El Plan de Infraestructuras Hidráulicas de Galicia llega a su ecuador

MÁIS DUN 50 POR CENTO DAS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NO PLAN DE INFRAESTRUTURAS HIDRÁULICAS ESTÁN EN MARCHA OU XA FINALIZADAS

 Más de un 50% de las actuaciones incluidas en el plan de infraestructuras hidráulicas están en marcha o finalizadas, asegura el Ejecutivo gallego.

  • Este plan de gestión óptima del agua prevé una inversión de más de 860 millones de euros hasta 2013, de los cuales ya se movilizaron 442 millones.
  • Entre las actuaciones licitadas destacan obras como la Edar de Corrubedo, de Ribadumia, de A Cañiza, de Avión; el abastecimiento a Foz; a Ames-Brión, en el polígono de Barro-Meis; y las obras de mejora de las presas de Bayona, Forcadas, O Con, Eiras y Cecebre.
  • Este plan de xestión óptima da auga prevé un investimento de máis de 860 millóns de euros ata o 2013, dos cales xa se mobilizaron 442  millóns de euros
  • Entre as actuacións licitadas destacan obras como a Edar de Corrubedo, de Ribadumia, da Cañiza, de Avión; o abastecemento a Foz; a Ames-Brión, ao polígono de Barro-Meis; as obras de mellora das presas de Baiona, Forcadas, O Con, Eiras e Cecebre
  • O Plan de Infraestruturas Hidráulicas está formado por seis liñas de traballo fundamentais: actuacións en saneamento e depuración de augas residuais; accións de abastecemento e regulación de recursos hídricos; medidas de defensa de inundacións; control de verteduras; implantación da Directiva marco da auga; e explotación das estacións depuradoras de augas residuais

 

Santiago, 4 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xa ten en marcha ou rematadas un 50 por cento das actuación recollidas dentro do Plan de Infraestruturas Hidráulicas, deseñado polo Goberno galego co fin de garantir, ao longo da presente lexislatura, unha xestión óptima das augas a través da mellora das redes de saneamento e depuración da comunidade. O Plan de Infraestruturas Hidráulicas 2009-2013 está avalado por un orzamento de máis de 868 millóns de euros, dos cales xa se mobilizou un investimento de 442.441.580 euros.

 En canto aos obxectivos cumpridos, o departamento que dirixe Agustín Hernández licitou obras como a Edar de Corrubedo, de Ribadumia, da Cañiza, de Avión; o abastecemento a Foz; a Ames-Brión, ao polígono de Barro-Meis; as obras de mellora das presas de Baiona, Forcadas, O Con, Eiras e Cecebre; e tamén se asinaron convenios como o da depuradora de Vigo, o do abastecemento de Monforte o os de saneamento nos concellos de Pontevedra e Marín.

 Máis aló das obras, tamén se iniciou a explotación da EDAR de Guillarei, impulsouse un novo contrato para potenciar o Plan de Control de Verteduras, e puxéronse en marcha os traballos para a redacción dos plans de saneamento local das rías de Arousa e O Burgo.

 De entre as actuacións que xa estaban en marcha, rematáronse e puxéronse en explotación infraestruturas como as EDAR de Baiona, Baiona, Muros ou a de Porto do Son.

 Con este plan o Goberno galego abre unha nova etapa na xestión das augas caracterizada por un dobre obxectivo: garantir e preservar a calidade das augas da comunidade autónoma fomentando e potenciando un uso racional e responsable deste recurso natural, ademais de contribuír ao desenvolvemento económico-sustentable da comunidade galega. Esta política conta demais cunha nova ferramenta, a nova Lei de augas de Galicia.

 A finalidade da Xunta de Galicia é dar cumprimento aos distintos plans aprobados en materia de auga, como o Plan de Saneamento, os plans hidrolóxicos de bacía e o Plan de Abastecemento. Tamén se traballará na liña de mellorar a xestión de dominio público hidráulico, atendendo de xeito especial ás verteduras que afectan as rías galegas co obxectivo de garantir o seu saneamento en 2015.

Outro dos puntos é implantar un sistema de xestión para resolver a actual problemática das explotacións das estacións depuradoras de augas residuais da comunidade. Por último, búscase cumprir as directivas comunitarias vixentes (a Directiva 91/271 e a Directiva marco da auga) e colaborar coas entidades locais en materia de abastecemento.

 Reparto de fondos

Os investimentos dos que dispuxo a Xunta de Galicia ao longo destes 18 meses de traballo para a materialización das accións en materia hidráulica elévanse a 442.441.580, dos cales 107 millóns se destinaron a acadar os obxectivos en materia de infraestruturas e 241 para actuacións en materia de saneamento.

 Seis liñas de traballo

O Plan de Infraestruturas Hidráulicas está formado por seis liñas de traballo que se recollen en tres grandes grupos: as infraestruturas hidráulicas, a xestión do dominio público hidráulico (DPH) e a explotación das estacións depuradoras.

 

Bloque de actuación Liña de traballo
 

Infraestruturas hidráulicas

1.- Actuacións en saneamento e depuración de augas residuais
2.- Accións de abastecemento e regulación de recursos hídricos
3.- Medidas de defensa de inundacións
 

Xestión DPH

4.- Control de verteduras
5.- Traballos para a implantación da Directiva marco da auga
 Explotación Edar 6.- Manter a colaboración técnica e financeira coas entidades locais en materia de abastecemento e saneamento

 

Polo tanto, o departamento responsable en materia hidráulica levará a cabo actuacións en saneamento e depuración de augas residuais, co obxectivo global de mellorar a calidade das rías galegas e acadar o bo estado ecolóxico; accións de abastecemento e regulación de recursos hídricos, xa que se considera necesario e prioritario garantir as necesidades, tanto en cantidade como en calidade, actuais e futuras de abastecemento de auga potable a todos os núcleos de poboación superior a 50 habitantes; e medidas de defensa de inundacións, mellora das marxes e recuperación de contornos degradados.

 En materia de xestión do dominio público hidráulico propóñense accións de control de verteduras e traballos para a implantación da Directiva Marco da Auga. Por outro lado, este plan tamén recolle a implantación dun novo modelo de xestión para a explotación de depuradoras de augas residuais da comunidade. Unha das últimas liñas de traballo é manter a colaboración técnica e financeira coas entidades locais en materia de abastecemento e saneamento.

 O resumo dos orzamentos e das liñas de actuación do Plan de Infraestruturas Hidráulicas.

  

 

 

Anuncio publicitario

Un comentario sobre “El Plan de Infraestructuras Hidráulicas de Galicia llega a su ecuador

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s