O titular da Xunta subliña que “o apoio da Xunta está garantido tanto para levar a cabo os proxectos que dependen dela directamente, como para tratar de desbloquear os que dependen do Goberno central”
El titular de la Xunta subraya que «el apoyo de la Xunta está garantizado, tanto para llevar a cabo los proyectos que dependen de ella directamente en Ferrol, como para tratar de desbloquear los que dependen del gobierno central»
Feijóo garantiza que la Xunta «dará la batalla a favor de Ferrol» y asegura que los proyectos clave para la comarca están incluídos en los presupuestos de 2011
FEIJÓO GARANTE QUE A XUNTA “DARÁ A BATALLA A FAVOR DE FERROL” E ASEGURA QUE TODOS OS PROXECTOS CLAVE PARA A COMARCA ESTÁN INCLUÍDOS NOS ORZAMENTOS 2011
- Destaca que o Goberno galego reservou máis de 11 millóns de euros para manter e ampliar a cobertura dos centros asistenciais e escolas infantís da cidade – Destaca que el gobierno gallego reservó más de 11 millones de euros para mantener y ampliar la cobertura de los centros asistenciales y escuelas infantiles en la ciudad»
- “Apostamos por mellorar a asistencia sanitaria a través do Plan Director da Residencia Arquitecto Marcide ou a licitación antes de que remate o ano dos novos Centros de Saúde de Ares e A Capela”, di – «Apostamos por mejorar la asistencia sanitaria a través del Plan Director de la Residencia Arquitecto Marcide y de la licitación antes de que acabe el año de los nuevos centros de salud de Ares y A Capela», dice.
- Co obxecto de que Ferrol sega a crecer como cidade, afirma que a Xunta está comprometida con tres proxectos fundamentais: o Auditorio de Caranza, a humanización das estradas de Castela e Catabois ou o desenvolvemento do polígono residencial do Bertón – Con objeto de que Ferrol siga creciendo como ciudad, afirma que la Xunta está comprometida con tres proyectos fundamentales: el auditorio de Caranza, la humanización de las carreteras de Castela y Catabois y el desarrollo del polígono residencial del Bertón.
- “Seguimos traballando no novo Plan de Transporte Metropolitano; desde febreiro, está en servizo a Autovía Ferrol-Vilalba; e o Consello da Xunta ven de dar un paso máis para a futura Vía de Alta Capacidade da Costa Norte que, xunto coa Autovía do Cantábrico, está chamada a vertebrar todo o territorio norte de Galicia”, asevera – «Seguimos trabajando en el nuevo Plan de Transporte Metropolitano; desde febrero, está en servicio la autovía Ferrol-Vilalba; y el Consejo de la Xunta acaba dar un paso más para que se haga realidad la futura vía de alta capacidad de la Costa Norte que, junto con la Autovía del Cantábrico, está llamada a vertebrar todo el territorio norte de Galicia».
- Resalta que os presupostos da Xunta “non baixan nin un só euro” a partida para o Plan Ferrol – Los presupuestos de la Xunta «no rebajan ni en un solo euro» la partida destinada al Plan Ferrol.
- Asegura que “a Xunta dará a batalla para que, cando o Goberno socialista non apoie como se merece á economía ferrolá, Bruxelas o evite como fixemos no pasado tanto co carbón como co naval; e como o volveremos a facer a próxima semana durante unha visita á capital comunitaria” -«La Xunta dará la batalla para que, cuando el gobierno socialista no apoye como se merece la economía de Ferrol, Bruselas lo evite como hicimos en el pasado tanto con el carbón como con el sector naval; y como lo volveremos a hacer la próxima semana durante la visita a la capital comunitaria».
- Lembra que a xestión económico-financeira do Goberno galego ten como base os principios de rigor, prudencia, eficiencia e austeridade
- Remarca que só cos 2.600 millóns de euros que o goberno anterior gastou sen fondos se podería financiar toda a política de benestar da Xunta durante toda a lexislatura
Ferrol, 13 de novembro de 2010.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu, na conferencia inaugural da Cátedra Jorge Juan 2010-2011, que a Xunta “dará a batalla a favor de Ferrol” e asegurou que todos os proxectos clave para a comarca que dependen do Executivo autonómico están incluídos nas contas do ano que ven. “O apoio da Xunta está garantido tanto para levar a cabo os proxectos que dependen dela directamente, como para tratar de desbloquear os que dependen do Goberno central”, aseverou.
Deste xeito, e co obxecto de que Ferrol teña blindados os seus servizos públicos esenciais, Feijóo subliñou que o Goberno galego reservou máis de 11 millóns de euros para manter e ampliar a cobertura dos centros asistenciais e escolas infantís da cidade, “e apostamos –dixo- por mellorar a asistencia sanitaria a través do Plan Director da Residencia Arquitecto Marcide ou a licitación antes de que remate o ano dos novos Centros de Saúde de Ares e A Capela”.
