Portos de Galicia insta a todas las instalaciones náutico recreativas gallegas a conseguir la Bandera Azul

O obxectivo para o ano 2011 é que a práctica totalidade das instalacións náutico recreativas, que son competencia de Portos, poidan optar a conquerir a Bandeira Azul

 Puertos de Galicia celebra el miércoles 23 de noviembre en Santiago una jornada informativa sobre las banderas azules en las instalaciones náutico recreativas

El objetivo para el año 2011 es que la práctica totalidad de este tipo de instalacones puedan optar a conseguir la Bandera Azul

PORTOS DE GALICIA CELEBRARÁ MAÑÁ MÉRCORES EN SANTIAGO UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE BANDEIRAS AZUIS NAS INSTALACIÓNS NÁUTICO RECREATIVAS

 

  • Esta iniciativa atópase encadrada dentro da acción “Apoiar aos portos deportivos na obtención do distintivo “Bandeira azul”, unha acción transnacional executada dentro do proxecto europeo NEA2, (aprobado pola iniciativa comunitaria INTERREG IV B Espacio Atlântico)

 

Foto: abc.es

Santiago, 23 de novembro de 2010.-

Ao igual que o pasado ano, Portos de Galicia organiza unha xornada informativa sobre “Bandeiras Azuis nas instalacións náutico recreativas de Galicia” co obxecto de informar acerca das condicións necesarias para obter o citado galardón.

 

A xornada informativa celebrarase en Santiago o vindeiro mércores día  23 no Salón de Actos do Instituto Galego da Vivenda e Solo. O obxectivo para o ano 2011 é que práctica totalidade das instalacións náutico recreativas, competencia de Portos de Galicia, poidan optar a conquerir a “Bandeira Azul”.

 Con esta xornada informativa, Portos de Galicia comeza unha intensa colaboración cos xestores de instalacións náutico-recreativas. Esta iniciativa de Portos enmárcase dentro da acción “apoiar aos portos deportivos na obtención do distintivo “Bandeira azul”, unha acción transnacional executada dentro do proxecto europeo NEA2, (aprobado pola iniciativa comunitaria INTERREG IV B Espazo Atlántico), e liderada por Galicia a través do ente público Portos de Galicia, na que tamén participan portos portugueses e franceses.

 A colaboración de Portos de Galicia na implantación de bandeiras azuis nas instalacións náutico-recreativas abarca aspectos como os da prestación de servizos de calidade aos usuarios, mellora da ordenación e limpeza das instalacións portuarias, a elaboración de programas de sensibilización ambiental e a implantación dun sistema de xestión ambiental global para o ente público.

 As instalacións náutico-recreativas son espazos onde conviven instalacións de atracada e fondeo co medio mariño, donde se levan a cabo actividades educativas e deportivas, e de onde parten e regresan gran cantidade de persoas que desexan disfrutar do medio dun modo distinto ao da rutina diaria.

 Neste senso, é importante ir adaptando as instalacións as esixencias necesarias para optar á Bandeira Azul.  Son esixencias de tipo medioambiental, como coñecer perfectamente o medio no que se traballa, esixencias de prevención e actuación ante un posible verquido de hidrocarburo e como actuar contra el, esixencias que garantan a saúde dos usuarios, e a adopción de medidas preventivas.

Outro dos aspectos fundamentais en calquera espazo acuático é o da seguridade. Neste sentido a accesibilidade aos portos permite que ás veces existan persoas que non sepan nadar ou descoñezan a forza do mar. Por iso é vital formar aos usuarios das mariñas e ao propio persoal que traballa nelas sobre como prevenir accidentes e actuar en caso de que se produzan.

2 comentarios sobre “Portos de Galicia insta a todas las instalaciones náutico recreativas gallegas a conseguir la Bandera Azul

Replica a Galicia y Asturias pierden este año cinco y dos banderas azules respectivamente en sus costas | Asturgalicia Noticias Cancelar la respuesta