La Xunta invierte 26 millones de euros en completar el desarrollo de la Administración electrónica por Internet

O presidente da Xunta afirma que, cun investimento de 26 millóns de euros ata 2013, “hoxe, damos un paso máis para establecer a relación telemática a través de internet entre os cidadáns e a Administración autonómica”

 El presidente de la Xunta afirma que, con la inversión de 26 millones de euros hasta 2013, “hoy, damos un paso más para establecer la relación telémática a través de Internet entre los ciudadanos y la Administración autonómica”

La Xunta aprueba el decreto que regula el desarrollo de la administración electrónica y que permitirá lograr una Administración sin papeles, más transparente, y abierta 24 horas cada día, los 365 días del año. Para finales de 2011 la página web de la Xunta funcionará como una “verdadera oficina electrónica”. Además, la edición impresa del Diario Oficial de Galicia (DOG) se sustituirá por la electrónica, con un ahorro medio anual de más de un millón de euros.

A XUNTA APROBA O DECRETO QUE REGULA O DESENVOLVEMENTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E QUE PERMITIRÁ ACADAR UNHA ADMINISTRACIÓN SEN PAPEIS, MÁIS TRANSPARENTE E ABERTA 24 HORAS AO DÍA, 365 DÍAS AO ANO

 

  • Subliña que, a finais de 2011, a páxina web da Xunta funcionará como unha verdadeira sede electrónica, “onde cada cidadán poda obter a mesma información, acceder aos mesmos servizos e poder facer os mesmos trámites que pode facer en calquera das ventanillas das distintas consellerías”
  • Salienta que “os trámites que polo de agora duraban semanas poden durar, deste xeito, segundos”
  • A edición impresa do Diario Oficial de Galicia substituirase pola edición electrónica; “garantimos o acceso universal e gratuíto de todos os galegos ao DOG, se simplifica o tempo de edición do diario e se racionaliza o gasto, cun aforro medio anual de algo máis de 1 millón de euros”, di

 

Santiago, 02 de decembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, este mediodía, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do decreto que regula o desenvolvemento da Administración electrónica e que dará soporte normativo “a cada unha das accións que levaremos a cabo cun investimento de 26 millóns de euros ata 2013 para acadar unha Administración sen papeis, máis transparente e aberta 24 horas ao día e 365 días ao ano”. “Hoxe, -dixo- damos un paso máis para establecer a relación telemática a través de internet entre os cidadáns e a Administración autonómica”.

 

Segundo Feijóo, hai unha serie de indicadores que acreditan que vamos “na boa dirección”: Galicia é a terceira comunidade con maior uso de Administración electrónica para obter información das páxinas web da Administración autonómica e a quinta comunidade en descarga e cumprimentación de formularios oficiais. “Polo tanto, estamos nunha boa posición para seguir avanzando e para seguir dando pasos para situarnos na cabeceira das administracións autonómicas que empregan a administración electrónica para relacionarse cos cidadáns”.

 

O titular do Goberno galego explicou que no seu primeiro ano, o plan márcase dous obxectivos: que a finais de 2011 a páxina web da Xunta funcione como unha verdadeira sede electrónica, “onde cada cidadán poda obter a mesma información, acceder aos mesmos servizos e poder facer os mesmos trámites que pode facer en calquera das ventanillas das distintas consellerías”; e substituír a edición impresa do Diario Oficial de Galicia pola edición electrónica, “deste xeito, garantimos o acceso universal e gratuíto de todos os galegos ao DOG, se simplifica o tempo de edición do diario e se racionaliza o gasto, cun aforro medio anual de algo máis de 1 millón de euros”.

 

Logo de subliñar así que “os trámites que polo de agora duraban semanas poden durar, deste xeito, segundos”; Feijóo afirmou que o Executivo galego seguirá dando paso, de forma definitiva, ás novas tecnoloxías, “e iso significa –aseverou- actuar en todas as frontes”. “Temos unha serie de obxectivos: garantir o acceso a internet a todos os galegos cun presuposto de 102 millóns de euros; introducir as novas tecnoloxías en todos os ámbitos con especial incidencia no proxecto Abalar, que é facilitar as tecnoloxías e os ordenadores a profesores e alumnos; e achegar á Administración a todos os cidadáns as 24 horas e os 365 días ao ano”, concluíu.

Anuncios

Un comentario sobre “La Xunta invierte 26 millones de euros en completar el desarrollo de la Administración electrónica por Internet

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s