El Ministerio de Fomento aprueba los últimos tramos de la línea de alta velocidad Madrid-Galicia, mientras el PPdeG le critica por la “política de brazos cruzados” respecto al AVE Vigo-Oporto

AVANCES Y RETROCESOS EN LAS INFRAESTRUCTURAS GALLEGAS 

El Ministerio de Fomento ha aprobado los últimos tramos de la línea de alta velocidad Madrid-Galicia con la aprobación definitiva de los expedientes de información pública y los proyectos básicos de cuatro subtramos del itinerario Lubián (Zamora)-Ourense.

Por su parte, el PPdeG critica la “política de brazos cruzados” del ministro de Fomento José Blanco respecto a la conexión del AVE Vigo-Oporto. Pide a Blanco que dé ejemplo comprometiéndose a poner en servicio el AVE Vigo-Tui en el año 2015.

La Xunta demuestra su satisfacción ante la decisión de la Unión Europea de seguir apostando por el AVE Vigo-Porto.

Además, el Consejo de la Xunta autoriza el inicio del proceso expropiatorio de un nuevo tramo de vía de alta capacidad de la Costa Norte, entre A Sanguiñeira y Felgosas, con una longitud de 7,8 kilómetros y un presupuesto para llevar a cabo las expropiaciones de más de 8,1 millones de euros.

———————————————————–

El Ministerio de Fomento ha aprobado los últimos tramos de la línea de alta velocidad Madrid-Galicia con la aprobación definitiva de los expedientes de información pública y los proyectos básicos de cuatro subtramos del itinerario Lubián (Zamora)-Ourense.

   Según ha precisado el departamento que dirige José Blanco, este extremo sale este viernes publicado en el Boletín Oficial del Estado (BOE) y supone “el impulso definitivo” a esta línea de AVE.

   Los trazados aprobados se refieren a los subtramos Lubián-Vilavella, Vilavella-Vilariño, Vilariño-Cerdedelo y Cerdedelo-Porto y tienen una longitud conjunta de 62,6 kilómetros. Además, la integración ferroviaria en la ciudad de Ourense (Taboadela-Ourense) ya se encuentra “en fase avanzada” de estudio informativo.

   Una de las primeras decisiones que adoptó Blanco, tal y como ha destacado su departamento, fue la de “impulsar” la reforma de los proyectos de trazado inicialmente previstos de estos tramos con el objetivo de “adaptarlos al mismo nivel de alta velocidad que el resto de la línea” y disponer así de “un trazado uniforme en todo el recorrido”.

   A mayores, ha señalado que Lubián-Ourense es el tramo “más complejo” de toda la línea “desde el punto de vista orográfico y geotécnico” y, por lo tanto, también “el más costoso”. No obstante, y con el objetivo de “agilizar” la construcción de la línea, Fomento incluirá las obras de estos tramos en el Plan Extraordinario de Infraestructuras (PEI) de colaboración público-privada.

   A mayores, el ministerio ha explicado que la complejidad de este tramo se debe a que “gran parte” del trazado discurre en túnel. Además, si se tiene en cuenta que resultan túneles de elevada longitud, la sección de los mismos debe realizarse con dos túneles paralelos, uno para cada vía, y esto condiciona que todo el tramo esté compuesto por dos plataformas de vía única.

————————————————————-

O PPdeG critica a política de brazos cruzados do ministro de Fomento respecto á conexión do AVE Vigo-Oporto

El PPdeG critica la “política de brazos cruzados” del ministro de Fomento José Blanco respecto a la conexión del AVE Vigo-Oporto. Pide a Blanco que dé ejemplo comprometiéndose a poner en servicio el AVE Vigo-Tui en el año 2015. Le recuerda al ministro que la eurorregión Galicia-Norte de Portugal esté perdiéndose más de 17.000 millones de euros de negocio que se generarían conectando Vigo con Oporto a través del AVE.

