La Xunta creará la primera red de dinamización lingüística en enero

POLÍTICA LINGÜÍSTICA CONSTITUIRÁ FORMALMENTE A PRIMEIRA REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA O PRÓXIMO MES DE XANEIRO

 Política Lingüística constituirá formalmente la primera red de dinamización lingüística el próximo mes de enero

  • Así o asegurou Anxo Lorenzo no encontro informativo provincial sobre esta iniciativa que tivo lugar hoxe en Ourense
  • Tamén participaron no encontro o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e o vicepresidente executivo da Fegamp, Francisco José Fraga

 

Ourense, 21 de decembro de 2010.- O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciou a próxima constitución da Rede de Dinamización Lingüística, que se levará a cabo no mes de xaneiro. Así o afirmou durante o encontro informativo provincial sobre a rede, que tivo lugar no Centro Cultural de Ourense e no que tamén participaron o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e o vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Francisco José Fraga.

 

Ao fío disto, Anxo Lorenzo explicou que o acto de constitución formal da rede se levará a cabo cos concellos que ata esa data solicitasen a adhesión. “O resto de entidades locais iranse adherindo progresivamente, coa aprobación do Consello de Membros”, aclarou.

 

Por outra banda, o responsable de Política Lingüística sinalou que o vindeiro mes de xaneiro tamén sairá publicada a nova convocatoria de subvencións para a promoción do uso do galego a través das entidades locais de Galicia, na que se terá en conta positivamente a pertenza dos concellos á Rede de Dinamización Lingüística.

 

Vantaxes de formar parte da Rede de Dinamización Lingüística

Durante o encontro, dirixido a todos os concellos ourensáns e organizado en colaboración coa Deputación de Ourense e a Fegamp, Anxo Lorenzo tamén fixo fincapé nas vantaxes que supón para un concello adherirse á rede.

 

Neste sentido, explicou que os concellos poderán participar activamente nos programas da rede e, polo tanto, contarán con actividades que se programen desde ela, sen prexuízo das que promovan por iniciativa propia. Así mesmo, daráselles “unha visibilidade global ás actividades, de maneira que a súa actuación logrará unha repercusión para toda Galicia”, dixo. Ademais, a adhesión á rede favorecerá “un diálogo directo e permanente con Política Lingüística, con outros concellos e institucións”, salientou Anxo Lorenzo.

 

Favorecer o fomento do uso do galego desde o ámbito local

A Rede de Dinamización Lingüística é unha asociación voluntaria de entidades con competencia na promoción da lingua galega, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa que busca favorecer a colaboración, a coordinación e as accións de fomento do uso do galego desde o ámbito local.

 

Co fin de presentarlle a rede a todos os concellos, a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a organizar encontros informativos provinciais. Logo do encontro de hoxe Ourense e do organizado onte en Pontevedra, a secretaría xeral ten previsto levar a cabo o encontro informativo nas provincias da Coruña e de Lugo nas próximas semanas.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s