros postos do mercado español, de forma que a Comunidade galega é distinguida e apreciada polos visitantes e turistas como única, con valores propios e moi identificados dentro do conxunto xeral español.

 

Dende a súa creación, no ano 1992, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia veu desenvolvendo un traballo sostido de posta en valor dos recursos turísticos galegos, tanto da costa como do interior, a través da creación, difusión e apoio á comercialización de produtos turísticos con personalidade propia que fosen conformando unha oferta galega orixinal e que poida ser recoñecida nos distintos mercados.

 

Unha forte aposta inicial polo Turismo de Natureza no medio rural permitiu consolidar a oferta de Turismo Rural de Galicia, valorada tanto pola calidade dos seus establecementos como pola diversidade dos mesmos.

 

A organización dos variados recursos termais da Comunidade galega permitiu a creación do produto Galicia, auga de vida que concentrou e posibilitou a comercialización por primeira vez de toda a oferta de balnearios e spas galegos, e co que Galicia entrou a liderar a oferta de Turismo de Saúde de España. Hoxe este sector presenta as máis altas cotas de ocupación e capacidade para desestacionalizar a oferta galega de aloxamentos.

 

Durante estes anos, TURGALICIA concentrou tamén boa parte dos seus esforzos en conformar unha oferta recoñecible e atractiva en canto a Turismo de Negocios. Novas infraestruturas para a celebración de congresos e reunións e a ampliación do número de hoteis nas principais cidades galegas, así como a combinación de establecementos e contornas con personalidade propia, permitiron traballar na creación dun produto recoñecible e situalo neste mercado tan específico como é o MICE (Meeting, Incentive, Congress and Events).

 

Ademais, incidiuse notablemente no ámbito da calidade, tanto na oferta como no servizo.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia formou xa a 15 promocións de profesionais da hostalería, mentres que este ano a Comunidade galega bate a súa propia marca en canto a establecementos e servizos certificados coa marca Q de calidade turística.

 

Por outra banda, desde TURGALICIA púxose énfase no apoio á comercialización do Turismo galego. Coidouse especialmente a imaxe da presenza galega en feiras e certames turísticos -Galicia é a comunidade autónoma que máis premios atesoura á mellor caseta da Feira Internacional do Turismo de Madrid (FITUR)-, así como a imaxe que se transmite en folletos e outro material de promoción.

 

A introdución e desenvolvemento das novas tecnoloxías ao servizo da promoción turística de Galicia tamén ocuparon o labor de TURGALICIA nos últimos anos, e hoxe, a Comunidade galega conta cunha central de reservas on-line de Turismo Rural á que xa están adheridos máis de 300 establecementos de todo o territorio. Neste ámbito das tecnoloxías da comunicación, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia é

o primeiro ente de promoción español que engadiu a canle social media o seu contact center, convertendo aos seus axentes en community managers.

 

Estes son algúns destacados exemplos do camiño que seguiu TURGALICIA no seu labor de posta en valor, apoio á comercialización e promoción dos recursos turísticos de Galicia para concretar unha oferta atractiva, competitiva e recoñecible.

 

Diversificación da oferta

 

Para orientar e conformar unha oferta turística ben definida tanto no interior como nos principais mercados europeos dentro do marco xeral español, tan inducido ao monocultivo de produtos relacionados coa costa e as praias, Galicia tivo que pór en marcha unha estratexia que permitise dar valor turístico de forma atractiva aos seus propios recursos.

 

Non sendo líder na oferta de maior éxito dentro do mercado español, o sol e praia, a Comunidade galega apostou por diversificar a súa oferta co obxectivo de segmentar a demanda e atraer novos públicos.

 

Froito desta política, foi o desenvolvemento do Turismo Cultural, o Turismo Náutico, os xa citados Turismo de Natureza e Termal, a Gastronomía ou o Golf, que se foron consolidando dentro da oferta galega ata facela única e recoñecible polo público obxectivo.

 

Campañas mass media

 

Con todo isto, Galicia foi personalizando a súa oferta e a súa imaxe turística tratando de situarse nunha contorna que ía máis aló da simple oferta de recursos e servizos. Xa non se trataba de contar con praias, montañas, hoteis, balnearios… había que sentir a experiencia de Galicia.

Así, TURGALICIA lanzouse a comunicar o destino turístico Galicia con estes argumentos no seu principal mercado emisor, o resto de España.

 

Para iso, organizou varias campañas de mass media, fundamentalmente en televisión nacional, que fixeron que Galicia fose o destino máis promocionado en medios de comunicación españois, xusto nos momentos previos ás tempadas estivais, as de maior demanda turística, ao longo de catro anos consecutivos.

 

Esta iniciativa permitiu transmitir ao público obxectivo do Turismo galego a imaxe dun destino experiencial no que se viven a emoción e os sentimentos que produce a viaxe a Galicia fixando no gran público español as peculiaridades propias da Comunidade galega.

 

Con estas premisas, TURGALICIA iniciou estudos de mercado para a creación dunha marca turística que puidese aglutinar estes elementos e puidese transmitir todo o potencial do Turismo de Galicia.

 

Un estudo cualitativo realizado no ámbito xeográfico de España revelou, entre outros datos, que Galicia se percibía no imaxinario dos cidadáns españois como un destino “evocador de emocións e sensacións, envolto nun aire de fantasía e misterio”.

 

Ademais, os potenciais clientes do Turismo de Galicia, apuntaban como factor moi positivo as relacións humanas que se xeran na Comunidade galega, así como a intimidade e a autenticidade que transmite. Os datos que achegou este estudo cualitativo de mercado, indicaron a asociación de Galicia cun destino para “percorrer, con moitas posibilidades e un potencial aínda descoñecido”.

 

Coa experiencia acumulada, o posicionamento conseguido coas accións mass media e os datos do traballo de investigación, TURGALICIA convocou un concurso público para empresas especializadas en creación e desenvolvemento de marcas comerciais, co fin de pór no mercado un distintivo propio que fose capaz de transmitir todos os valores turísticos de Galicia.

 

Así, xurdiu a marca Galicia, gárdasme o segredo?, cuxa gráfica bebe da tipografía dos antigos códices miniados e manuscritos, e que conta cun claim que resume as peculiaridades turísticas de Galicia.

 

A partir de agora, Galicia, gárdasme o segredo? será a marca turística da Comunidade galega e constituirá a base para a promoción futura do Turismo galego, que virará ao redor dos atributos desta.

 

Campaña de publicidade

 

Para difundir a marca do Turismo de Galicia e os seus valores, A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, xa puxo en marcha unha campaña de publicidade tanto no ámbito nacional como no galego.

 

Esta campaña, resolta logo da convocatoria de outro concurso público o pasado mes de agosto, foi adxudicado á axencia coruñesa IDEA e conta cun plan de medios que abrangue spots en TV, insercións en prensa, cuñas de radio e presenza en Internet.

 

A campaña desenvólvese entre os días 9 e 30 de decembro. Tamén está previsto que en 2011 se realicen dúas oleadas da mesma.

Un comentario sobre “La Xunta empieza la difusión de la marca turística única ‘Galicia, gárdasme o segredo?’

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s