Los ecologistas gallegos dicen que el PP «ratifica la condena a muerte del río Umia»

 

Foto: galeon.com

 

 

El Parlamento Gallego debatió el pasado miércoles dos propuestas no de Ley sobre la situación y soluciones para el río Umia

 O Parlamento Galego debateu o mércores dúas proposicións non de Lei sobre a situación e as solucións para o río Umia.

  O GRUPO DO PP RATIFICA A CONDEA A MORTE DO UMIA -El grupo del PP ratifica la condena a muerte del Umia, asegura la asociación ecologista Adega

 Ante o debate que sobre a situación do río Umia que tivo lugar o mércores no Parlamento Galego, ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Umia queren manifestar:

1. Alédanos escoitar que tamén o grupo de goberno amósase preocupado pola salubridade da auga potable de Caldas de Reis: non podería ser doutra maneira dun grupo de goberno no que (a marxe de demagoxias sobre o que fixo ou deixou de facer o bipartito) descansa a responsabilidade (organismo autónomo de Augas de Galiza) de asegurar a calidade de auga do río e a responsabilidade (Consellería de Sanidade) de garantir que os concellos poidan subministrar á cidadanía unha auga potábel con todas as garantías de salubridade.

2. Tendo en conta o anterior, indígnanos escoitar as propostas que, dende o PP se ofrecen para solucionar o grave problema da proliferación explosiva de cianobacterias do xénero Microcystis aeruginosa nas augas do encoro de Caldas. 

É certo que esta contaminación non é específica do encoro de Caldas, que dase tamén noutros encoros como no de As Forcadas en Valdoviño ou no de Belesar na bacía do Miño. Mais temos que recordarlle ao grupo de goberno (e ao propio goberno da Xunta) que, no caso do encoro de Caldas,
a) estamos ante un encoro financiado integramente con cartos públicas coa xustificación de garantir o abastecemento público de toda a comarca do Salnés;

b) e estamos ante un aproveitamento hidroeléctrico que, a maiores de todas as ilegalidades que o mesmo TSXG ten recoñecido en sentenza do 2002 anulando a declaración de utilidade pública, está absolutamente supeditado ao abastecemento público. Así consta na declaración de utilidade pública;  na Declaración de Impacto Ambiental do encoro e na Declaración de Efectos Ambientais do aproveitamento hidroeléctrico: “A concesión non comprometerá de nigún xeito a calidade das augas en función cos usos asistentes augas abaixo desta». Así o manda tamén a Lei de Augas que dispón que o abastecemento público ten absoluta prioridade sobre calquera outro uso (incluso sobre os usos ambientais) e así o estabece a Directiva Marco da Auga ao esixir que os plans hidrolóxicos  poñan a súa prioridade na calidade auga (máximo cando se destina á potabilización) e na calidade dos ecosistemas fluviais.

Xa que logo, non pode haber escusas: recuperar a concesión e abrir a o encoro para que o río volva a fluír libremente é a única medida efectiva que pode tomar unha administración cunha mínima sensibilidade pola xustiza e pola lei e cun mínimo de sentido común.

3. Dende ADEGA advertímoslle ao grupo Popular que estamos ante unha situación de emerxencia para a saúde pública pola contaminación por microcistina contra a que, como demostran as análises de auga que o Concello de Caldas ten publicado na súa web, de pouco serven os filtros de carbono activo, ou a oxidación con ozono, ou nen sequera a dilución con auga procedente da ETAP de Vilagarcia. Calquera pode ver que nestas análises o nivel de microcistina na auga da billa chega  a 0,5 microgramos por litro, nível altamente preocupante por canto é unha toxina con comprobados efectos de bioacumulación e indutora de tumores. E pódese comprobar tamén que, apesar de tan «sofisticado» tratamento con carbono activo e oxidación con ozono, a auga de Caldas resulta SANITARIA E LEGALMENTE IMPOTÁBEL (o seu pH de 5,2 está moi por baixo do pH neutro de 7 e tamén moi por baixo do nivel legal permitido ( 6,5 ) no anexo II do Decreto 140/2003 sobre calidade da auga potable.

Tampouco o grupo Popular debera esquecer que trátase tamén dunha situación de emerxencia para a saúde do río, para a fauna piscícola, para a súa biodiversidade, para a calidade dos ecosistemas fluviais e para os usos recreativos.

