La Xunta aprobará antes de que acabe el año el Plan de Ordenación del Litoral (POL) y las directrices de ordenación del territorio

O CONSELLO DA XUNTA APROBARÁ ANTES DE QUE REMATE O ANO AS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, O PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL E O PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS URBANOS DE GALICIA

 El Consello de la Xunta aprobará de que concluya el año las directrices de ordenación del territorio, el plan de ordenación del litoral y el plan de gestión de residuos urbanos de Galicia.

  • Diciembre será un mes clave para lograr que la organización territorial de Galicia deje de ser una materia pendiente

 

  • Decembro será un mes clave para lograr que a organización territorial de Galicia deixe de ser unha materia pendente

 

Santiago, 9 de decembro de 2010.- A Xunta de Galicia mantén a súa folla de ruta para que a ordenación do territorio da comunidade autónoma poida completarse a partir deste mes de decembro. Tal e como anunciara o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) serán aprobadas provisionalmente de forma inminente polo Consello da Xunta de Galicia, e posteriormente farase o propio coa aprobación do Plan de Ordenación do Litoral (POL). Ambos instrumentos remataron con éxito a fase de información pública e atópanse nestes intres na fase de integración dos cambios estimados.

 Por outra banda, o novo Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos 2010-2020 será outro dos documentos de futuro que serán aprobados polo Goberno galego antes de que remate o ano.

 

Directrices do Territorio

O primeiro instrumento de ordenación territorial que será aprobado neste mes de decembro será as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), un documento que establecerá as regras de xogo para a implantación dos usos e actividades en coherencia coas políticas sociais, económicas, culturais e ambientais.

 As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia fan propias as liñas de acción fundamentais da política territorial da Unión Europea: o desenvolvemento dun sistema equilibrado e policéntrico de cidades e unha nova relación entre campo e cidade; a garantía dun acceso igualitario ás infraestruturas e ao coñecemento; a protección da natureza e do patrimonio cultural;  e o desenvolvemento sustentable

 Con esta aprobación pecharase un proceso que comezara en 1995 coa aprobación no Parlamento da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia e que pasou unha dificultosa tramitación:

  • 1997: primeira contratación das directrices.
  • 2004:avance.
  • 2008:aprobación inicial, anulada por defectos na súa tramitación ambiental.
  • 2010 (xuño): nova aprobación inicial das DOT e inicio do proceso de participación pública e consultas.
  • 2010 (decembro): aprobación provisional das DOT.

           Coa aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio, o Goberno galego non só dá cumprimento ao mandato legal previsto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de Ordenación do Territorio de Galicia, senón que ademais pon de manifesto que o desenvolvemento sostible de Galicia é unha prioridade estratéxica da acción de Goberno da Xunta de Galicia, consciente de que o noso territorio é a base sobre a que se debe sustentar o crecemento equilibrado da nosa economía  e a nosa calidade de vida.

 As Directrices establecen unha nova estrutura de asentamentos en Galicia, co obxectivo principal de desvincular a planificación territorial supramunicipal dos avatares políticos e da falta de consenso nos ámbitos metropolitanos, xa que -deste xeito- se independiza a planificación territorial das rexións e áreas urbanas da organización política e dos entes administrativos metropolitanos.

 Trátase dunha proposta que mantén a mesma estrutura e niveis de asentamento que os anteriores documentos aprobados en Galicia, aínda que se contemplaron algunhas modificacións na clasificación dos núcleos. Deste xeito defínense catro niveis básicos de asentamentos:

 

  • Rexións e áreas urbanas: son espazos dinámicos de crecemento económico e de poboación, nos que son necesarios os procesos de planificación e de coordinación. As áreas urbanas son aqueles espazos configurados ao redor das sete maiores cidades de Galicia: A Coruña, Vigo, Santiago, Ourense, Lugo, Pontevedra e Ferrol. Como resulta da intensidade dos procesos metropolitanos existentes nas contornas das áreas da Coruña e Ferrol, por unha banda; e Vigo e Pontevedra, por outra, xorden as Rexións urbanas Ártabra e das Rías Baixas.  
  • Sistema urbano intermedio: formado por núcleos de mediano tamaño entre os 7.000 e os 40.000 habitantes, centros dinámicos social e economicamente enfocados a asumir unha maior centralidade e protagonismo.
  • Nodos para o equilibrio do territorio:Núcleos distribuidos polo territorio para fixar poboación, dotar de servizos e impulsar novas actividades e centralidades.
  • Resto de núcleos de importancia municipal.

 

O documento que se aprobará neste mes presenta un carácter continuísta cos anteriores aprobados, aínda que se trata nunha evolución baseada na mellora e actualización dos seus contidos, especialmente no que atinxe ao medio rural, ao medio ambiente e á sostibilidade.

 Logo do proceso de información pública levado a cabo desde o 1 de xullo ao 1 de setembro, as DOT atópanse ultimando os detalles cara á súa aprobación provisional, que terá lugar nos vindeiros días. Este paso –coa firma do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas- precede á elevación do documento ao Consello de Goberno da Xunta para a súa posterior tramitación parlamentaria.

 Plan de Ordenación do Litoral

Durante este mes de decembro terá lugar outro fito transcendental de cara a acadar a anhelada ordenación territorial da comunidade galega: a aprobación provisional do Plan de Ordenación do Litoral (POL), un traballo de planificación que integra as políticas de protección, ordenación e xestión do territorio e da paisaxe.

