El alumnado gallego mejora sus resultados en el informe Pisa

O ALUMNADO GALEGO MELLORA OS SEUS RESULTADOS NO INFORME PISA

 En comprensión lectora, la principal competencia evaluada, Galicia mejora 7 puntos. La comunidad autónoma se sitúa en todas las competencias por encima de la media española, y en el grupo intermedio  si la comparamos con las demás comunidades

  • En comprensión lectora, a principal competencia avaliada, Galicia mellora 7 puntos
  • A comunidade galega sitúase en todas as competencias por riba da media española, e nos grupos intermedio respecto das demais Comunidades Autónomas


Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2010.-
O alumnado galego mellorou os seus resultados no último informe Pisa, realizado pola OCDE en 2009, e que proporciona resultados globais e niveis de rendemento en comprensión lectora, como materia principal, e nas competencias matemática e científica, como materias secundarias. A avaliación realizouse en 54 centros e participaron nela 1.585 alumnos.

 

Deste xeito, tal e como se desprende dos resultados feitos  públicos, Galicia sitúase por riba da media española en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos, 7 máis ca no informe de 2006, e 5 máis que os 481 da media española. Nesta principal competencia analizada, e respecto das demais Comunidade Autónomas españolas, a galega sitúase no grupo nun grupo intermedio, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.

 

O informe Pisa 2009 analiza tamén, de forma secundaria, as competencias científica e matemática. En referencia á científica, Galicia obtén unha puntuación de 506 puntos, coa que se sitúa no grupo de cabeza, xunto coas Comunidades de Castela e León, A Rioxa, Navarra, e Madrid. Ademais, neste eido o alumnado galego obtén uns resultados 18 puntos por riba da media de España e 5 puntos superior da media da OCDE. En competencia matemática Galicia obtén 489 puntos, 6 por encima da media do Estado, e nun grupo intermedio no que tamén están Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia.

 

Tras coñecerse os resultados deste informe, o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, expresou a satisfacción da Consellería de Educación pola mellora na comprensión lectora, competencia que centraba a proba. Ademais,o director xeral valorou positivamente a tendencia alcista que se ven rexistrado nestes resultados do alumnado galego, e comprometeuse a que a Consellería seguirá a traballar para obter mellores resultados nas vindeiras probas.

 

Un comentario sobre “El alumnado gallego mejora sus resultados en el informe Pisa

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s