La Xunta aboga por combinar el aparcamiento con la protección a los restos arqueológicos del Parrote en A Coruña

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A DIRECCIÓN XERAL DO PATRIMONIO CULTURAL CONSIDERA BÁSICO A RESOLUCIÓN DO PARROTE A TRAVÉS DUNHA PROPOSTA CONSENSUADA POR TODAS AS PARTES IMPLICADAS

 La Dirección Xeral de Patrimonio Cultural considera “básico” que se halle una resolución para la muralla romana del Parrote de A Coruña a través de una propuesta consensuada por todas las partes implicadas. La Comisión Territorial de Patrimonio Gallego Histórico de A Coruña considera compatible la ejecución de un aparcamiento con la protección y puesta en valor del Patrimonio, siempre que el documente final del Plan Especial se ajuste a los criterios marcados por la Consellería de Cultura y Turismo.

  • A Comisión Territorial de Patrimonio Histórico Galego da Coruña considera compatible a execución do aparcadoiro e a protección e posta en valor do Patrimonio sempre que o documento final do Plan Especial se axuste aos criterios da Consellería de Cultura e Turismo.
  • Os volumes permitidos polo Plan Especial do Porto teñen que estar en consonancia coa posta en valor do patrimonio cultural e a recuperación da calidade urbana no ámbito da Mariña e na Dársena da cidade.

 

Santiago 1 de decembro de 2010.- O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, presidiu a xuntanza extraordinaria da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña. Á reunión asistiron asemade representantes do Concello da Coruña así como tamén representantes da Autoridade Portuaria da Coruña, convidados expresamente co obxecto de que todos os vocais que conforman o órgano colexiado puideran coñecer dun xeito directo as opinións, e manifestacións, dos promotores da proposta.

Nesta xuntanza tivo lugar a exposición do proxecto por parte dos técnicos do Departamento Territorial na que participaron asemade os representantes do Concello da Coruña e da Autoridade Portuaria, así como dos vocais que compoñen a comisión. Unha vez rematada a fase expositiva, abordouse o debate interno da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico Galego da Coruña.

Tras a análise pormenorizada do documento, a Dirección Xeral de Patrimonio ve compatible a realización dun aparcadoiro soterrado na zona, e a protección e posta en valor dos bens a protexer pola Consellería. Non obstante, o documento final do Plan Especial deberá axustarse aos criterios da Consellería de Cultura e Turismo relativos á protección e recuperación do Patrimonio. Deste xeito, unha vez corrixido o documento do Plan Especial do Porto deberá ser aprobado polo Concello da Coruña e someterse a informe da Xunta de Galicia.

A Consellería de Cultura e Turismo considera esta actuación de gran importancia para a cidade da Coruña debido a que se actúa nunha zona estratéxica como é o casco histórico que se configura como espazo de conexión entre a cidade vella e o mar. A este respecto, desde a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural enténdese que a actuación ten que estar encamiñada á recuperación deste espazo á escena pública da cidadanía.

Por outra banda, non se pode esquecer a importancia que esta actuación vai ter nunha das fachadas mais emblemática da cidade. Os volumes permitidos polo Plan Especial do Porto, así como a linguaxe arquitectónica na que se formalicen sobre rasante, teñen que estar en consonancia co papel que desenvolverán na imaxe da Mariña e na Dársena da cidade. Estes volumes deberán contribuír á posta en valor do patrimonio cultural e a recuperación da calidade urbana neste ámbito.

Asunto de transcendencia

A Dirección Xeral do Patrimonio, dada a importancia dos restos arqueolóxicos afectados pola actuación do porto, encargou un informe técnico á ‘Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens de Culturais de Galicia’ sobre as pautas na conservación das madeiras e da pedra da cimentación do baluarte. Así mesmo tamén incorporouse ao expediente un informe histórico asinado polo Director do CIEFAL-ICOMOS no que se indica dun xeito expreso os criterios de intervención neste tipo de bens.

Durante meses os servizos técnicos da Consellería veñen realizando un exhaustivo traballo de documentación para  acadar unha solución á problemática existente nunha das zonas mais sensibles da cidade que forma parte do conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural.

Un comentario sobre “La Xunta aboga por combinar el aparcamiento con la protección a los restos arqueológicos del Parrote en A Coruña

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s