 O POL é o froito dunha intensa e minuciosa análise do territorio litoral galego co obxectivo de acadar un plan feito á medida de Galicia, que teña en conta a complexidade e riqueza de cada palmo da costa –no só dos primeiros 500 metros- e no que se contou coa participación de todos os axentes sociais vinculados. Neste senso, hai que subliñar que desde o comezo da súa tramitación toda a información e o material do POL estivo a disposición pública na web creada ad hoc, polo que o proceso de participación cidadá acadado foi unha das maiores satisfaccións do equipo redactor.

 O Plan do Litoral, que ordena e protexe tres veces máis hectáreas que a anterior prohibición de edificación nos 500 metros do litoral, naceu con vocación de consenso e de permanencia no futuro e co obxectivo claro de pechar este ano un proceso que comezou en 2006 coa  Lei 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. Os principais fitos deste proceso son:

 –         2007.-  PARALIZACION E MEDIDAS CAUTELARES

  • 11 maio: lei medidas urxentes. Paralización da construción nos 500 metros.
  • 24 maio: acordo do Consello da Xunta da redacción do Plan Territorial Integrado do Litoral nos municipios da citada lei.

–         2009.- ELABORACIÓN DO DOCUMENTO E TRABALLO COS CONCELLOS

  • Febreiro: Documento de Inicio.
  • Abril: Documento de Referencia Ambiental.
  • 8 maio 2009: Publicación do Acordo no DOG.
  • 15 maio 2009: Prórroga da suspensión.
  • Maio – novembro 2009: Sesións de traballo cos concellos.
  • Decembro 2009: Presentación do documento ante o Consello da Xunta.

–         2010.- TRAMITACIÓN DO DOCUMENTO

  • Xaneiro: Presentación documento Previo Aprobación Inicial.
  • Febreiro: Inicio do trámite de audiencia de Corporacións e Organismos Competentes.
  • Maio: Extensión da orde de suspensión ata a Aprobación Inicial.
  • Xullo: Aprobación Inicial do Documento.
  • Decembro: Aprobación provisional do POL.

 

Para o desenvolvemento do Plan do Litoral  delimitouse un ámbito de estudo baseado na análise das concas vertentes que se axustou posteriormente para definir o Ámbito de Xestión que, circunscrito aos 82 municipios recollidos no acordo de Consello da Xunta do 24 de maio de 2007, alcanza unha superficie de 215.359 hectáreas.

 

Xestión de residuos

O novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos deseñado polo actual Goberno desenvolverase ata o ano 2020 tendo en conta 10 liñas estratéxicas de actuación, que implicarán a mobilización de 502 millóns de euros. Este proxecto recibiu un total de 68 alegacións relativas á valorización enerxética, o modelo de xestión, e o financiamento. No caso das alegacións dos concellos, que constitúen as entidades con maior participación no proceso, amosan as súas observacións con respecto da situación das infraestruturas propostas no Plan; os grupos políticos solicitan entre outros aspectos medidas específicas relativas á prevención da toxicidade dos residuos e de saúde laboral en relación coa súa xestión.

 Despois da análise das alegacións, decidiuse engadir novos obxectivos ambientais, afinar máis os obxectivos de valorización material de envases lixeiros diferenciando envases de plástico e metálicos, así como engadir referencias á integración paisaxística. Tamén se analiza a posibilidade de promover acordos entre os comercios de proximidade para a recollida da fracción aos colexios e empresas.

 A Xunta actuarán nesta materia en base a tres grandes retos: en primeiro lugar, estabilizar a produción de  lixo durante a primeira fase do Plan e lograr que en 2020 a poboación galega produza un 10% menos respecto dos 1,2 millóns de toneladas que se xeran na actualidade (1,216 quilos por habitante/día).

 En segundo lugar, preténdese diminuír progresivamente os residuos que van a parar a vertedoiros ata lograr que en 2015 o 100% do lixo que se xera en Galicia se trate correctamente. Isto supón que mentres na actualidade lévase a vertedoiros controlados o 53% dos RSU xerados, o obxectivo é reducir a porcentaxe ata o 24%, depositando só aqueles residuos que non poden ser valorizados, basicamente rexeitamentos non combustibles, cinzas e escouras procedentes da valorización.

 O terceiro gran eixo da nova política de residuos será o incremento da reutilización e a reciclaxe dos residuos ata un 30% do total dos residuos sólidos xerados, fronte ao 10% actual. Este obxectivo se logrará mediante a valorización material do 25% da materia orgánica (fundamentalmente a través da compostaxe), o 60% do vidro, o 50% do papel e cartón e o 50% dos envases lixeiros.

 Sen dúbida a colaboración cidadá é fundamental, xa que o primeiro paso é que os cidadáns interioricen nos seus fogares políticas de reutilización e reciclaxe. A concienciación será unha peza fundamental, co fin de incrementar o coñecemento dos cidadáns respecto do sistema. Trátase en definitiva de potenciar a chamada estratexia das tres R’s (redución, reutilización, reciclaxe)

Anuncio publicitario

Un comentario sobre “La Xunta aprobará antes de que acabe el año el Plan de Ordenación del Litoral (POL) y las directrices de ordenación del territorio

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s