La Ruta Xacobea consolida el hermanamiento con el Camino de Kumano en Japón

CULTURA E TURISMO AVANZA COA PREFECTURA DE WAKAYAMA AS LIÑAS DE COLABORACIÓN PARA A PROMOCIÓN CONXUNTA E CONSOLIDACIÓN DO IRMANDAMENTO DA RUTA XACOBEA E DO CAMIÑO DE KUMANO EN XAPÓN

Foto: mundoturistico.es
  • O conselleiro de Cultura e Turismo e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo recibiron a unha delegación institucional da Prefeitura de Wakayama para fixar accións conxuntas de promoción turística e cultural.
  • A colaboración pretende consolidar o irmandamento do Camiño de Santiago co Camiño de Kumano, recoñecidos ambos os dous como Patrimonio da Humanidade.
  • Entre os proxectos xa en marcha, Wakayama acolle ata o 31 de decembro a mostra ‘Galicia e o Camiño de Santiago’, unha escolma de fotografías en branco e negro de Luís Alonso Ocaña sobre o Camiño francés, Santiago de Compostela e a súa Catedral.

 

Santiago, 8 de decembro 2009.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, veñen de recibir a unha delegación institucional da Prefectura de Wakayama co obxecto de avanzar en proxectos conxuntos de promoción cultural e turística entre Galicia e Xapón. O encontro serviu ademais para consolidar o irmandamento do Camiño de Santiago co Camiño de Kumano, formalizado en 1998, dous camiños espirituais que unen Galicia e Xapón e que contan co recoñecemento de Patrimonio da Humanidade.

 

A reunión mantida en San Caetano estableceu como prioridade o intercambio de coñecementos e experiencias entre os responsables dos Camiños –Camiño de Kumano e Camiño de Santiago- tanto na xestión dos camiños de peregrinación como na súa promoción.

 

Nesta liña de traballo, o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo asistiu en novembro de 2009 na Prefectura de Wakayama ao Foro do V aniversario da inclusión do Kumano Kodo no rexistro de Patrimonios da Humanidade da Unesco. Esta acción pretendía afirmar a relación entre os dous Camiños e darlle unha perspectiva internacional á promoción do Xacobeo 2010.

 

Galicia e o Camiño de Santiago

En 2010 o itinerario europeo chegou a Xapón coa exposición “Galicia e o Camiño de Santiago”, unha selección de fotografías en branco e negro de Luis Alonso Ocaña sobre o Camiño francés, Santiago de Compostela e a súa Catedral.

 

Con motivo do Ano Xacobeo e da presidencia española da Unión Europea, a embaixada de España en Xapón en colaboración con Xacobeo 2010 puxo en marcha esta exposición itinerante que pasou por diversas cidades do país nipón (Kobe, Otaki, Nagano e Shima) ata concluír a súa particular peregrinación na meta espiritual de Wakayama. Coincidindo co final do Ano Santo, a exposición permanecerá aberta en Wakayama ata o 31 de decembro.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s