La Xunta y Fomento firman acuerdos para ejecutar obras de mejora del patrimonio gallego por un millón de euros

CULTURA ASINA EN MADRID CATRO CONVENIOS DE COLABORACIÓN CO MINISTERIO DE FOMENTO PARA EXECUTAR OBRAS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO GALEGO POR MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS

 La Consellería de Cultura firma en Madrid cuatro convenios de colaboración con el Ministerio de Fomento para ejecutar obras de puesta en valor del Patrimonio Gallego por más de un millón de euros

  • El director general de Patrimonio Cultural formalizó junto con el ministro José Blanco  la firma de los convenios destinados a la restauración y puesta en valor del Camino Francés en Sarria y Portomarín, en la provincia de Lugo, además de los acuerdos referidos a las obras de reparación de las cubiertas de los monasterios de Santa María de Melón y San Cristovo de Cea, en la provincia de Ourense

 

  • O director xeral do Patrimonio Cultural, en representación do conselleiro Roberto Varela, formalizou xunto ao ministro José Blanco a sinatura dos convenios destinados á restauración e posta en valor do Camiño Francés en Sarria e Portomarín, na provincia de Lugo, ademais dos referidos ás obras de reparación das cubertas dos mosteiros de Santa María de Melón e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense.

 

Madrid, 2 de decembro de 2010.- O director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, asinou esta tarde en Madrid catro convenios de colaboración co Ministerio de Fomento para a restauración e posta en valor do patrimonio galego por un importe total de 1.043.379 euros.

En representación do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o director xeral formalizou co ministro de Fomento, José Blanco, dous acordos referidos á restauración e posta en valor do Camiño Francés na provincia de Lugo, ao seu paso por Gonzar (Portomarín) e ao seu paso por Barbadelo (Sarria). Os outros dous acordos contemplan a reparación das cubertas do Mosteiro de Santa María de Melón e da Igrexa do Mosteiro de Oseira en San Cristovo de Cea, ambos os dous cenobios na provincia de Ourense. En virtude dos convenios rubricados hoxe, a Consellería de Cultura e Turismo destinará a estas actuacións un total de 545.783 euros mentres o Ministerio de Fomento achegará 497.596 euros, con cargo ao 1 % cultural.

 

Os dous convenios asinados para a restauración e posta en valor do Camiño ao seu paso polos concellos de Sarria e Potomarín englóbanse no Plan de Restauración e Posta en Valor dos Camiños de Santiago, elaborado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que inclúe outras once actuacións de reparación en dez municipios de Galicia polos que discorre o Camiño Francés. En total, o Plan de Restauración e Posta en Valor dos Camiños de Santiago contará nesta fase cun orzamento superior aos 2,7 millóns de euros e inclúe actuacións en doce concellos polos que discorre esta ruta xacobea: Sarria, Portomarín, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Paradela, Monterroso e Palas de Rei, na provincia de Lugo; e Melide, Arzúa, O Pino e Santiago de Compostela na provincia da Coruña. O obxectivo da Consellería de Cultura e Turismo é que o Plan se amplíe a todos os Camiños de Santiago no seu desenvolvemento futuro.

 

En detalle, o proxecto de restauración e posta en valor do Camiño Francés ao seu paso por Barbadelo, en Sarria, contará cun orzamento de 280.095 euros, dos que a Consellería de Cultura e Turismo investirá un total de 147.056 euros. A actuación centrarase no espazo público comprendido entre o cemiterio parroquial, o campo da festa e o albergue de peregrinos. A actuación basearase na ordenación deste espazo público e solucionar determinados problemas existentes na actualidade.

 

No núcleo de Gonzar, no concello de Portomarín, investiranse 324.968 euros dos que a Consellería de Cultura e Turismo asumirá un total de 170.306 euros. As instalacións aéreas actualmente existentes soterraranse e eliminaranse todos os postes correspondentes ás mesmas.

 

Plan de mosteiros

Os convenios asinados para a execución das obras de reparación das cubertas dos mosteiros de Santa María de Melón e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense, inclúense no Plan de Abadías, Mosteiros e Conventos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. A través deste plan, a Consellería de Cultura e Turismo está a acometer actuacións de posta en valor e consolidación estrutural dos claustros e con esta obra pretende completar unha recuperación integral que permita a visita a estes monumentos de forma segura e agradable.

 

O proxecto de reparación das cubertas da igrexa do mosteiro de Santa María de Melón contará cun orzamento de 197.126 euros, dos que a Consellería de Cultura e Turismo achegará 102.740 euros. Esta reparación engádese as obras de consolidación que actualmente se están a desenvolver neste monumento. O Mosteiro de Melón atópase na fronteira entre Ourense e Pontevedra. Fundado polos monxes cistercienses no século XII, Melón é unha inmensa mole de edificios medievais e renacentistas encravada nun estreito val rural.  

 

O proxecto de rehabilitación das cubertas do Claustro dos Cabaleiros e reposición da formación de aleiros na fachada sur da igrexa do Mosteiro de Oseira en San Cristovo de Cea, contará cunha inversión total de 241.190 euros dos que a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, aportará unha partida de 125.681 euros. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pretende completar con este proxecto a recuperación dos elementos esenciais deste singular mosteiro, de extraordinarias dimensións, de tal xeito que se dispoña de cara o futuro dunhas condicións óptimas de conservación. No tocante ao mosteiro de Oseira, fundado a mediados do século XII baixo a orde beneditina, incorporouse con posterioridade á orde do Cister, constituíndo unha das primeiras abadías cistercienses da península.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s