Neste proxecto tamén se estudarán as solucións técnicas que permitan potenciar a conexión do aeroporto de Lavacolla coa cidade, a área metropolitana e co sistema de transporte público de Galicia
MEDIO AMBIENTE ADXUDICA POR 447.000 EUROS O ESTUDO DE VIABILIDADE E ANTEPROXECTO DO METRO LIXEIRO DE SANTIAGO, QUE DARÁ SERVIZO A TODA A ÁREA METROPOLITANA
Medio Ambiente adjudica por 447.000 euros el estudio de viabilidad y anteproyecto del metro ligero de Santiago, que dará servicio a toda el área metropolitana. En este proyecto también se estudiarán las soluciones técnicas que permitan potenciar la conexión del aeropuerto de Lavacolla con la ciudad, la área metropolitana y con el sistema de transporte público de Galicia
- O Goberno galego tamén aposta por un deseño que ofreza servizos entre ámbitos especialmente significativos, como a Zona monumental e a Cidade da Cultura
- O compromiso do actual Executivo é potenciar un deseño tecnolóxico común para todos os metros lixeiros que se desenvolverán tamén nas cidades de A Coruña e Vigo
Santiago, 17 de decembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou provisionalmente o estudo de viabilidade e o anteproxecto do metro lixeiro de Santiago, que dará servizo a toda a área metropolitana. A empresa TYPSA contará cun período de 30 meses para a materialización destes traballos e o importe de adxudicación é de 447.586 euros.
Cabe salientar que a empresa adxudicataria traballou nos últimos anos en proxectos de metro e de metro lixeiro de grande relevancia nacional, como o tramo Gandía-Grau-Port de Gandía do Tranvía de la Mar, prolongación da liña 3 do metro de Madrid a El Casar, liña T2 de Metrovalencia no tramo Xátiva-Linea T4, ou no proxecto construtivo do cañón de acceso Mamariga á estación da Santurzi do Ferrocarril Metropolitano de Bilbao.
Este proxecto está caracterizado pola intermodalidade, xa que se afinará nunha solución técnica que permita potenciar a conexión do aeroporto de Lavacolla coa cidade, a área metropolitana e os sistema de transporte público de Galicia coas características técnicas que se deriven (plataforma reservada ou compartida parcialmente, vía sinxela ou dobre). Ademais, tamén analizarase de xeito especial a viabilidade técnica e económica da conexión entre o aeroporto e a liña de Alta Velocidade do Eixo Atlántico. A Consellería de Medio Ambiente aposta por un deseño que ofreza servizos entre ámbitos especialmente significativos, como a Zona monumental e a Cidade da Cultura.
No primeiro semestre de 2011 a Xunta de Galicia presentará o estudo e o plan de rede do metro lixeiro de Santiago, de ámbito metropolitano, para posteriormente analizar as alternativas plantexadas e a súa viabilidade e redactar o anteproxecto de construción e explotación, ademais do estudo económico-financeiro, que estará listo no último trimestre de 2012.
O Goberno galego pretende que este proxecto conte cunha ampla participación pública, polo que se terán en conta as consideracións da comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, e de xeito particular, as aportacións que poidan realizar os concellos implicados. Ademais, contarase cunha páxina web específica para interactuar cos axentes e cos cidadáns.
O novo estudo e anteproxecto do metro lixeiro de Santiago –ao igual que os que están en licitación neste momento para as áreas de Vigo e A Coruña- realizarase en tres fases. Na primeira concretaranse os estudos previos e o plan de rede, no que se incluirán todos os aspectos necesarios para a definición de obxectivos da rede, como: un estudo social, a conexión cos sistema de transporte existente, un diagnóstico do sistema de transporte para poder determinar as necesidades funcionais e configuración básica do novo sistema. Así mesmo, realizarase unha avaliación Ambiental do Plan segundo o marcado pola Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.
A segunda fase centrarase no estudo de viabilidade e alternativas, polo que se levará a cabo unha análise co fin de comparar e valorar as posibles opcións de desenvolvemento da rede e, por último, na terceira fase, redactarase o anteproxecto de construción e explotación, así como o estudo económico-financeiro. Neste punto da tramitación desenvolverase o anteproxecto da alternativa seleccionada de liñas a desenvolver inicialmente, no que se incluirán aspectos, como as infraestruturas, instalacións e sistemas de explotación; tamén realizarase unha proposta para a integración e reordenación urbana.
Deseño tecnolóxico común
A pretensión da Xunta é establecer un deseño tecnolóxico común para os metros lixeiros de Galicia, polo que se propiciará o aforro de escala no material móbil,a sinalización e dos elementos singulares da vía. A Dirección Xeral de Mobilidade será a entidade que coordinará os novos estudos da Coruña, Santiago e Vigo e que todos estes sistemas integraranse no Ente Ferroviario de Galicia.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta