La Xunta sigue presionando para lograr la reactivación de los astilleros Vulcano en Vigo

ECONOMÍA E INDUSTRIA REMITE A PYMAR O CONVENIO QUE PERMITIRÍA DESBLOQUEAR A REACTIVACIÓN DE FACTORÍAS VULCANO

 Economía e Industria remite a Pymar el convenio que permitiría desbloquear la reactivación de Factorías Vulcano. El conselleiro Javier Guerra reiteró, al término de la reciente reunión con el comité de empresa y la dirección del astillero, las exigencias de la Xunta a Pymar y al gobierno central para que den “una respuesta inmediata en defensa de la firma”. “Ya se ha perdido más de un mes”, agregó.

  • Javier Guerra reiterou, ao remate dun novo encontro co comité de empresa e a dirección do estaleiro vigués, a súa esixencia a Pymar e ao Goberno central para que den “unha resposta inmediata para actuar con urxencia en defensa da firma”
  • O convenio, que foi entregado tanto á dirección como ao comité de empresa, “recolle nos mesmo termos e sen cambiar nada o compromiso xa coñecido, firme e irrevocable da Xunta de Galicia de facilitar un apoio financeiro de 16,7 millóns de euros para o remate do buque sísmico”
  • Javier Guerra cualificou de “sorprendente” a reclamación de Pymar de implementar un convenio para apoiar ao estaleiro vigués, e sinalou que o seu departamento adiantouse á proposta da sociedade “enviando un convenio que estivemos agardando e non chegou, porque non podemos permitirnos perder máis tempo”
  • O responsable autonómico denunciou que xa se “leva perdido máis dun mes, tempo no que a Xunta sempre mantivo a mesma postura de apoio irrevocable co futuro do estaleiro, do sector naval e do mantemento dos postos de traballo directos e indirectos”

 

Santiago, 5 de novembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria anunciou  en Vigo que o seu departamento ven de remitir a Pymar a redacción do convenio que permitiría desbloquear de xeito definitivo a reactivación de Factorías Vulcano co apoio ao financiamento para o remate do buque sísmico 533. Javier Guerra fixo estas declaracións ao remate dun novo encontro coa dirección e o comité de empresa do estaleiro, e reiterou a súa esixencia a Pymar e ao Goberno central para que den “unha resposta inmediata para actuar con urxencia e defensa da firma”. 

 O conselleiro de Economía e Industria, que lamentou a actitude de Pymar, “sociedade que nunca nos dixo que facía falta un convenio para a reactivación de Factorías Vulcano nas reunións que mantivemos con eles”, apuntou que o convenio, que foi entregado tanto á dirección como ao comité de empresa, “recolle nos mesmo termos e sen cambiar nada o compromiso xa coñecido, firme e irrevocable da Xunta de Galicia de facilitar un apoio financeiro de 16,7 millóns de euros para o remate do buque sísmico”. 

 Javier Guerra cualificou de “sorprendente” a reclamación de Pymar de implementar un convenio para apoiar ao estaleiro vigués, e sinalou que o seu departamento adiantouse á proposta da sociedade “enviando un convenio que estivemos agardando e non chegou, porque non podemos permitirnos perder máis tempo”. O responsable autonómico denunciou que xa se “leva perdido máis dun mes, tempo no que a Xunta sempre mantivo a mesma postura de apoio irrevocable co futuro do estaleiro, do sector naval e do mantemento dos postos de traballo directos e indirectos”. 

 Por este motivo, o conselleiro de Economía e Industria reiterou hoxe a súa esixencia a Pymar e ao Ministerio de Industria para que demostren o seu compromiso “expreso, urxente e inmediato” coa reactivación do estaleiro Vulcano “porque non se pode perder nin un minuto máis na procura de financiamento para o remate dun buque, o sísmico 533, que é fundamental para o futuro de Factorías Vulcano”.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s