La Xunta consigue por fin concretar con Pymar la operación financiera que será la salvación de los astilleros Vulcano de Vigo

A XUNTA ACTIVARÁ DE INMEDIATO OS MECANISMOS FINANCEIROS PARA RESPALDAR A VULCANO CON PRETO DE 17 MILLÓNS DE EUROS LOGO DE ACADAR O APOIO DE PYMAR

 La Xunta activará de inmediato los mecanismos financieros para respaldar a los astilleros Vulcano de Vigo con cerca de 17 millones de euros una vez que han logrado el apoyo de Pymar.  Esta operación de financiación conjunta permitirá acabar la construcción del buque sísmico 533 y recuperar la actividad del astillero, con el objetivo de mantener los 130 puestos de trabajo directos y otros mil indirectos que se hallaban en riesgo.

  • O conselleiro de Economía e Industria ven de amosar a súa satisfacción polo acordo alcanzado hoxe por unanimidade na Comisión Executiva de Pymar para pechar a operación de financiamento que permitirá rematar o buque sísmico 533 e recuperar a actividade no estaleiro Vulcano “co obxectivo último de manter os postos de traballo directos e indirectos”
  • O conselleiro de Economía e Industria apuntou que o liderado e a “insistencia e o traballo da Xunta deron por fin resultados en Pymar”
  • O Goberno galego sempre mantivo o mesmo posicionamento de apoio firme e irrevocable para activar os mecanismos financeiros de respaldo ao estaleiro vigués
  • O conselleiro de Economía e Industria amosou tamén a súa satisfacción polo feito de que o tempo perdido polos cambios de posicionamento de Pymar para pechar a operación non computen para o tempo de entrega da construción

 

 

Foto: mundopesca.org

Santiago, 11 de novembro de 2010.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ven de amosar a súa satisfacción polo acordo alcanzado hoxe por unanimidade na Comisión Executiva de Pymar para pechar a operación de financiamento que permitirá rematar o buque sísmico 533 e recuperar a actividade no estaleiro Vulcano, “logo dun proceso negociador que ten liderado a Xunta co obxectivo último de manter os postos de traballo directos e indirectos”.

 O conselleiro de Economía e Industria apuntou que a “insistencia e o traballo da Xunta deron por fin resultados en Pymar”, e avanzou que o seu departamento activará de inmediato os mecanismos financeiros para avalar con case 17 millóns de euros a operación que posibilitará o remate do buque por parte de Vulcano logo do acordo alcanzado hoxe en Pymar, que implica unha aportación de 4,3 millóns de euros por parte desta sociedade.

 Esta inmediatez por parte da Consellería de Economía e Industria ven dada pola anterior sinatura do compromiso de aportación dos case 17 millóns de euros de financiamento para o remate do buque sísmico, xa coñecida por Pymar, e asinada no seu momento pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e o Instituto Galego de Promoción Económica.

 O conselleiro de Economía e Industria, que obtivo no seu momento o compromiso por parte da dirección e dos traballadores de que o buque se entregará en prazo, amosou tamén a súa satisfacción polo feito de que o tempo perdido polos cambios de posicionamento de Pymar para pechar a operación de financiamento non computen para o tempo de entrega.

 O acordo, en forma de convenio, permitirá a Factorías Vulcano retomar a actividade para a construción do buque e a súa posterior entrega a un armador noruegués, e polo tanto o mantemento dos postos de traballo directos e indirectos asociados á importante industria auxiliar, obxectivo último dos esforzos da Xunta de Galicia.

A Consellería de Economía e Industria quere salientar que o Goberno da Xunta sempre mantivo o mesmo posicionamento de apoio firme e irrevocable para activar os mecanismos financeiros de respaldo ao estaleiro vigués, e quere amosar a súa satisfacción polo cambio de posicionamento experimentado por parte de Pymar, logo das súas anteriores dúas negativas. 

Javier Guerra, finalmente, salientou que o respaldo da Xunta a Vulcano e ao sector naval galego é total dende o primeiro momento, como xa se ten demostrado en numerosos encontros tanto coa dirección como co comité de empresa, e liderando o proceso co que finalmente se ten acadado o cambio de posicionamento de Pymar.

Un comentario sobre “La Xunta consigue por fin concretar con Pymar la operación financiera que será la salvación de los astilleros Vulcano de Vigo

Replica a Articulo Indexado en la Blogosfera de Sysmaya Cancelar la respuesta