José Ramón Lete Lasa asiste á V Gala Anual do COE en que o palista galego recibiu o premio aos Valores Olímpicos
El secretario general para el Deporte de la Xunta de Galicia felicita al palista gallego por recibir el premio a los Valores Olímpicos de manos del COE
O SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE FELICITA A DAVID CAL POLO RECOÑECEMENTO DO COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL
Madrid, 15 de decembro de 2010.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, felicitou hoxe a David Cal polo recoñecemento que recibiu por parte do Comité Olímpico Español (COE). Lete Lasa participou esta tarde na V Gala Anual do Comité Olímpico Español, en que o palista galego foi galardoado co premio aos Valores Olímpicos, que tamén recolleron o selecionador nacional de fútbol Vicente del Bosque e o ministro de Educación, Ángel Gabilondo.
Nado en Cangas en 1982, David Cal protagoniza unha traxectoria deportiva ateigada de éxitos, entre os que destacan as súas actuacións nos Xogos Olímpicos de Atenas en 2004, en que obtivo unha medalla de ouro e outra de prata, e nos Xogos de 2008 en Pequín, cando acadou dúas medallas de prata. Estes bos resultados fixérono merecedor da Medalla de Ouro de Galicia no ao 2004, a Medalla de Ouro da Deputación de Pontevedra e a Medalla de Bronce da Real Orden do Mérito Deportivo. Ademais, foi elixido como o mellor deportista español e mellor deportista galego en varias ocasións. En 2005 recibiu o Premio Nacional do Deporte don Felipe de Borbón e en 2006 o Consello Superior de Deportes fíxolle entrega da Medalla de Ouro da Real Orden do Mérito Deportivo.
No acto desta tarde tivo tamén lugar a entrega da segunda edición dos premios da Fundación SOS, que tiveron entre os seus nominados a galega Fundación Fedys (Fundación de educación, deporte y salud).
[…] Actualizados : La Xunta felicita al palista David Cal por recibir el premio a los Valores Olímpicos del COE El Museo del Ferrocarril de Asturias abre el Aula Feve destinada a los visitantes infantiles […]
Me gustaMe gusta