RECHAZO ERES
Traballadores/as da seguridade privada iniciarán o luns 21 de xaneiro unha marcha a pé reivindicativa dende o Cebreiro a Compostela
- En rexeitamento aos EREs que sufre o sector e contra das pretensións da patronal de descolgarse do convenio e impor acordos de empresa con condicións salariais e laborais á baixa
Compostela, a 18 de xaneiro de 2012
O vindeiro luns 21 de xaneiro, un grupo de traballadores e traballadoras da seguridade privada iniciará unha marcha a pé reivindicativa pola dignidade laboral do sector. A marcha iniciarase no Cebreiro ás 9:00 horas, desde a aldea do Cevreiro e rematará o sábado 26 en Santiago de Compostela, onde os participantes teñen previsto chegar sobre ás 17:30 horas á Praza do Obradoiro. Nesta emblemática praza realizarase unha “chourizada” popular sen pan, porque desde a CIG-Servizos advirten que “non hai pan para tanto chourizo”. A federación convida a asistir á viciñanza de Compostela e, nomeadamente, ao seu alcalde.
A acción de protesta, organizada pola CIG-Servizos, enmárcase no calendario de mobilizacións que os traballadores/as da seguridade privada están a realizar en defensa do emprego e dunhas condicións laborais e salariais dignas fronte as pretensións da patronal de descolgarse do convenio colectivo e impor acordos de empresa á baixa, precarizando deste xeito aínda máis as retribucións económicas do persoal e as súas condicións de traballo.
Fronte as pretensións da patronal, a CIG-Servizos xa advertiu que se oporá a calquera descolgue salarial, convenio de empresa, modificación do convenio ou ERE, e que se levará adiante unha dura loita na defensa dos empregos e por unhas condicións laborais e salariais digna para o conxunto dos traballadores/as do sector.
A marcha cubrirase nas seguintes etapas:
– Día 21: O Cebreiro – Calvor (31 km).
– Día 22: Calvor – Portomarín (31km)
– Día 23: Portomarín – Palas de Rei (25 km)
– Día 24: Palas de Rei – Arzúa (28.8 Km)
– Día 25: Arzúa – Pedrouzo (Arca) (19 Km)
– Día 26: Pedrouzo – Compostela (20km)
[…] 21 de xaneiro de 2012.- Traballadores e traballadoras de seguridade privada iniciaron este luns a marcha a pé reivindicativa pola dignidade laboral no sector. Malia a dura xornada as/os camiñantes avanzaron pola neve até Triacastela e este martes, día 22 […]
Me gustaMe gusta