  • Aproveitará a súa intervención na CEP en Vigo, no seminario sobre o AVE Vigo-Oporto, para pedir a Blanco que dea exemplo comprometéndose a poñer en servizo o AVE Vigo-Tui no ano 2015
  •  Lamenta que o Goberno central non faga máis que incumprir os seus compromisos coa susodita conexión ferroviaria, que xa estaba prevista para 2009, e que a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal estea a perder máis de 17.000 millóns de euros do negocio que se xeraría conectando Vigo con Porto polo AVE
  •  Pide a Blanco que rectifique as súas críticas a Feijóo cando enviou unha carta a Durao Barroso solicitando que se priorizase a conexión con Galicia, cumprindo coa súa obriga de velar polos intereses de Galicia

 

Vigo, 13 de novembro de 2010. – O secretario de Organización e voceiro de Infraestruturas do PPdeG critica a política de brazos cruzados do ministro de Fomento respecto á conexión do AVE Vigo-Oporto e ínstao a dar exemplo comprometéndose a poñer dita liña en servizo no ano 2015.

Gómez Alonso aproveitará a súa intervención esta tarde no I Seminario sobre o AVE Vigo-Oporto, organizado pola AEXGA (Asociación de Excavadores de Galicia) na CEP en Vigo, para celebrar o pronunciamento do comisario europeo de Transportes, que rexeitou a posibilidade de que se desvíen as axudas comunitarias outorgadas a dito trazado ferroviario a proxectos de alta velocidade entre Lisboa e Madrid. Para o dirixente popular, isto implica que José Blanco xa non ten agora ningunha excusa para evitar negociar co Goberno luso o enlace ferroviario entre Galicia e Portugal.

Segundo o popular, o AVE Vigo-Oporto ten unha gran importancia estratéxica para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, un dos maiores espazos europeos de interrelación económica, social e cultural da Unión Europea. Con respecto a isto, lamenta que o Goberno central non faga máis que incumprir os seus compromisos coa susodita conexión ferroviaria, que xa estaba previsto nun principio para o ano 2009 para que, posteriormente, tal compromiso se esvaecese nun horizonte temporal indefinido.

Nesta liña, Gómez Alonso fai fincapé que cando o Goberno do PP gobernaba en España había un compromiso forte e serio para que as marxes do Miño se dotasen de infraestruturas de comunicación dimensionadas. Lamentablemente, na actualidade, debido á incompetencia do Goberno de Zapatero, a eurorrexión está a perder máis de 17.000 millóns de euros do negocio que se xeraría conectando Vigo con Porto polo AVE, que supón un 1,5% do PIB da eurorrexión.

SITUACIÓN ACTUAL DOS TRAMOS

Vigo – O Porriño

Existe un estudo informativo, con data de finalización en xaneiro de 2005. En información pública desde o 22 de febreiro de 2007.

Posteriormente, o 21 de abril de 2009, licítase un Estudo Informativo Complementario, que se adxudica o 9 de febreiro de 2010, cun prazo de execución de 15 meses.

O Porriño – Frontera

Hai un estudo informativo, en información pública desde o 13 de xaneiro de 2009.

Valença do Minho – Braga/Barcelos

Estudo previo, con data de finalización 2008. Atópase en fase de información pública desde o 13 de noviembro de 2009.

Braga/Barcelos – Aeropuerto Sá Carneiro

Estudo previo, con data de finalización 2008.

Polo tanto, despois de 10 anos de estudos e declaracións, aínda non se conseguiu pasar á fase de obras.

Por ese motivo, o dirixente popular celebra que a Unión Europea intercedese para que nada impida que os fondos europeos destinados ao AVE Vigo-Oporto se destinen a outros proxectos e pide a Blanco que rectifique as súas críticas a Feijóo cando enviou unha carta a Durao Barroso solicitando que se priorizase a conexión con Galicia. Feijóo cumpriu coa súa obriga de velar polos intereses de Galicia mentres que Blanco non moveu un dedo.

