El gobierno gallego introduce la figura del mediador en la futura Ley de Protección del Consumidor

JAVIER GUERRA ADIANTA QUE A XUNTA XA TEN AVANZADO O ANTEPROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR QUE CREARÁ A FIGURA DO MEDIADOR PARA AXILIZAR A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 La Xunta prepara el anteproyecto de la Ley de Protección del Consumidor que creará la figura del mediador para agilizar la resolución de conflictos

  • O conselleiro adiantou que o novo texto legal no que se traballa apostará por potenciar a axilidade e a eficacia que ofrecen as fórmulas habilitadas para a resolución extraxudicial dos conflitos a través da mediación e a arbitraxe
  • A regulamentación contribuirá tamén a incrementar a seguridade dos consumidores nos nosos mercados, e garantirá a seguridade xurídica aos nosos profesionais e empresarios
  • O Plan de Choque de Arbitraxe de Consumo posto en marcha por Economía e Industria multiplicou por dous o número de laudos arbitrais
  • Estes datos acadáronse grazas á potenciación de arbitraxes unipersoais e por grupos de empresas e materias, implicando ás tres universidades galegas na xestión da arbitraxe e aumentando o número de audiencias arbitrais a unha media de tres semanais nas sete sedes do IGC, por riba da audiencia semanal anterior herdada

 

Santiago, 18 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, avanzou hoxe en Santiago que o Goberno da Xunta, “na procura de avanzar nas políticas de protección ao consumidor a través de iniciativas concretas que supoñen un avance significativo no exercizo activo dos dereitos das persoas consumidoras, vai seguir desenvolvendo no ano 2011 unha estratexia encamiñada a facer máis áxiles e eficaces os mecanismos de protección da cidadanía coa aprobación dunha nova Lei de Protección do Consumidor de Galicia, que se sumará ao Plan de Choque de Arbitraxe de Consumo”.

 

Javier Guerra apuntou ante os medios de comunicación que “a estratexia de fornecemento da política de protección ao consumidor da Xunta de Galicia vai continuar contando cos esforzos da Consellería de Economía e Industria, e plantexamos a consecución dun obxectivo máis ambicioso, como é a aprobación da nova Lei de Protección do Consumidor de Galicia”.

 

O conselleiro adiantou que o novo texto legal no que se traballa apostará por potenciar a axilidade e a eficacia que ofrecen as fórmulas habilitadas para a resolución extraxudicial dos conflitos a través da mediación e a arbitraxe, “e por este motivo crearemos a figura do mediador para tratar de evitar, como paso previo, chegar a un procedemento de arbitraxe, introducindo un procedemento pioneiro para chegar a acordos”.

 

Javier Guerra avanzou que coa nova normativa “contribuirase a incrementar a seguridade dos consumidores nos nosos mercados, garantirase a seguridade xurídica aos nosos profesionais e empresarios, e axilizaranse os procedementos de solución de conflitos dos consumidores, potenciando a mediación e a arbitraxe de consumo”.

 

“A nova Lei”, apuntou o conselleiro, “contemplará dous principios fundamentais, como son o establecemento dun rigoroso sistema de dereitos que garanta a axeitada protección dos consumidores, e a configuración de instrumentos legais e administrativos que permitan que estes dereitos sexan efectivos”.

 

Obxectivos cumpridos

O conselleiro de Economía e Industria quixo salientar tamén ante os medios de comunicación que o traballo da Xunta de Galicia en beneficio dos consumidores xa se iniciou co Plan de Choque de Arbitraxe de Consumo posto en marcha polo seu departamento a través do Instituto Galego de Consumo, e que acadou un incremento do 217% no número de laudos arbitrais ditados.

 

O traballo do Instituto Galego de Consumo e as cifras acadadas “implican a superación, con creces, do obxectivo marcado de incrementar nun 35% o número de laudos arbitrais, mantendo ademais a estabilidade no número de reclamacións, que apenas se viu incrementado, evitando que estes conflitos menores acaben na xustiza ordinaria”.

 

Estes datos acadáronse, explicou o conselleiro, “grazas á potenciación de arbitraxes unipersoais e por grupos de empresas e materias, priorizando sectores como o das telecomunicacións, implicando ás tres universidades galegas na xestión da arbitraxe e aumentando o número de audiencias arbitrais a unha media de tres semanais nas sete sedes do IGC, por riba da audiencia semanal anterior do sistema herdado”.

 

O esforzo e a estratexia da Consellería de Economía e Industria na posta en marcha do Plan de Choque de Arbitraxe de Consumo 2010 conqueriu tamén unha notable redución dos tempos de resolución dos conflitos extraxudiciais entre consumidores e empresas, moi por debaixo dos atascos de até dous anos herdados, un tempo incompatible con este sistema áxil e extraxudicial de resolución de conflitos.

Anuncio publicitario

Un comentario sobre “El gobierno gallego introduce la figura del mediador en la futura Ley de Protección del Consumidor

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s