Para que Ferrol sega a crecer como cidade, a Xunta está comprometida con tres proxectos fundamentais: o Auditorio de Caranza, a humanización das estradas de Castela e Catabois ou o desenvolvemento do polígono residencial do Bertón. “E para que a cidade vexa mellorada a súa mobilidade –engadiu- non só seguimos traballando no novo Plan de Transporte Metropolitano, senón que queremos apurar as principais infraestruturas pendentes. Desde febreiro, está en servizo a Autovía Ferrol-Vilalba; e o Consello da Xunta ven de dar un paso máis para a futura Vía de Alta Capacidade da Costa Norte que, xunto coa Autovía do Cantábrico, está chamada a vertebrar todo o territorio norte de Galicia”.
No tocante á reactivación económica, o titular autonómico reafirmou non só o compromiso cos principais sectores estratéxicos –como a través da aposta pola galeguidade de Reganosa-, senón cos plans de dinamización do Plan Ferrol para intentar atraer novas inversións. “Os presupostos da Xunta –aseverou- non baixan nin un só euro a partida para o Plan Ferrol, cuxos resultados no que vai de ano son unha inversión de 6 millóns de euros para políticas de emprego, que permitiron crear 828 empregos en 198 empresas. E mobilizamos inversións por case 90 millóns de euros en novos proxectos industriais que xerarán 450 postos de traballo”.
Así mesmo, Feijóo afirmou que “a Xunta dará a batalla para que o Goberno central, en lugar de ignorar aos principais sectores produtivos desta comarca, os apoie de xeito decido”. “A Xunta dará a batalla para que, cando o Goberno socialista esqueza á economía ferrolá, Bruxelas o evite como fixemos no pasado tanto co carbón como co naval; e como o volveremos a facer a próxima semana durante unha visita á capital comunitaria. Cando o Goberno central aproba un decreto que condena o desmantelamento das centrais térmicas galegas; cando o Goberno central ignora a reivindicación xusta de que se levante o veto á construción naval civil sobre os estaleiros desta terra; ou cando non presuposta nin o AVE a Ferrol nin a conexión ferroviaria ao Porto Exterior; o Goberno central non está dando a batalla a favor de Ferrol, senón ignorando Ferrol”.
Xacobeo, diálogo social e fusión das caixas: planificación, galeguismo e confianza
Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que, nun momento de dificultades como o que estamos a vivir, é a través da dedicación colectiva e do entusiasmo compartido como poderemos superar con maior facilidade os problemas; e referiuse ao Xacobeo, ao diálogo social e á fusión das caixas de aforro como tres situacións nas que rexe a planificación, unha idea consistente de Galicia e a confianza en nós mesmos.
Sobre o Xacobeo, que cualificou de “gran empresa colectiva”, Feijóo aseverou que non hai mellor desmentido ao illamento secular de Galicia que o Camiño de Santiago, “que dá forma ao mundo occidental”. “Mobilizáronse recursos, modernizáronse estruturas, fíxose unha programación que combina sen interferencias o sagrado co profano. A pesar da crise, as cifras indican que o Xacobeo está sendo este ano un dos nosos grandes motores económicos, con máis peregrinos que en ningún outro momento da súa historia e con grandes fitos, como a visita do Papa Benedicto XVI fai uns días”.
“En segundo lugar, alcanzamos tamén o Acordo do Diálogo Social entre a Xunta, a patronal e os sindicatos. Cun enorme sentido de responsabilidade digo que espero que Galicia sexa o prólogo dun país novo que deixe de estar á defensiva; un país novo que, en lugar de frustracións e folgas xerais, funda pensamentos, ideas, e esperanzas para afrontar a absoluta prioridade do momento actual: a creación de emprego e o mantemento do Estado do Benestar”.
A proba de que hai intereses superiores que sobrepasan discrepancias menores a atopamos, segundo Feijóo, no terceiro dos exemplos: a fusión das caixas de aforro. “Grazas ao proceso de unidade e de responsabilidade financeira, hoxe podemos dicir aos galegos, aos seus sectores produtivos, aos seus aforradores, que Galicia terá unha caixa propia, que o Consello da Xunta autorizará dentro dunha semana e que, así, será unha realidade como comprometemos antes do próximo mes de decembro”.
A Xunta, un Goberno previsible
Feijóo afirmou que non hai nada peor que un Goberno imprevisible empeñado en despistar aos seus propios cidadáns e resaltou que, pola contra, “a Xunta é un Goberno previsible”. “A nosa realidade está chea de problemas e require sacrificios, pero nela asoma igualmente un PIB que creceu durante dous meses consecutivos por riba da media española, e unha taxa de desemprego que aínda está lonxe do que se rexistra no conxunto de España”.