————————————————————-

A Xunta amosa a súa satisfacciòn ante a decisión da Unión Europea de seguir apostando polo Ave Vigo-Porto

 La Xunta demuestra su satisfacción ante la decisión de la Unión Europea de seguir apostando por el AVE Vigo-Porto

  • O Goberno galego lembra que foi esa precisamente a xestión que fixo o presidente da Xunta,  Núñez Feijóo, ante o presidente da Unión Europea respecto do mantemento desa liña considerada prioritaria dentro dos eixos de transportes comunitarios
  • O Goberno galego agarda agora que tanto dende o lado español como portugués se impulse definitivamente o peche do trazado e o deseño desta infraestrutura para poñela en servizo no prazo mais curto de tempo

 

Santiago, 13 de novembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, manifestou hoxe a satisfacción do Goberno galego ante a advertencia da Unión Europea de que non permitirá desviar os fondos comunitarios do AVE Vigo-Porto a outros proxectos.

 

Hernández lembrou que foi esa precisamente a xestión que fixo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ante o presidente da Unión Europea respecto do mantemento desa liña considerada prioritaria dentro dos eixos de transportes comunitarios.

 

“Esa foi a xestión que se fixo dende Galicia e é o que se está a confirmar agora”, remarcou Hernández, xa que a propia UE define a conexión de alta velocidade entre Galicia e Portugal como un eixo imprescindible para as comunicacións da eurorrexión. “Vemos con satisfacciòn a aposta de Europa por esa liña”, insistiu.

 

O Goberno galego agarda agora que tanto dende o lado español como portugués se impulse definitivamente o peche do trazado e o deseño desta infraestrutura para poñela en servizo no prazo mais curto de tempo, de xeito que se poidan aplicar os fondos europeos que permitirán unir Vigo e Porto por ferrocarril e, polo tanto, completar o Eixo Atlántico.

 

————————————————————-

O CONSELLO DA XUNTA AUTORIZA O INICIO DO PROCESO EXPROPIATORIO DUN NOVO TRAMO DA VIA DE ALTA CAPACIDADE DA COSTA NORTE, ENTRE A SANGUIÑEIRA E FELGOSAS

 El Consejo de la Xunta autoriza el inicio del proceso expropiatorio de un nuevo tramo de vía de alta capacidad de la Costa Norte, entre A Sanguiñeira y Felgosas, con una longitud de 7,8 kilómetros y un presupuesto para llevar a cabo las expropiaciones de más de 8,1 millones de euros.

  • Ten unha lonxitude de 7,8 quilómetros e está encadrado no treito que une San Sadurniño e o Campo do Hospital 
  • 

  • A infraestrutura viaria contará cun orzamento para levar a cabo as expropiacións de máis de 8,1 millóns de euros
  • A actuación pretende diminuír os tempos de percorrido investidos e aumentar a seguridade viaria
  • A nova vía de altas prestacións da Costa Norte articula, xunto coa autovía do Cantábrico (A-8) e a autovía Ferrol-Vilalba (AG-64), todo o territorio norte de Galicia, desde Ferrol a Cervo
  • Cabe destacar o compromiso da Xunta coa vertebración do norte de Galicia, incrementando o investimento das vías de altas prestacións da costa  cun orzamento de 21,4 millóns de euros en 2011, un 23% máis ca en 2010
  • A porcentaxe de execución da VAP Costa Norte é do 21,52 %, concretamente da variante de Ortigueira xa se executou o 65% das obras previstas e do treito Celeiro-San Cibrao o 18% das obras. En total, está un 40% en execución ou expropiación

 

Santiago, 13 de novembro de 2010.- O Consello da Xunta autorizou na súa reunión de hoxe o decreto polo que se inician os trámites de expropiación para a execución do subtreito da vía de altas prestacións (VAP) da Costa Norte, comprendido entre A Sanguiñeira e As Felgosas, de 7,86 km de lonxitude. Este é un dos tres subtreitos que conforman o tramo da VAP da Costa Norte, comprendido entre a AG-64 (San Sadurniño) e o Campo do Hospital.

A vía de altas prestacións da Costa Norte, xunto coa autovía A-8 (autovía do Cantábrico) e a AG-64 (Ferrol-Vilalba) articulará todo o territorio norte de Galicia, desde Ferrol ata Cervo.

