Galicia procederá a un nuevo reparto eólico de 2.325 MW en la comunidad en breve

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

JAVIER GUERRA SALIENTA QUE A CONVOCATORIA EÓLICA DE 2.325 MW RESOLVERASE EN PRAZO E NON PERMITIRÁ NINGÚN PARQUE EN REDE NATURA

 El conselleiro de Economía anuncia que la convocatoria eólica de 2.325 MW se resolverá en plazo, y que no se permitirá ningún parque de molinos en la Red Natura.

  • O conselleiro de Economía e Industria aproveita a súa presenza no Seminario  da Enerxía – Proxecto RETALER, organizado polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular na localidade lusa de Viana do Castelo, para pedir ao Goberno central que se comprometa e apoie as enerxías máis produtivas, como a eólica galega
  • A consellería de Economía a Industria é plenamente consciente, segundo explicou Guerra, da importancia da que goza este recurso, e “por iso desbloqueamos a situación de parálise do sector eólico e, de forma inminente e en prazo, resolveremos o reparto de máis de 2.300 megavatios na nosa Comunidade”, avanzou
  • Guerra lembra que o sector eólico supuxo máis de 1.500 millóns de euros de aforro á economía española pese aos impedimentos da Administración central

 

Santiago, 17 de novembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, aproveitou hoxe a súa presenza no Seminario de Enerxía – Proxecto RETALER organizado polo Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular que se celebra en Viana do Castelo, para salientar unha vez máis que a convocatoria de admisión a trámite de 2.325 MW que se resolverá nos vindeiros días e en prazo non permitirá ningún parque en Rede Natura.

 Javier Guerra sinalou tamén, durante a súa intervención, a necesidade de que cada territorio explote as vantaxes que posúe en materia enerxética, ao tempo que pediu ao Goberno central que se comprometa neste sentido. “Galicia debe aproveitar ao máximo o vento, dado que a nosa posición xeográfica proporciona un recurso cada vez máis atractivo para a industria enerxética. Por iso é necesario que desde o Ministerio se clarifiquen con urxencia as pautas que rexerán a explotación desta enerxía nos próximos anos”, reivindicou o conselleiro.

 “Pese ás barreiras administrativas impostas desde o Goberno central, o sector eólico facilitou un aforro de 1.541 millóns de euros á economía española grazas á substitución de importacións de combustibles fósiles” lembrou Guerra. A esta cantidade cómpre sumar outros 270 millóns aforrados “como consecuencia da diminución de emisións de gases de efecto invernadoiro”.

 A consellería de Economía a Industria é plenamente consciente, segundo explicou Guerra, da importancia da que goza este recurso, e “por iso desbloqueamos a situación de parálise do sector eólico e, de forma inminente e en prazo resolveremos o reparto de máis de 2.300 megavatios na nosa Comunidade”, avanzou.

 Plan estratéxico de enerxía

O conselleiro apuntou tamén que a Xunta de Galicia está a elaborar un plan estratéxico de enerxía, co obxectivo de que Galicia recupere o seu liderado no só no desenvolvemento das enerxías limpas, senón tamén no eido da eficiencia enerxética.

 A Consellería de Economía e Industria xestiona o deseño e a aplicación deste plan dende o Instituto Enerxético Galego (INEGA) e tal como adiantou o conselleiro o eixo fundamental desta proposta é “conseguir reducir o incremento do consumo total, cifrado actualmente nun 1,01% anual, ao 0,27% no horizonte de 2015”. Deste xeito, conseguirase que a comunidade acumule un aforro económico de 977 millóns de euros, aos que se sumarían 60 millóns en concepto de CO2 evitado.

 Segundo Guerra, este plan baséase “no principio inalterable de garantir o máximo respecto ambiental, contribuíndo ao cumprimento dos obxectivos establecidos polo Protocolo de Kyoto”, co que a Consellería de Economía e Industria volve así a amosar o seu firme compromiso.

 As accións base desta estratexia concrétanse no Plan Acción de Aforro e Eficiencia Enerxética das Administracións Públicas Galegas, medidas de ámbito sectorial, coordinación e pulo de actuacións en diferentes sectores económicos, a xestión eficaz dos fondos europeos, así como a aprobación de diferentes ordes e convenios orientados ao uso racional da enerxía.

 “O noso compromiso co sector industrial, primario e servizos está relacionado co fomento de programas de xestión enerxética que comezan pola realización de auditorías e continúan coa implantación dun sistema de xestión, que persiga unha mellora continúa”, adiantou Guerra. Esa folla de ruta, engadiu, inclúe a realización de estudos sectoriais na industria, así como axudas a inversións en equipos que empreguen tecnoloxías de alta eficiencia ou a diversificación de fontes enerxéticas.

 O conselleiro tamén indicou que a Xunta se está a centrar na promoción da diversificación enerxética cara a tecnoloxías que poidan acadar elevados rendementos. Neste sentido lembrou que no sector do transporte, o Goberno autonómico “puxo en marcha o Plan Movega para impulsar un novo modelo de mobilidade, que busca a implantación do vehículo eléctrico e de todas as infraestruturas necesarias para o seu desenvolvemento” así como o plan re-Móvete Vehículos Eficientes. Ademais, de fomentar a realización de plans de mobilidade urbana e de transporte colectivo para empresas e polígonos e potenciar a realización de proxectos piloto de mobilidade sustentable.

 A aposta gasista da Xunta

O conselleiro sinalou que, á marxe do obxectivo marcado de “recuperar o liderado en Galicia en materia eólica, a Xunta tamén é ambiciosa no que se refire ao ámbito gasista”. Así, duplicouse o investimento en gasificación para o próximo exercicio e preténdese “converter Reganosa na gasificadora de referencia do noroeste peninsular”. Asemade, Guerra apuntou tamén cara ás novas perspectivas que se abren co achado do volcán submarino do Gran Burato, e indicou que o queipo de investigadores ten transmitido á Xunta a existencia de “indicios fundados” da existencia de gas no subsolo mariño galego.

 Así mesmo, Guerra non se esqueceu de sinalar o “decidido apoio” que Economía e Industria está a prestar a outras enerxías coma a xeotérmica, a undimotriz ou a biomasa, que representan “grandes oportunidades a medio e longo prazo para Galicia”.

 O Seminario da Enerxía – Proxecto RETALER celébrase en Viana e conta coa presenza de importantes autoridades na materia, tanto de España coma de Portugal. En representación da Xunta, ademais do propio conselleiro, participa tamén o director do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Eliseo Diéguez García.

Un comentario sobre “Galicia procederá a un nuevo reparto eólico de 2.325 MW en la comunidad en breve

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s