MEDIO RURAL COLABORA NUN ESTUDO SOBRE A ARCEA, AVE MIGRATORIA PROCEDENTE DO OESTE DE RUSIA
Medio Rural gallego colabora en un estudio sobre la arcea, ave migratoria procedente del oeste de Rusia.
- O estudo, realizado polo Instituto de investigación de Recursos Cinexéticos en colaboración con varias comunidades autónomas, ten por obxecto analizar a especie e establecer no ámbito europeo unha xestión cinexética máis axustada
Santiago, 27 de novembro de 2010.- A Consellería do Medio Rural acolleu na Dirección Xeral de Conservación da Natureza a presentación dun estudio sobre a arcea (ave limícola do tamaño dunha perdiz). O traballo foi realizado polo Instituto de Investigación de Recursos Cinexéticos (IREC), órgano dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas, coa colaboración de varias comunidades autónomas, entre elas Galicia.
Mediante este estudo analizouse unha especie da cal se tiña apenas coñecemento; trátase dunha ave migradora que, segundo se analizou na presentación, procede maioritariamente da área circunbáltica e do oeste de Rusia. A súa condición migradora propicia que o seu aproveitamento cinexético resulte especialmente negativo, posto que as arceas que chegan ata a nosa Comunidade son aquelas que non foron cazadas nos países de tránsito.
O obxecto deste estudo é profundizar no coñecemento desta especie, saber cales son os parámetros que rexen as súas variacións de poboación anual e, en funcións destes datos, establecer no ámbito europeo unha xestión máis axustada, de xeito que se repartan os cupos de capturas dunha maneira equitativa e racional.