EDUCACION LEVA EXPERTOS AS AULAS DE ABALAR PARA QUE MÁIS DE 5.000 ALUMNOS APRENDAN A NAVEGAR SEGUROS POR INTERNET
La Xunta lleva expertos a las aulas del Proyecto Abalar en toda Galicia, para que más de 5.000 alumnos aprendan a navegar seguros por Internet. Los docentes informáticos darán charlas divulgativas en cien centros de la comunidad autónoma, dentro del programa ‘Navega con rumbo por el ciberespacio’. Se repartirán 25.000 guías de buenas prácticas entre escolares, padres, y profesores.
- Enxeñeiros informáticos darán charlas divulgativas en 100 centros de toda Galicia, dentro do programa “Navega con rumbo polo ciberespazo”
- Repartiranse 25.000 guías de boas prácticas para escolares, pais e profesores
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2010.- Case 100 centros adscritos ao Proxecto Abalar acollen dende antonte actividades informativas impartidas por especialistas pertencentes ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Informática, ao abeiro da iniciativa “Navega con rumbo”. As charlas divulgativas, que se teñen programado nun calendario de aproximadamente dous meses, están pensadas para que os escolares realicen un uso responsable das TICs. As sesións programadas teñen unha duración de unha hora e, nelas, os relatores, usan medios técnicos propios e abondoso material divulgativo.
“Navega con rumbo polo ciberespazo” é unha iniciativa encamiñada a que, neste curso, máis de 5.000 escolares, naveguen con tino e seguridade pola rede, é dicir “evitando o ciberacoso e outros riscos da internet”. A intención da consellería de Educación e da secretaría xeral de Modernización da Xunta de Galicia -coa que os enxeñeiros asinaron un convenio de colaboración-, é a de mentalizar ao alumnado sobre as necesidades de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder aproveitalas ao máximo posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos. Trátase deste xeito de responder á preocupación das familias e da comunidade educativa pola seguridade dos seus fillos e alumnos no uso das novas tecnoloxías, nomeadamente da internet
Ademais, o Plan Navega con Rumbo inclúe unha serie de guías –das que se editarán 25.000 exemplares- dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais; que poden ser descargadas dunha web específica (www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/ ) e o xa aludido programa de visitas aos centros escolares onde os enxeñeiros informáticos expoñen recomendacións e consellos para navegar por internet e participar nas redes sociais. Polo que se refire ás guías, que serán “de boas prácticas”, incluirán o chamado “decálogo do bo navegante” e serán distribuídos nos centros pola Consellería de Educación.

[…] un instrumento educativo integrador alrededor del que se fomenta la mejora de la calidad de la enseñanza en toda la comunidad escolar. Así, sus fondos son utilizados como fuente de información y de […]
Me gustaMe gusta
[…] que realiza esta Consellería en la Comarca, dado que en la actualidad está en construcción una escuela infantil en Carnota de tres unidades y 41 […]
Me gustaMe gusta
[…] Actualizados : Más de 5.000 alumnos gallegos aprenderán a navegar seguros por el ciberespacio Alerta en Asturias y Galicia de nuevo por los fuertes vientos que se esperan para las próximas […]
Me gustaMe gusta