O Goberno galego xustifica que a urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución da presente actuación vén motivada pola necesidade de acadar unha maior capacidade e nivel de servizo que os proporcionados pola actual estrada Ferrol-límite de provincia-San Cibrao (AC-862).

Esta actuación pretende diminuír os tempos de percorrido investidos e aumentar a seguridade viaria, xa que se trata dun tramo encadrado nas obras de mellora das comunicacións da comunidade autónoma.

A Sanguiñeira- As Felgosas

Este novo tramo, do que se inicia o trámite expropiatorio, discorre entre o enlace da Sanguiñeira e o das Felgosas, atravesa os municipios de San Sadurniño, Moeche e Cerdido e inclúe o ramal de acceso a Cerdido. A infraestrutura viaria contará cun orzamento  de máis de 52,2 millóns de euros por parte da Xunta, dos que 8,1 millóns corresponden a expropiacións.

En canto ás características técnicas, a lonxitude será é de 7,8 quilómetros, cunha sección transversal de corredor de dous carrís de 3,50 metros cada un. Ademais, cabe citar que a velocidade de proxecto establecida é de 100 km/hora e o raio mínimo das curvas é de 694 metros.

No que se refire a unidades de obra, realizarase unha escavación e a extensión de mestura bituminosa en quente así como o dobre tratamento superficial. Proxéctanse tres viadutos: Cabo Vello, de 120 metros; río Pereira, de 68 metros; e río Porto, de 120 metros.

O proxecto tamén recolle a reposición de camiños de servizo, a colocación de redes de abastecemento, o saneamento e tráfico, a drenaxe lonxitudinal e transversal e sinalización e balizamento.

A citada actuación beneficiará directamente a unha poboación total de 88.939 habitantes dos concellos de Ferrol, Moeche, Mañón, San Sadurniño, Cerdido e Ortigueira.

Así, con esta nova vía, da que se inicia o trámite de expropiacións, preténdese contribuír á vertebración das comunicacións do norte das provincias da Coruña e Lugo e os núcleos de poboación da costa, entre os que destacan as comarcas de Ferrolterra, Ortegal e As Mariñas.

 

A actuación suporá unha importante mellora na capacidade e nivel de servizo respecto aos proporcionados pola actual estrada AC-862 (Ferrol – límite de provincia– San Cibrao).

VAP da Costa Norte

A vía de altas prestacións da Costa Norte une San Sadurniño con San Cibrao e o importe ao que se eleva a materialización desta vía é de 460 millóns de euros. Para levala a cabo segmentouse o seu trazado en 10 treitos que implican a construción de 85,17 quilómetros de vía de altas prestacións.

Neste momento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar as obras de construción doutros dous treitos da VAP Costa Norte: a variante de Ortigueira e o treito Celeiro-San Cibrao.

Neste momento, a porcentaxe en execución da VAP Costa Norte é do 21,52 %, concretamente da variante de Ortigueira xa se executou o 65% das obras previstas e do treito Celeiro-San Cibrao o 18% das obras; no relativo ás expropiacións, están no 17%; e en proxecto está o 60,97% da vía. En total, esta un 40% en execución ou expropiación.

Cabe destacar o compromiso da Xunta coa vertebración do norte de Galicia, incrementando o investimento da vía de altas prestacións da costa  cun orzamento de 21,4 millóns de euros en 2011. Polo tanto, a pesar do recorte orzamentario, a Xunta blinda e garante o investimento necesario para a construción da VAP da Costa Norte,  o que supón un incremento dun 23% respecto do orzamentado en 2010 (17 millóns de euros).

Un comentario sobre “El Ministerio de Fomento aprueba los últimos tramos de la línea de alta velocidad Madrid-Galicia, mientras el PPdeG le critica por la “política de brazos cruzados” respecto al AVE Vigo-Oporto

Responder a El Ministerio de Fomento aprueba los últimos tramos de la línea de alta velocidad Madrid-Galicia, mientras el PPdeG le critica por la “política de brazos cruzados” respecto al AVE Vigo-Oporto | Madrid Cancelar respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s