Galicia oferta por primera vez ciclos de FP en la modalidad a distancia

Foto: fpgradosuperior.com

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN OFERTA POR PRIMEIRA VEZ CICLOS DE FP NA MODALIDADE A DISTANCIA EN GALICIA

 La Consellería de Educación oferta por primera vez ciclos de FP en la modalidad de educación a distancia en Galicia. Los interesados en esta formacion pueden presentar sus solicitudes hasta el 18 de noviembre. En este primer año se podrá cursar el grado superior en Educación Infantil y el medio en Emergencias Sanitarias.

  • Os interesados nesta formación poden presentar as súas solicitudes ata o 18 de novembro
  • Neste primeiro ano poderase cursar o grao superior en Educación infantil e o medio en Emerxencias sanitarias
  • Con estas ensinanzas preténdese fomentar a formación continua ao longo da vida, dando ademais facilidades ás persoas traballadoras

 

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2010.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria implantará este curso as ensinanzas de Formación Profesional a distancia por primeira vez, e con carácter experimental, no sistema educativo galego. Desta forma, o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad quere poñer a disposición da cidadanía galega un modelo aberto de ensino, no que o alumnado marca o seu propio ritmo de aprendizaxe en función das súas necesidades e da súa dispoñibilidade de tempo, unha metodoloxía especialmente axeitada para as persoas traballadoras que desexan ampliar a súa formación.

 Neste primeiro curso 2010/2011, os interesados poderán solicitar praza nos dous ciclos ofertados, o de grao superior en Educación Infantil, e o de grao medio en Emerxencias sanitarias, entre o 12 e o 18 de novembro. O curso académico comezará, este ano con carácter excepcional o 29 de novembro, e o centro de presentación de solicitudes e de asistencia ás titorías e probas presenciais será o CIFP Ánxel Casal, na Coruña.

Os prazos de presentación de solicitudes e de matriculación pódense consultar no portal educativo da Consellería, no enlace web http://www.edu.xunta.es/fp/ .

 Para poder acceder á FP a distancia os interesados deberán cumprir os requisitos académicos e de idade que se esixen para a FP en réxime presencial ordinario. Con todo, e coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, poderán acceder á oferta parcial sen cumpriren as condicións de acceso as persoas adultas, sempre que teñan acreditada unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que se desexe cursar.

 Metodoloxía aberta

Estas ensinanzas de FP organizaranse cunha metodoloxía flexible e aberta, e susténtase no emprego  das tecnoloxías da información e da comunicación, nomeadamente de internet. Así, o sistema de ensino baséase en actividades de autoaprendizaxe que o alumnado realizará a través da plataforma de teleaprendizaxe da Consellería, con materiais didácticos específicos, especialmente deseñados para este fin. Ademais, haberá actividades presenciais de formación no centro docente, fundamentalmente de carácter práctico.

 Para a resolución de dúbidas e seguimento da aprendizaxe, as alumnas e alumnos contará cun docente do correspondente ciclo formativo que desempeñe o labor de titoría, tanto de forma individual como colectiva. Conforme ao sistema establecido, as titorías individuais realizaranse preferentemente de xeito telemático –aínda que tamén poderá ser por vía telefónica ou de forma presencial-, e abranguerán as accións de orientación, dinamización, resposta e apoio, para que o estudante poida aprender de xeito autónomo empregando os devanditos materiais da plataforma de teleaprendizaxe. Doutra banda, as titorías colectivas terán carácter presencial no centro no que cada estudante estea matriculado, e nelas realizaranse actividades de ensino complementaria ás realizadas online. Ademais servirán como apoio para o desenvolvemento daqueles campos do currículo que sexan máis difíciles de impartir a distancia. Neste caso, a asistencia será voluntaria, dado os sistema flexible que caracteriza á modalidade a distancia.

 No que respecta ao profesorado, deberá realizar o seguimento da aprendizaxe do alumnado, e a avaliación. Con este obxectivo exercerá as funcións de titoría e estimulará a participación nelas, proporcionando orientación, apoio e materiais didácticos complementarios aos estudantes. A avaliación será continua, e farase a través de probas teórico-prácticas – de carácter obrigatorio- para cada avaliación parcial. En todo caso, ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo do ciclo realizarase unha proba presencial final global, para aqueles estudantes que non tiveran superado as probas presenciais parciais ao longo do curso.

 Formación práctica

Unha vez acadada a avaliación positiva en todo os módulos que compoñen o ciclo, as alumnas e alumnos deberán cumprir co módulo profesional de formación en centros de traballo.

 Así mesmo, despois de rematar esta experiencia, realizarán o módulo de proxecto, no que incluirán as competencias adquiridas durante o devandito período de formación en centros laborais.

 Neste curso 2010/2011 o alumando só poderá esta matriculado na modalidade presencial ou a distancia, pero non poderá en ningún caso simultanear ambas as dúas modalidades.

 Con esta nova oferta educativa a Consellería está a dar resposta ás necesidades de formación continua das persoas adultas, dándolles a posibilidade de combinar o seu traballo coa obtención dunha titulación oficial fundamental na sociedade e no mundo laboral actual. 

3 comentarios sobre “Galicia oferta por primera vez ciclos de FP en la modalidad a distancia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s