El gobierno gallego desbloquea esta semana el Plan de Transporte Metropolitano de Lugo

O titular da Xunta acudiu, esta tarde, á Gala do X Aniversario da Declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial da Humanidade -El titular de la Xunta acudió en la tarde del 30 de noviembre a la gala del décimo aniversario de la declaración de la Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial de la Humanidad

Feijóo anuncia que o vindeiro xoves o Consello desbloqueará de forma definitiva o novo Plan de transporte metropolitano de Lugo

Feijóo anuncia que el próximo jueves el Consejo de Gobierno gallego desbloqueará de forma definitiva el nuevo Plan de Transporte Metropolitano de Lugo

  • Di que cada infraestrutura que se abra, cada empresa que se cree e cada servizo que se mellore en Lugo son “novas posibilidades que fan a Galicia máis forte, competitiva e igualitaria”
  • Dentro das novas posibilidades culturais subliña o Museo de Romanización e o novo Auditorio de Lugo, con 20 millóns de euros “que se suman ao millón de euros que a Xunta destina en 2011 a conservar a muralla e a enriquecela con novas posibilidades”
  • No eido económico destaca as posibilidades que ofrece o Plan Impulsa Lugo ou o futuro Polígono das Gándaras, “que estará a disposición dos emprendedores antes do vindeiro San Froilán”
  • Di que “non podemos caer no conformismo, senón que habemos de marcarnos novos retos. Non podemos limitarnos a celebrar o que Lugo xa ten logrado desde a Gallaecia romana, senón que debemos renovar o compromiso co que ten que lograr para seguir sendo parte esencial do desenvolvemento de Galicia”

Lugo, 30 de novembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o vindeiro xoves o Consello da Xunta desbloqueará de forma definitiva o novo Plan de Transporte Metropolitano de Lugo, que abrirá novas posibilidades de mobilidade na cidade. Na Gala do X Aniversario da Declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial da Humanidade, o mandatario galego sinalou que cada infraestrutura que se abra, cada empresa que se cree, cada servizo que se mellore na provincia lucense, ten unha transcendencia importantísima para Lugo, pero que se estende ao resto de Galicia.

“Son posibilidades que nacen e que fan a nosa terra máis forte, máis competitiva e máis igualitaria”, aseverou. E dentro das novas posibilidades culturais, resaltou o Museo de Romanización, “que xa se está a desenvolver no histórico Cuartel de San Fernando e que suporá un investimento de 10 millóns de euros”; ou o novo Auditorio de Lugo, ao que se destinarán 20 millóns de euros e “que se suman –engadiu- ao millón de euros que a Xunta destina en 2011 a conservar a muralla e a enriquecela con novas posibilidades, como os restos arqueolóxicos achados no vicerreitorado”.

Así mesmo, referiuse, tamén, ás novas posibilidades económicas, como as que ofrece o Plan Impulsa Lugo ou o futuro Polígono das Gándaras, “que estará a disposición dos emprendedores antes do vindeiro San Froilán”; e as novas posibilidades sanitarias, “como as que ofrece o novo Hospital público, a onde se están trasladando desde a pasada semana os servizos hospitalarios”.

Ao longo da súa intervención, o presidente do Goberno galego afirmou que hai tempo que a muralla xa non separa a Lugo do resto do mundo, senón que a une a el. “Nos momentos máis transcendentais, os cidadáns lucenses sempre o tiveron claro. En lugar de empregala como un dique, abriron as portas da súa muralla para converterse nunha corrente que se suma ao caudal galego”, dixo.

Feijóo subliñou que o anhelo compartido por todos os galegos é a superación definitiva do seu illamento “e para logralo, – asegurou- cada unha das partes que conforman a autonomía pon as súas potencialidades ao servizo de Galicia. Nalgunhas ocasións, elíxense realidades antigas que atraen cara a nós a curiosidade dos visitantes. Refírome, por exemplo, á Catedral de Santiago e ás rutas xacobeas que conducen a ela, ou á Torre de Hércules, ou a Muralla de Lugo. Noutras, sumamos as nosas forzas para crear realidades novas que nos permitan ser máis fortes e competitivos como a fusión das caixas”.

Logo de felicitar a todos os lucenses e a todos os galegos neste aniversario, concluíu afirmando que “non podemos caer no conformismo, senón que habemos de marcarnos novos retos”. “Non podemos limitarnos a celebrar o que Lugo xa ten logrado desde a Gallaecia romana, senón que debemos renovar o compromiso co que ten que lograr para seguir sendo parte esencial do desenvolvemento de Galicia”.

Anuncio publicitario

Un comentario sobre “El gobierno gallego desbloquea esta semana el Plan de Transporte Metropolitano de Lugo

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s