Entra en vigor la nueva Ley de Aguas gallega

A NOVA LEI DE AUGAS QUE ENTRA EN VIGOR HOXE SERÁ DESENVOLVIDA POR SEIS REGULAMENTOS

 La nueva Ley de Aguas entra en vigor hoy, y se desarrollará a través de seis reglamentos. Regulará los servicios de abastecimiento y saneamiento, el nuevo canon del Agua y la estructura de la Administración Hidráulica en Galicia

  • Os textos que desenvolverá a lei abordarán aspectos tan importantes como os servizos de abastecemento e saneamento, o novo canon da Auga ou a estrutura da Administración Hidráulica de Galicia
  • Dende a Consellería insístese en que grazas a nova Lei de Augas e á aplicación do novo canon os usos agrícolas e gandeiros quedarán exentos do pago do canon da auga
  • Buscarase a implicación dos concellos na aprobación e desenvolvemento deste proxecto, co obxectivo principal implantar un novo modelo de xestión máis eficaz e eficiente que poia estar operativo a principios do ano 2012

 

Santiago, 18 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciará de inmediato a tramitación dos novos regulamentos que desenvolven a nova Lei de Augas, xa que esta norma elaborada polo departamento que dirixe Agustín Hernández entra hoxe en vigor. Da Lei se derivan canto menos seis regulamentos, nos que o departamento de Augas de Galicia xa comezou a traballar para a elaboración do seu borrador e irá tramitándoos sucesivamente ao longo do ano 2011 para que, coa entrada do 2012, estea operativo un novo modelo de xestión en materia de augas máis xusto e eficaz.

 

O seis regulamentos serán os seguintes: o estatuto de Augas de Galicia, o regulamento marco da prestación do servizo de saneamento e depuración, o decreto de colaboración coas entidades locais, o regulamento de réxime económico do canon da auga e do coeficiente de vertido, e o regulamento marco do servizo de abastecemento e o regulamento que determine o procedemento de tramitacións dos plans galegos de abastecemento e saneamento.

 

Para a aprobación desta nova normativa buscarase a implicación dos concellos, co obxectivo principal implantar un novo modelo de xestión máis eficaz e eficiente, tanto técnico como económico e financeiro, para resolver problemáticas existentes en materia augas, como pode ser a explotación de depuradoras de augas residuais. Os regulamentos – marco dos servizos de saneamento e depuración, así como de abastecemento configurarán un sólido réxime xurídico nos que as entidades locais se poderán apoiar para desenvolver as súas competencias neste eido. E o novo Decreto de Colaboración con entidades locais garantirá un procedemento que guíe o investimento da Xunta de Galicia, así como o proceso polo que a Xunta de Galicia, a solicitude dos concellos, poderá asumir a explotación das estacións depuradoras de augas residuais.

 

O canon da Auga

O regulamento de réxime económico do canon da auga e do coeficiente de vertido definirá prazos e procedementos e concretará o sistema de estimación obxectiva. Tamén se establecerán vías de presentación de documentos vía web, así como a aplicación dos tramos de consumo en usos domésticos.

 

Dende a Consellería insístese en que grazas a nova Lei de Augas e á aplicación do novo canon os usos agrícolas e gandeiros quedarán exentos do pago do canon da auga. Trátase dunha medida de discriminación positiva para estas actividades económicas do rural que non existe a día de hoxe co actual canon de saneamento.

 

Tamén se aplicará unha bonificación dun 90% para pozos particulares e traídas veciñais legalmente constituídas. Esta bonificación permitirá que, na práctica, estes usuarios non teñan que pagar o canon. Ademais, as familias numerosas seguirán gozando, como ata agora, dunha bonificación do 50% tanto da cota fixa como da cota variable do canon da auga.

 

A Xunta de Galicia lembra que o canon que se recolle na nova Lei de Augas substituirá ao actual canon de saneamento. Será un canon de carácter finalista, é dicir, financiará única e exclusivamente as actuacións en materia de abastecemento, saneamento e explotacións de depuradoras de augas residuais e xestión dos nosos ríos, e terá como un dos seus obxectivos primordiais fomentar o uso racional da auga e o aforro da mesma.

 

Canon universal e finalista

O novo marco normativo establece dous principios fundamentais: a austeridade, coa creación da nova entidade Augas de Galicia (citado anteriormente), e o principio de recuperación de custos.

 

No caso do principio de recuperación de custos, baseado na premisa de “quen contamina paga e repara”, crease o canon da auga, que substitúe o actual canon de saneamento. Dado que toda a cidadanía afecta, en maior ou menor medida, o medio, é dicir, as masas de auga, toda a cidadanía debe contribuír a acadar o bo estado ecolóxico delas.

 

En consecuencia, o canon da auga será universal e será aplicado a todas as aglomeracións urbanas, así como aos usuarios de captacións propias e de traídas veciñais. Nestes últimos dous casos, aplicarase unha bonificación do 90 por cento do canon, xa que son os propios usuarios os que administran o seu sistema de abastecemento. Por outra banda, a Lei de augas de Galicia prevé que os usuarios que non dispoñan dun mecanismo de medición directa (contadores) poderán acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva, de xeito que a Lei que entra en vigor non obriga á instalación do dispositivo.

 

Único organismo

A lei que entra en vigor mañá tamén establece a unificación nun único organismo da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) e Augas de Galicia, polo que será necesario desenvolver a estrutura funcional do novo ente, así como a territorial, o funcionamento dos seus órganos de Goberno e a composición e funcionamento do Consello para o Uso Sostible da Auga.

 

Con esta medida lograrase unha maior autonomía e flexibilidade organizativa, evitando duplicidades en materia de augas e obras hidráulicas. A fusión de Augas de Galicia e a EPOSH terá un compoñente económico importante, xa que, así, se cumprirá co principio de austeridade, marcado polo Goberno da Xunta, o que suporá un aforro en materia de persoal de máis de 211.000 euros/ano.

 

Participación cidadá

O principio de xestión participativa é outro piar da futura Lei de augas de Galicia, co que se pretende garantir e fomentar a participación cidadá, como unha necesidade básica para acadar os obxectivos ambientais e económicos. A colaboración dos cidadáns é un factor básico no espírito desta lei, xa que a todos debemos concienciarnos de que a auga é un recurso invaliable que merece especial protección e, para isto, é preciso a súa participación no ciclo da auga.

 

Por todo isto, crearase o “Consello para o uso sustentable da auga”, un órgano de participación das distintas entidades públicas e privadas con competencias e intereses vinculados á auga, así como dos cidadáns de Galicia.

 

Así, con esta normativa, establecerase un novo marco xurídico galego que garantirá a auga en calidade e cantidade á cidadanía, atendendo sempre a un uso racional e sustentable, que implicará unha mellora na xestión dos recursos hídricos de Galicia.

 

En definitiva, coa nova Lei de Augas o actual Goberno contará cunha ferramenta para resolver as deficiencias detectadas no vixente marco lexislativo e de xestión da Administración Hidráulica de Galicia, garantir o subministro de auga en cantidade e calidade adecuada a todos os núcleos de poboación e contribuír á consecución do bo estado ecolóxico das augas de Galicia no ano 2015, tal e como establece a Directiva Marco da Auga.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s