
FEIJÓO ANUNCIA A PRÓRROGA DO CONCERTO ENTRE O SERGAS E POVISA QUE “IMPOSIBILITA CALQUERA EXPEDIENTE DE REGULACIÓN DE EMPREGO”
Feijóo anuncia la prórroga del concierto entre el Sergas y Povisa para imposibilitar el expediente de regulación de empleo del hospital, que significaría la pérdida de mil puestos de trabajo
- Explica que a Xunta fai valer “unha das cláusulas vixentes na que se contempla a posibilidade de prorrogalo durante todo o tempo que sexa necesario ata a formalización do novo concerto”
- Resalta que esta decisión se adopta co obxectivo de que “Povisa poida planificar adecuadamente a organización e a continuidade dos seus servizos”
- “Esta é unha mensaxe de tranquilidade para os traballadores, para os pacientes, e, supoño, para o equipo directivo do hospital de Povisa”, incide
Santiago, 19 de novembro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte “a prórroga do concerto que o Sergas ten asinado co Hospital Povisa desde o ano 2000”. “Dado que aínda se atopa en vigor o concerto que se subscribiu no ano 2000, facemos valer unha das cláusulas vixentes na que se contempla a posibilidade de prorrogalo durante todo o tempo que sexa necesario ata a formalización do novo concerto”, explicou Núñez Feijóo.
Deste xeito, o titular do Goberno autonómico sinalou que esta decisión se adopta co obxectivo de que “Povisa poida planificar adecuadamente a organización e a continuidade dos seus servizos”, imposibilitándose, en consecuencia, “calquera expediente de regulación de emprego que teña que ver co concerto do Servizo Galego de Saúde”.
Así, Feijóo sinalou que “o concerto do Servizo Galego de Saúde queda garantido e prorrogado todo o tempo que fora necesario ata garantir unha nova negociación e un novo concerto”. “Esta é unha mensaxe de tranquilidade para os traballadores, para os pacientes, e, supoño, para o equipo directivo do hospital de Povisa”, concluíu.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta