La Xunta renueva las ayudas para proyectos de cooperación y desarrollo a países emergentes por 5 millones de euros

A XUNTA RENOVA A ORDE QUE ESTABLECE AS AXUDAS PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

 El Ejecutivo gallego renueva la orden que establece las ayudas para proyectos de cooperación y desarrollo. Las ayudas tendrán carácter bianual y cuentan con un presupuesto de casi 5 millones de euros, el mismo que en el año 2010

  • As axudas terán carácter bianual e contan cun orzamento de case 5 millóns de euros, o mesmo que no ano 2010
  • Os países prioritarios para a execución dos proxectos son Bolivia, Ecuador, Perú, Haití, República Dominicana, Guatemala, O Salvador, Honduras, Nicaragua, Cabo Verde, Guinea Bissau e Mozambique, así coma a poboación saharauí
  • As actividades de educación para o desenvolvemento e proxectos consolidación e fortalecemento de ONGD deben levarse  a cabo no territorio galego e ser executadas por ONGD

 

Santiago, 8 de decembro de 2010.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten previsto aprobar este venres, na xuntanza semanal do Consello da Xunta,  a orde que establece o marco normativo que regulará as concesión de subvencións, en  réxime de concorrencia competitiva, en materia de cooperación ao desenvolvemento.

 

Os catro tipo de proxectos aos que optan estas axudas son os proxectos no exterior executados polas Organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), os proxectos no exterior executados polos outros axentes de cooperación recoñecidos, as actividades de educación para o desenvolvemento realizados polas ONGD e os proxectos de consolidación e fortalecemento das ONGD. A convocatoria será bianual e conta cun orzamento de case 5 millóns de euros, polo que mantense a dotación orzamentaria das convocatorias deste ano respecto da convocatoria do 2010.

 

Dende o ano 2008, as bases reguladoras das  convocatorias dos catro tipos de  proxectos son publicadas conxuntamente nunha única orde de subvencións, e coma novidade nesta presente convocatoria, cabe resaltar que os proxectos non deben estar iniciados antes da data de publicación da convocatoria, sendo necesario que o inicio das actividades sexa no ano 2011. Ademais, a subvención distribúese entre os dous anos: para proxectos no exterior, o 35% en 2011 e o 65% en 2012, e para proxectos de educación ao desenvolvemento e de consolidación e fortalecemento de ONGD, o 40% en 2010 e 60% en 2011.

 

Os países prioritarios para a execución dos proxectos son os establecidos no II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, é dicir: Bolivia, Ecuador, Perú, Haití, República Dominicana, Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua (en América), Cabo Verde, Guinea Bissau e Mozambique, así coma a poboación saharauí (en África). E as prioridades sectoriais transversais, defínense de acordo coas que recolle o II Plan Director, tendo como principal novidade a consideración da interculturalidade como prioridade transversal.

 

Requisitos para a solicitude das subvencións

As entidades que soliciten estas subvencións para proxectos de cooperación deben estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, cun mínimo de 6 meses de antelación ao momento da publicación desta convocatoria.

 

Ademais, para os proxectos de consolidación e fortalecemento de ONGD, requírese que non recibiran en máis de catro ocasións axudas con cargo a esta convocatoria. Os proxectos non deben estar iniciados antes da data de publicación desta convocatoria, sendo necesario que o inicio das actividades sexa no ano 2011 e estar executados o máis tarde antes do 30 de novembro de 2012.

 

Os proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos outros axentes de cooperación (universidades, empresas e organizacións empresariais, sindicatos, comunidades galegas no exterior e outras entidades con fins en cooperación) ademais dos requisitos que deben cumprir todos os proxectos, deben enmarcarse dentro duns específicos para cada un deles senón non serán valorados.

 

As actividades de educación para o desenvolvemento e proxectos consolidación e fortalecemento de ONGD deben levarse  a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e ser executadas polas ONGD.

 

II Plan Director da Cooperación Galega

Estas catro convocatorias de axudas enmárcanse no II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia o 16 de xuño de 2010. Na procura de dar cumprimento aos obxectivos apostase por unha maior eficacia e calidade da política galega de cooperación, por unha cooperación máis selectiva, de maior impacto e presenza, concentrada xeográfica e sectorialmente, que redundará nunha maior visibilidade da Cooperación Galega.

 

Buscase tamén unha maior orientación estratéxica coa posta en valor das vantaxes diferenciais de Galicia, coma son a cooperación en sectores nos que Galicia pode ofrecer unha experiencia e coñecementos específicos como a pesca, cooperación en países de fala lusófona ou naqueles latinoamericanos onde hai cultura de cooperación dos nosos axentes.

 

O goberno galego aposta polo fortalecemento do sistema galego de cooperación a través da mellora das capacidades técnicas e operativas da propia Xunta e dos axentes de cooperación, especialmente das comunidades galegas no exterior. 

2 comentarios sobre “La Xunta renueva las ayudas para proyectos de cooperación y desarrollo a países emergentes por 5 millones de euros

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s