Entran en vigor las medidas acordadas entre el gobierno de Portugal y la Xunta para facilitar a los gallegos el pago de los peajes lusos

Entran en vigor varias das medidas acordadas entre o Goberno de Portugal e a Xunta para facilitar o pagamento das peaxes aos cidadáns galegos

  • El decreto del gobierno portugués afima que se ofrecen las mismas soluciones de dispositivos electrónicos para el pago de los peajes a los conductores de vehículos con matrícula extranjera y portuguesa, lo que constituye una de las principales reivindicaciones de la Xunta

  • O decreto do Goberno portugués afirma que se ofrecen as mesmas solucións de dispositivos electrónicos para o pagamento das peaxes aos condutores dos vehículos con matrícula estranxeira e portuguesa, o que constitúe unha das principais reivindicacións da Xunta para que non se vexa mermada a mobilidade entre Galicia e Portugal
  • O documento regula a opción prepago en Portugal (a espera de que a inicios do próximo ano estea dispoñible tamén en España), ben a través da compra do dispositivo ou do seu alugueiro nas áreas de servizo das autovías
  • Tamén contempla outras opcións distintas ao prepago, como a posibilidade de pagar por adiantado no caso de traxectos pre-definidos, ben a través de internet ou de modalidades de pagamento electrónico
  • A finais do pasado mes de novembro fíxose efectiva outra das medidas acordadas na reunión de Viana do Castelo, que consiste na posibilidade de adquirir o dispositivo Vía Verde (similar ao OBE español) nas oficinas de Caixa Geral de Depósitos ou ben no Banco Simeón en Galicia

Santiago, 21 de decembro de 2010.– O goberno de Portugal publicou o decreto que establece varias das medidas que facilitarán aos condutores españois o pago das peaxes nas autovías do norte do país veciño, tal e como se comprometeu o secretario de Estado Adxunto das Obras Públicas e das Comunicacións de Portugal, na reunión que mantivo o pasado 11 de novembro en Viana do Castelo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

O decreto, publicado onte, e que hoxe entra en vigor, afirma literalmente que se ofrecen as mesmas solucións de dispositivos electrónicos para o pagamento das peaxes aos condutores dos vehículos con matrícula estranxeira e portuguesa que transiten por infraestruturas que dispoñan de sistema de cobro electrónico de peaxes, o que constitúe unha das principais reivindicacións da Xunta para que non se vexa mermada a mobilidade entre Galicia e Portugal.

Así, o documento regula a opción prepago en Portugal (a espera de que a inicios do próximo ano estea dispoñible tamén en España), ben a través da compra do dispositivo ou do seu alugueiro nas áreas de servizo das autovías de peaxe, establecendo un prepagamento mínimo de 10 euros para os vehículos lixeiros e de 20 euros para os pesados, e eliminando polo tanto a obriga de efectuar unha recarga mínima de 50 euros que establecía o anterior decreto. Ademais, no caso de optar polo alugueiro, deberase aboar unha fianza igual ao prezo do dispositivo, que se reintegrará unha vez devolto o aparello e abonado o prezo do aluguer.

O decreto tamén contempla outras opcións distintas ao prepago, como a posibilidade de pagar por adiantado no caso de traxectos pre-definidos, ben a través de internet ou de modalidades de pagamento electrónico.

Vía Verde
A finais do pasado mes de novembro fíxose efectiva outra das medidas acordadas na reunión de Viana do Castelo, que consiste na posibilidade de adquirir o dispositivo Vía Verde (similar ao OBE español) nas oficinas de Caixa Geral de Depósitos ou ben no Banco Simeón en Galicia.

2 comentarios sobre “Entran en vigor las medidas acordadas entre el gobierno de Portugal y la Xunta para facilitar a los gallegos el pago de los peajes lusos

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s