O secretario xeral para o Deporte recibe aos medallistas olímpicos Antón Paz, Iker Martínez e Xabier Fernández na súa visita ao servizo de medicina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
El secretario general para el Deporte recibe a los medallistas olímpicos Antón Paz, Iker Martínez y Javier Fernández en la visita que hizo al servicio de medicina del Centro Galego de Tecnificación Deportiva
LETE LASA ANUNCIA A APROBACIÓN DUN DECRETO DO DEPORTE DE ALTO NIVEL DE GALICIA, QUE MELLORARÁ A ATENCIÓN AOS DEPORTISTAS E ORDEARÁ A REDE DE CENTROS DE ADESTRAMENTO
Lete Lasa anuncia la aprobación de un decreto del deporte de alto nivel en Galicia, que mejorará la atención a los deportistas y ordenará la red de centros de adiestramiento. En diciembre se presentará el borrador del citado decreto.
- Avanza que en decembro se presentara o borrador do decreto que regulará, non só o recoñecemento dos deportistas de alto nivel, senón todo o deporte de alto nivel
- Iker Martínez e Xabier Fernández ultiman a súa preparación no RCN de Sanxenxo cara a vindeira Volta ao Mundo a vela
- Antón Paz segue cos seus adestramentos na clase 49er, modalidade na que Martínez e Fernández son vixentes subcampións olímpicos e campións do mundo
Santiago, 29 de novembro de 2010.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, anunciou a aprobación dun Decreto do Deporte de Alto Nivel en Galicia, que mellorará a atención aos atletas e ordeará a rede de centros de adestramento. Concretou que o vindeiro mes de decembro se presentará o borrador do decreto, que regulará, non só o recoñecemento dos deportistas de alto nivel, senón todo o deporte de alto nivel.
O secretario xeral para o Deporte acompañou aos medallistas olímpicos Antón Paz, Iker Martínez e Xabier Fernández na realización de probas médicas no servizo de medicina deportiva do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) en Pontevedra.
Lete Lasa destacou que “o feito de que estes tres regatistas escolleran o CGTD para facer o seu seguimento médico, é un motivo de orgullo para todo o deporte de Galicia e mostra que desde Galicia se poden desenvolver proxectos de alto nivel”. Así, “debido a que en Galicia non só se desenvolven programas de tecnifciación, senón tamén de alto nivel, é polo que é necesario publicar unha norma que ampare e regule estas actuacións”.
Manifestou que o Decreto que prepara a Secretaría xeral para o Deporte será exposto ao tecido deportivo implicado, federacións deportivas entre outros, para que o coñezan e fagan achegas para melloralo. Entre outros aspectos, esta norma regulará un novo proceso de recoñecemento da condición de Deportista galego de alto nivel, ademais da novidade do recoñecemento como de alto nivel para adestradores e xuíces. Tamén clasificará os Centros de adestramento de alto nivel, así como mellorará os beneficios para os deportistas.
Antón Paz segue cos seus adestramentos no Centro Galego de Vela, en Vilagarcía de Arousa, nunha clase nova para el como é o 49er, e intentará a clasificación para os Xogos Olímpicos do 2012. Iker e Xabi están centrados na súa preparación en cruceiro para participar en regatas como a Volta a España ou a Volta ao Mundo.
Os regatistas fixeron un recoñecemento médico deportivo completo, con historia clínica, ECG en reposo, espirometría, antropometría e exploración física xeral, cunha especial incidencia no aparato locomotor e cardiovascular. Tamén fixeron unha valoración da capacidade funcional mediante ergoespirometría de esforzo cun dobre obxectivo: descartar a aparición de patoloxía cardiovascular e confirmar o grado de adaptación ao adestramento.
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/11/29/el-gobierno-gallego-aprobara-un-decreto-que-regule-el-d… alto, aprobará, comunidad, decreto, deporte, Gallego, gobierno, nivel, regule […]
Me gustaMe gusta