Se presenta la primera antología de la literatura gallega con textos desde la época medieval hasta nuestros días

A LITERATURA GALEGA CONTA COA PRIMEIRA ANTOLOXÍA DESDE A IDADE MEDIA ATA 2010, UNHA EDICIÓN BILINGÜE GALEGO-INGLÉS

 La literatura gallega cuenta con su primera antología desde la Edad Media hasta 2010, una edición bilingüe en gallego e inglés. Su título es Breogán’s Lighthouse (El Faro de Breogán), una obra que incluye 150 autores y 285 textos en gallego y también traducidos al inglés.

  • Trátase de Breogán’s Lighthouse, unha obra coordinada e editada por Antonio Raúl de Toro na que colabora a Xunta de Galicia
  • A obra inclúe 150 autores e 285 textos en galego e traducidos ao inglés
  • “Coa antoloxía Breogán’s Lighthouse ofrecémoslle ao mundo anglófono un monumento literario”, afirmou Xesús Vázquez

 

Santiago de Compostela, 29 de novembro do 2010.- “A antoloxía que presentamos constitúe un ambicioso proxecto no que se recolle unha importante mostra da literatura galega desde a época medieval ata o 2010, o que a converte nun auténtico faro da nosa literatura, que guiará o lector polos textos máis importantes da historia das letras galegas”.

 Así se expresou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, no acto de presentación de Breogán’s Lighthouse: An Anthology of Galician Literature, unha obra coordinada e editada por Antonio Raúl de Toro, na que colabora a Xunta de Galicia, que constitúe a primeira antoloxía da literatura galega con textos desde a época medieval ata 2010.

 O conselleiro de Educación salientou que, a través desta obra, “podemos hoxe ofrecerlle a todo o mundo anglófono o maior tesouro de Galicia: un monumento literario comparable ao de calquera outra cultura europea”. Así mesmo, Xesús Vázquez aproveitou para manifestar que “co apoio a esta antoloxía, a Xunta de Galicia demostra, unha vez máis, a súa preocupación por que a lingua, a cultura, o noso patrimonio histórico –neste caso a literatura– sexan coñecidos, valorados e apreciados fóra da nosa comunidade”.

 No acto de presentación, que tivo lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, Xesús Vázquez estivo acompañado polo responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; polo coordinador e editor da obra, Antonio Raúl de Toro; e mais polo coordinador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Manuel González.

 Implicacións positivas para a proxección exterior da lingua e da literatura galegas

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, salientou que, “ao valor que de por si mesma ten esta escolma por ofrecer unha visión completa e representativa da produción literaria galega, vén sumarse a súa condición de antoloxía bilingüe galego-inglés”. “Isto redundará –engadiu o secretario xeral– nunha maior visibilidade para a lingua e a literatura galegas, porque incrementa o interese polas nosas letras e a nosa lingua fóra de Galicia, ao tempo que favorece, en consecuencia, o recoñecemento internacional tanto do sistema literario galego como tamén do idioma propio de Galicia”.

 Un “camiño das palabras” que dá mostra da relevancia creativa da literatura galega

Pola  súa parte, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asegurou que o libro representa “o camiño das palabras co que podemos comprender a relevancia creativa que lle ofrecemos ao mundo”. Segundo o director xeral, a publicación posibilitará que “o público de fala inglesa poida achegarse ao que precisa da nosa escrita, ás mensaxes que construímos, ao noso xeito de contemplar a realidade e de sentir do mundo”.    

Finalmente, Francisco López lembrou que, nun ano tan importante como o Ano do Libro e da Lectura, “esta antoloxía bilingüe nos confirma que, como sociedade, e como país, estamos no camiño correcto, que temos algo para expresar e que podemos sentirnos moi orgullosos das nosas posibilidades e da nosa creatividade literaria”.

 150 autores e 285 textos en edición bilingüe galego-inglés

A obra Breogán’s Lighthouse: An Anthology of Galician Literature, publicada pola editorial Francis Boutle de Londres, abrangue textos desde a época medieval ata 2010, cun total de 150 autores e 285 textos en edición bilingüe galego-inglés. Na antoloxía, coordinada e editada por Antonio Raúl de Toro, colaboran a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e o Instituto Universitario de Estudios Irlandeses, que dirixe o propio Antonio Raúl de Toro.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s