A XUNTA INVESTIRÁ 600 MILLÓNS DE EUROS ATA O 2015 NO MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DE ESTRADAS
La Xunta invertirá 600 millones de euros hasta 2015 en el mantenimiento y conservación de carreteras
- A Xunta celebrou unha xornada para analizar o uso de material asfáltico menos contaminantes
- Un dos obxectivos desta actividade é presentar as posibilidades das mezclas bituminosas templadas e como axudan a reducir a emisión de CO2 á atmósfera
- Máis de 150 persoas participaron neste encontro dirixido principalmente a enxeñeiros e empresas do sector dedicadas á construción de estradas
Santiago, 27 de novembro de 2010.- A Xunta de Galicia investirá 660 millóns de euros no programa de mantemento e conservación de estradas ata o ano 2015, tal e como se recolle no Plan MOVE (Plan de Mobilidade e Ordenación Viaria Estratéxica). A directora xeral de Infraestruturas, Ethel Vázquez, recordou este compromiso na xornada Innovación e medio ambiente en estradas: mezclas bituminosas templadas.
Vázquez Mourelle sinalou que con este programa preténdese actuar sobre a rede de estradas para dar cumprimento a dous obxectivos principais: manter o estado das estradas nas debidas condicións de vialidade, seguridade e comodidade e poñer en situación inicial as características dos elementos da estrada ou mellorar o estandar inicial (reforzos de firme, rehabilitación periódica do firme, reposición de estruturas).
Non obstante aclarou que debe ser un dos retos das administracións levar a cabo estas accións de mantemento e conservación atendendo á protección ao medio ambiente. Nese senso, destacou o encontro celebrado que ten por obxectivo analizar o uso de materiais asfálticos menos contaminantes e máis responsables co medioambiente.
Na xornada, organizada polas consellerías de Medio Ambiente. Territorio e Infraestruturas e Medio Rural, abordouse a ecoeficiencia dos materiais que se adoitan a empregar na construción das infraestruturas viales.
Desde que en febreiro de 2005 entrara en vigor o Protocolo de Kyoto, o obxectivo de que os países industrializados reduzan as súas emisións é un importante e necesario reto que debe ser asumido por parte de todos os sectores industrializados, polo tanto teñen que proceder a adoptar medidas que satisfagan o seu cumprimento.
Dentro dos diferentes sectores industriais, a fabricación de mezclas asfálticas en quente é unha das actividades industriais que debe tomar parte neste Protocolo, polo que no sector estanse a tomar medidas que permitan o desenvolvemento de novas alternativas de produtos ou ben na mellora dos existentes, sen que por elo se vexan afectadas as características de este tipo de produtos.
O procedemento dos aglomerados a baixa temperatura é unha resposta ás necesidades actuais que demanda a sociedade e o relativo á redución do consumo de enerxía e a protección do medio ambiente.
En definitiva, a actual preocupación ambiental obrigou a atopar solucións construtivas, en materia de firmes, que presenten un menor impacto ambiental, ben diminuíndo o consumo de recursos, ben reducindo emisións á atmósfera. A directora xeral puxo como exemplo os reciclados –nos que se reaproveitan os materiais bituminosos xa existentes e por tanto diminúen o consumo de recursos- e as mezclas que templadas conseguen unha drástica redución no consumo enerxético.
Mezclas templadas
Na actualidade existen uns materiais (as mezclas templadas) que se fabrican a unhas temperaturas máis baixas (60/70 ºC), que as mezclas de betún residual duro, polo que no seu proceso de produción se emite unha porcentaxe máis baixa de CO2. Estes materiais teñen as vantaxes ambientais e enerxéticas das mezclas en frío e ademais, ao fabricarse en centrais os inconvintes relacionados co proceso de maduración diminúen.
A eliminación de gases contaminantes é un dos principais retos da actualidade en política ambiental, en relación coas infraestruturas viarias, xa que co uso deste tipo de mezclas templadas axudan a cumplir os protocolos de diminución de CO2.
No caso de Galicia, existen unha serie de infraestruturas nas que xa se empezou a utilizar este material asfáltico como foi na actuación dun quilómetro na travesía do Concello de Barreiros (LU-150) e nunha actuación de 11 quilómetros na estrada Lindín-Bretoña (LU-125).
Neste encontro participaran máis de 150 persoas, que está dirixido principalmente a enxeñeiros e empresas do sector dedicadas á construción de estradas. A primeira das xornadas centrouse en presentar o panorama xeral de mezclas bituminosas adaptadas ao cambio climático. Outro dos puntos sobre os que se debaterá ao longo desta xornada serán a vialbilidade técnica de fabricación doutro tipo de mezclas.
Dende a Xunta de Galicia apostase pola celebración deste tipo de xornadas, que permiten afondar en políticas medioambientais que sitúen a Galicia na vangarda contra a contaminación.