Trabajadores de la seguridad privada inician la marcha a pie desde O Cebreiro a Compostela entre la nieve contra los EREs del sector

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

CONTRA ERES

Contra os EREs no sector, a pretensión de descolgues de convenio da patronal e as rebaixas das condicións salariais e laborais

Traballadores/as de seguridade privada inician a marcha a pé desde o Cebreiro a Compostela entre a neve

 

Compostela, 21 de xaneiro de 2012.- Traballadores e traballadoras de seguridade privada iniciaron este luns a marcha a pé reivindicativa pola dignidade laboral no sector. Malia a dura xornada as/os camiñantes avanzaron pola neve até Triacastela e este martes, día 22 de xaneiro teñen previsto realizar a etapa Triacastela-Sarria. Con esta marcha pola dignidade pretenden denunciar a intención das grandes empresas de seguridade de rebaixar as condicións salariais e sociais, incrementar a xornada anual, conxelacións de antigüidade e perda das pagas extra.

 

Malia as inclemencias meteorolóxicas manteñen a previsión de chegar a Compostela o sábado 26 e facer unha “chourizada popular” na propia Praza do Obradoiro contra as 17:30 horas. Con esta simbólica acción a CIG-Servizos quere denunciar que “non hai pan para tanto chourizo”. Por iso, convidan á veciñanza de Compostela e tamén ao seu alcalde a participar neste evento reivindicativo.

A marcha pola dignidade enmárcase no calendario de mobilizacións que os traballadores/as da seguridade privada están a desenvolver en defensa do emprego e dunhas condicións laborais e salariais dignas fronte as pretensións da patronal de descolgarse do convenio colectivo e impor acordos de empresa á baixa, precarizando deste xeito aínda máis as retribucións económicas do persoal e as súas condicións de traballo.  

Fronte as pretensións da patronal, a CIG-Servizos xa advertiu que se oporá a calquera descolgue salarial, convenio de empresa,  modificación do convenio ou ERE, e que se levará adiante unha dura loita na defensa dos empregos e por unhas condicións laborais e salariais digna para o conxunto dos traballadores/as do sector.

As seguintes etapas serán:

–          Día 22: Triacastela – Sarria (31km)

–          Día 23: Portomarín – Palas de Rei ( 25 km )

–          Día 24: Palas de Rei – Arzúa ( 28.8 Km )

–          Día 25: Arzúa – Pedrouzo (Arca) ( 19 Km )

–          Día 26: Pedrouzo – Compostela (20km)

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s