“A nosa realidade é unha política fiscal coherente que nos leva a estar en contra da subida do IVA e a poñer en práctica unha redución selectiva de impostos que outorgue confianza aos consumidores e inversores e axude a desbloquear o mercado. Así, nos cen primeiros días de goberno, a Xunta rebaixou á metade os impostos derivados da compra de vivenda. A boa recepción desta medida animounos a afondar nela, e aprobar unha segunda rebaixa fiscal para lograr que a adquisición dunha vivenda nova sexa catrocentos euros máis barata e mil cincocentos a vivenda usada”.
Estabilidade presupostaria
O presidente autonómico explicou que a xestión económico-financeira do Goberno galego ten como base os principios de rigor, prudencia, eficiencia e austeridade. Principios aplicables tanto á presupostación como á execución. “Á nosa chegada ao goberno atopámonos un presuposto de ingresos totalmente irreal e inalcanzable e aplicando estes principios, conseguimos que a nosa liquidación presupostaria de 2009, incluso unha vez aplicados os axustes de contabilidade nacional, cumprira o obxectivo de estabilidade presupostaria, ao non superar o déficit do 1%. Fomos das poucas comunidades españolas que cumpriu o obxectivo”.
Feijóo afirmou que o presuposto 2010 se deseñou e se está executando baixo estes mesmos parámetros, “co que a liquidación que presentaremos cumprirá tamén o déficit acordado no Consello de Política Fiscal e Financeira, e ese mesmo compromiso –avanzou- o asumimos tamén nas contas do próximo ano 2011”.
Unha Comunidade fiable e solvente
Na súa intervención, referiuse tamén á obsesión por pagar o máis rápido posible aos provedores, e subliñou que os tempos medios de pago se sitúan hoxe en 25 días de media, “desde que entra a factura no noso poder ata que se realiza a transferencia bancaria, converténdonos na comunidade con menores tempos de pago de toda España”.
Nesa liña de transmitir confianza aos mercados, lembrou, tamén, a aposta pola capitalización das empresas galegas, mediante unha dedución no IRPF pola adquisición de accións e participacións sociais que pode alcanzar o vinte por cento do aportado. “Así mesmo, se aplicará outra dedución pola inversión en accións de sociedades que coticen no Mercado Alternativo Bursátil, a fin de que as empresas de mediano tamaño podan capitalizarse con máis facilidade”.
Logo de remarcar que só cos 2.600 millóns de euros que o goberno anterior gastou sen fondos se podería financiar toda a política de benestar da Xunta durante toda a lexislatura, afirmou que “seguiremos insistindo en que, primeiro, Galicia non teña que realizar ningunha devolución de débeda ata que recupere a senda do crecemento económico e a creación de emprego. Seguiremos insistindo en aplicar o período de pago, para que non teñamos que pagar en cinco anos o que o Goberno central devolverá en 15. Seguiremos insistindo en que debemos recibir o Fondo de Cooperación, porque así o recolle o modelo de financiamento. Seguiremos insistindo, en definitiva, en que as comunidades non podemos pagar as malas contas do Estado”.
Por último, Feijóo salientou que o Goberno galego “completará o programa de austeridade que temos en marcha, coa aplicación, por exemplo, do Plan de Racionalización da Administración paralela para buscar as máximas eficiencias”.
O presidente da Xunta afirmou que “é unha prioridade poder presentarnos nos mercados como unha Comunidade fiable e solvente, en lugar de engordar o déficit público con medidas de dubidosa necesidade, como os 8.000 millóns de euros do Plan E. Porque nós si queremos priorizar, seguiremos traballando para garantir a estabilidade presupostaria, como xa fixemos en 2009 e como volveremos a facer en 2010”.
“É unha prioridade –engadiu- dar sentido a cada euro público que se inviste para que teña un beneficio para os cidadáns; en lugar de apoiar medidas insolidarias como o cheque-bebé para todos, a subida indiscriminada do IVA ou os aumentos constantes da luz. Porque nós si queremos priorizar estamos traballando para que os presupostos do ano que ven blinden os servizos públicos esenciais, eviten o desplome da inversión, e sexan un apoio efectivo aos emprendedores. E é unha prioridade defender os intereses xerais, en lugar de desentenderse das necesidades duns cidadáns para poder beneficiar a outros”.
Pola contra, destacou: “que o Goberno central ignore practicamente un proxecto cultural internacional como é o Xacobeo non é defender os intereses xerais. Que o Goberno central aprobe un decreto que conduce ao desmantelamento das centrais térmicas galegas non é defender os intereses xerais. Que o Goberno central esquive calquera posibilidade de negociar o levantamento do veto á construción naval civil non é defender os intereses xerais. Que o Goberno central eluda a súa responsabilidade para apoiar unha das principais factores navais do país, como Vulcano, non é defender os intereses xerais”.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta