La web de la Xunta ofrece una versión de lectura fácil con motivo del Día Internacional de Personas con Discapacidad

Con esta iniciativa a Xunta busca poñer de manifesto a necesidade de integrar a discapacidade en todos os aspectos do desenvolvemento, así como promover a súa participación na vida social sobre a base da igualdade

 La página web de la Xunta de Galicia ofrecerá mañana viernes 3 de diciembre una versión en lectura fácil, con motivo del Día Internacional de las Personas con Discapacidad

A PÁXINA WEB DA XUNTA DE GALICIA OFRECERÁ MAÑÁ UNHA VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON  DISCAPACIDADE

 

  • A dirección www.xunta.es/facil  recollerá os contidos que ao longo do día se vaian incorporando á paxina web da Xunta escritos segundo este sistema
  • A lectura fácil é un método deseñado para facilitar a accesibilidade á información e a comprensión das mensaxes escritas por parte das persoas con diversidades intelectuais ou de aprendizaxe

 

Santiago, 2 de decembro de 2010.- A páxina web da Xunta de Galicia ofrecerá mañá unha versión en lectura fácil con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Será a través da dirección www.xunta.es/facil, que recollerá os contidos que ao longo do día se vaian incorporando ao portal web escritos segundo este sistema de linguaxe, e que se encabezarán coa Declaración institucional do Goberno galego.

 

A lectura fácil é un prantexamento xeral deseñado para facilitar a accesibilidade á información e a comprensión das mensaxes escritas por parte das persoas con diversidades intelectuais ou de aprendizaxe. Trátase dun método configurado para crear entornos psicoloxicamente comprensibles para todos, eliminando as barreiras para a comprensión, a aprendizaxe e a participación.

 

O sistema de lectura fácil está dirixido a persoas con discapacidade intelectual, aquelas con outro tipo de discapacidade que inflúa na súa capacidade para ler e comprender, ás que padecen deterioro cognitivo por razón de idade ou que precisan de apoio na aprendizaxe e na comprensión lectora, ou a persoas con escasa formación básica ou descoñecemento do idioma.

 

Este método emprega unha linguaxe simple e directa, con oracións curtas nas que se plantexe unha única idea. Os textos son de estrutura clara e coherente, cun tamaño de letra grande, clara e nítida. Evita tecnicismos, abreviaturas ou conceptos abstractos. Nas publicacións, non incorpora demasiada información na páxina, utiliza xeralmente unha única liña para cada oración e os caracteres numéricos en vez da palabra equivalente. Este sistema de lectura recorre, ademais, a ilustracións, fotografías ou gráficos de apoio ao texto para facilitar a súa comprensión de acordo aos tres niveis de lectura que establece.

 Declaración institucional

A Xunta de Galicia quere sumarse a este propósito para favorecer a plena igualdade e inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, consciente de que este é un paso ineludible na construción dunha verdadeira sociedade do benestar.

 

O Goberno galego, mediante esta iniciativa busca poñer de manifesto a necesidade de integrar a discapacidade en todos os aspectos do desenvolvemento, así como de promover a súa participación na vida social sobre a base da igualdade. Tamén, quere destacar a importancia de tomar medidas para poñer de relevo os progresos e os obstáculos na aplicación das políticas que teñen en conta as cuestións relativas á discapacidade. E, igualmente, de promover a conciencia pública acerca das contribucións das persoas con discapacidade ao desenvolvemento das súas comunidades.

 

Tal e como recolle a Declaración institucional aprobada hoxe polo Consello da Xunta, o Executivo autonómico quere reafirmar o seu compromiso: Manter a promesa de incorporación da discapacidade nos obxectivos e desenvolvemento do milenio a carón do 2015 e máis aló. Isto significa que temos que actuar nos ámbitos da educación, da formación e do emprego, da igualdade de xénero, da saúde e os servizos sociais, da cultura, o deporte e o tempo de lecer.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s