LÓPEZ-CHAVES: “CABALLERO LEVA 450 DÍAS BUSCANDO ESCUSAS PARA NON CONSTRUÍR O APARCADOIRO QUE COMPROMETEU NO HOSPITAL”

O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, lembrou que o alcalde de Vigo ten sen adxudicar a obra pese a que a anunciou hai máis de un ano
López-Chaves sinala que a Xunta foi dilixente na petición e devolución da documentación administrativa necesaria e recorda que o Concello tardou 7 meses en presentar o proxecto ante Augas de Galicia
Vigo, 07 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, saíu hoxe ao paso das declaracións feitas polo alcalde da cidade, Abel Caballero, ao respecto do aparcadoiro municipal que comprometeu nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC).

López-Chaves considerou que o rexedor vigués “leva 450 días buscando escusas para non construír o aparcadoiro que comprometeu” no contorno do HAC e nuns terreos cedidos gratuitamente por Zona Franca.

O delegado sinalou que, unha vez máis, Caballero “falta á verdade” porque foi o Concello de Vigo o que tardou máis de 7 meses en remitir o proxecto a Augas de Galicia, de xeito que “non se puido tramitar sen que o envíe a Administración interesada”. “Neste caso parece que o interesado tiña pouco interese porque tardou 7 meses en envialo”, dixo López-Chaves.

Por último, quixo deixar claro que a Administración autonómica foi dilixente coa petición e devolución da documentación administrativa necesaria e relativa ao proxecto do aparcadoiro municipal. “Un proxecto que”, coma matizou o delegado, “anunciou hai máis de un ano pero que aínda non adxudicou nin iniciou as obras”. “Sucedeu o mesmo co aparcadoiro que anunciou e ía a construír en Bouzas e que nada máis se soubo del”, finalizou.

VGO MAgazine

  • O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, lembrou que o alcalde de Vigo ten sen adxudicar a obra pese a que a anunciou hai máis de un ano
  • López-Chaves sinala que a Xunta foi dilixente na petición e devolución da documentación administrativa necesaria e recorda que o Concello tardou 7 meses en presentar o proxecto ante Augas de Galicia

Vigo, 07 de decembro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, saíu hoxe ao paso das declaracións feitas polo alcalde da cidade, Abel Caballero, ao respecto do aparcadoiro municipal que comprometeu nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC).

López-Chaves considerou que o rexedor vigués “leva 450 días buscando escusas para non construír o aparcadoiro que comprometeu” no contorno do HAC e nuns terreos cedidos gratuitamente por Zona Franca.

O delegado sinalou que, unha vez máis, Caballero “falta á verdade” porque foi o Concello de Vigo o…

Ver la entrada original 114 palabras más

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s