Finalmente, resulta dunha absoluta inmoralidade que un día despois de aprobar na chamada Lei de Augas de Galicza un canon que todos os consumidores imos ter que pagar para o financiamento de novas infraestruturas de tratamento e de depuración, dígasenos hoxe que temos que seguir soportando con cartos públicos e de por vida todos os sobrecustos de tratamento e depuración da auga potábel de Caldas e O Salnés sen máis razón para seguir mantendo o negocio privado do Sr Cortizo.

Dende ADEGA e dende a Plataforma para a Defensa do Umia  seguiremos defendendo a única alternativa que, en xustiza, por lei e por sentido común, existe para o río e para a salubridade da auga potable: recuperar a concesión hidroeléctrica e abrir definitivamente a presa para que o río volva a fluír libremente. Para iso traballamos e seguiremos traballando.

Rematamos cunha suxestión á presidencia do Parlamento que quixo desaloxar a membros da Plataforma por levar unha camiseta en defensa do río que só mostraba unha foto coa contaminación actual do encoro: esta situación de emerxencia non se resolve prohibindo a protesta pacífica dos cidadáns, senón facendo cumprir a legalidade vulnerada no seu día coa construción do encoro que hoxe síguese incumprindo.
            

O problema

Ano tras ano, dende o verán de 2006, no encoro de Caldas Umia vén reiterándose unha proliferación explosiva de cianobacterias do xénero Microcystis altamente preocupante para as poboacións que se abastecen do Umia e tamén para a saúde do río e dos seus ecosistemas asociados.

              A primeira preocupación provén da toxicidade da cianotoxina que libera a Microcystis ao morrer ou ser destruída: trátase dunha toxina, a microcistina, que segundo estudos da Organización Mundial da Saúde (OMS), ao ser inxerida ataca primeiramente ao fígado, pero tamén pode dar lugar a graves efectos neurotóxicos sobre o sistema nervioso central, a graves efectos intestinais e a irritación de ollos, pel, mucosas e do tecido epitelial en xeral. Tense probado que esta toxina pode inducir procesos tumorais (canceríxenos) pola súa bioacumulación ao longo do tempo e da cadea trófica. Isto fai que non haxa doses mínimas de seguridade.

Por outra banda, trátase dunha toxina contra da que, unha vez incorporada á corrente de auga, pouco poden facer incluso os máis esixentes procesos de depuración con carbono activo e con ozono: así o demostran as análises da auga do concello de Caldas, nas que a pesar dos tratamentos e dos reiterados cortes do subministro para a limpeza e reposición de filtros, non se conquire eliminar a toxina e, a maiores, xenérase un pH ácido, 5,2 co cal, conforme ao Decreto 140/2003 sobre calidade da auga potábel, esta auga nen sequera podería ser consumida.

               Mais esta contaminación está tamén acabando coasaúde do río, pois non só ten matado calquera outra forma de vida no encoro, senón que está a afectar á riqueza piscícola e demáis fauna fluvial augas abaixo da presa, así como á calidade e biodiversidade de todos os ecosistemas fluviais afectados non só polas cianotoxinas, senón tamén pola redución de osíxeno e luminosidade en toda a columna de auga. Portanto, para a poboación de Caldas e da comarca do Salnés que se abastece do río e para a cidadanía galega en xeral, esta é unha situación de verdadeira emerxencia á que lle hai que prestar a máxima prioridade.

           Dende ADEGA confiamos en que os parlamentarios e parlamentarias saiban asumir esta prioridade con absoluta independencia e sentido común e que, en consecuencia, dende a xustiza e o respecto pola lei, apoien unanimemente a proposta de declarar a incompatibilidade do encoro e do seu aproveitamento hidroeléctrico coa saúde do río e a saúde pública abrindo definitivamente a presa. Unha infraestrutura construida integramente con fondos públicos coa excusa de asegurar o abastecemento de toda a comarca do Salnés, que non cumpre estes obxectivos e mesmo pon en risco a saúde cidadá e ambiental, non ten ningunha razón de ser. Cando menos, esta debería ser unha proposta a estudar xunto con todas as demais que se podan propoñer.

                 Unha representación de ADEGA e da Plataforma pola defensa do Umia asistiu ao debate parlamentar para sermos testemuñas da sensibilidade das súas señorías a favor da saúde pública e da saúde do río: se de acordo coa Lei de Augas, o abastecemento á poboación ten absoluta prioridade (incluso por riba dos usos ambientais), se a Directiva Marco da Auga manda recuperar a calidade das masas de auga, non debera ningún Parlamento consentir que o negocio hidroeléctrico siga prevalecendo sobre a saúde da xente, do río e dos ecosistemas fluviais. 

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s