La Federación Española de hosteleros galardona al Centro Superior de Hostelería de Galicia

A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE HOSTELERÍA RECOÑECE AO CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA POLO SEU LABOR FORMATIVO DE DIRECTIVOS HOTELEIROS E XESTORES EN COCIÑA

 La Federación Española de Hostelería otorga un reconocimiento al Centro Superior de Hostelería de Galicia por su labor formativa de directivos hosteleros y de gestores en cocina. La entrega de premios tendrá lugar el próximo 30 de noviembre en Valladolid y a ella asistirá la secretaria general para el turismo María Carmen Pardo López.

  • Os galardóns están recoñecidos como os máis importantes do sector e premian os valores de máis alta cotización na valoración social das empresas.
  • A entrega de premios terá lugar o próximo 30 de novembro en Valladolid, e a ela asistirá a secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo López.

 

Santiago, 5 de novembro de 2010.- O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vén de ser recoñecido polo seu labor formativo de directivos hoteleiros e xestores de cociña pola Federación Española de Hostelería (FEHR) na que é a IV Edición dos Premios Nacionais de Hostelería.  

 Os premios FEHR, anunciados na súa web www.hosteleriadigital.es, van dirixidos aos empresarios e empresas afiliadas ás asociacións que forman a federación e que son xa recoñecidos como os máis importantes do sector. A Federación está formada polas asociacións de hosteleiros de toda España, entre as que están nove entidades galegas. A entrega de premios terá lugar o próximo 30 de novembro no Teatro Calderón de Valladolid, acto no que estará presente a secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo, acompañada da directora da escola, Patricia Cuevas.

 Os galardóns pretenden premiar os valores de máis alta cotización na valoración social das empresas: a traxectoria empresarial, o compromiso coa calidade, a innovación tecnolóxica, a seguridade alimentaria, o compromiso coa calidade, a innovación tecnolóxica, a seguridade alimentaria, a responsabilidade social e medioambiental e a promoción da cultura.

 Este galardón súmase a outros recoñecementos de destacado valor, como o da cadea hoteleira Hyatt&Hotel Resorts, que elexiu ao Centro Superior de Hostelería de Galicia, adscrito á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia S.A. (Turgalicia), por segundo ano consecutivo entre as 20 mellores escolas de Europa para competir no certame ‘Hyatt Studente Prize 2010’, que terá lugar o próximo 9 de decembro de 2010. Segundo a cadea, os motivos desta elección están “na sólida reputación internacional do CSHG, un plan de estudos de elite e a calidade dos seus alumnos”.

 Cadeas tan prestixiosas como a Ritz-Carlton tamén pasaron polo CSHG a comezos deste ano, ás que se sumarán Barceló, NH, Sol Meliá, Fiesta, Marriot, Sheraton, Vincci, AC, Hesperia, Accor, Riu, Paradores, Iberostar, Hyatt ou Mandarín, entre outras.

Un comentario sobre “La Federación Española de hosteleros galardona al Centro Superior de Hostelería de Galicia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s