La Xunta restaurará la iglesia de San Xoan de Hospital en Quiroga

CULTURA DESTINARÁ MÁIS DE 85.000 EUROS PARA A RESTAURACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA IGREXA DE SAN XOAN DE HOSPITAL EN QUIROGA (LUGO)  

 Cultura destinará más de 85.000 euros a la restauración y acondicionamiento de la iglesia de San Juan de Hospital en la localidad lucense de Quiroga. Las obras incluyen la recuperación de las cubiertas, fachada principal y diversos trabajos en piedra, y está previsto que se completen para marzo del año que viene. La Capilla de San Juan se empleó por los monjes guerreros (así se conocía a los señores de la Orden de San Juan) en sus rezos y sus ceremonias sagradas de iniciación y juramentos a mediados del siglo XIII. 

  • A Consellería de Cultura e Turismo vén de adxudicar as obras que se levarán a cabo tanto no exterior como no interior da capela de San Xoán entre as que destacan ás recuperacións das cubertas, fachada principal e diversos traballos na pedra. O remate destas actuacións está previsto para marzo de 2011.

 

Santiago, 10 de novembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo destinará un total de 85.294 euros para a restauración e acondicionamento da capela de San Xoán de Hospital en Quiroga (Lugo). Esta achega diríxese á posta en valor e recuperación do espazo da capela de San Xoán, peza senlleira do templo e cunha alta significación histórica por ter sido o espazo de enterramento dos señores da Orden de San Xoán. O importe total da restauración do templo cofinanciarase con fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) e FCI (Fondo de Común Inversión).

 A Consellería de Cultura e Turismo vén de adxudicar as obras que se e levarán a cabo tanto no exterior como no interior da capela de San Xoán. O remate destas actuacións está previsto para marzo de 2011. Entre as accións que se levarán a cabo na parte externa do templo  destacan a reforma do peche exterior do espazo anexo á sancristía, o soterramento da acometida eléctrica, a pavimentación do acceso exterior en rampla mellorando a accesibilidade ao adro, a reparación e dotación de novos canalóns de cobre na cuberta, dotacións de goteróns de protección contra a escorrentas de auga no campanario e mellora de impermeabilización nalgunha das limas da cuberta, a reparación dos beirís de pedra da torre campanario e da fachada principal e o pintado dos paramentos exteriores encalados da igrexa.

 No interior do mesmo levarase a cabo a restauración dos revestimentos interiores da capela, a retirada da imaxe da San Xoán da súa posición actual para proceder ao seu novo emprazamento sobre unha peaña á entrada da capela, a dotación de peche de vidro da fiestra recuperada, a recuperación das lousas brasoadas do chan e recomposición do pavimento pétreo da capela, a recolocación e traballos de conservación dos sartegos existentes nos arcosolios das paredes laterais, a reparación e rehabilitación dos chanzos de entrada a capela e das pedras rotas do limiar redefinindo este elemento, a dotación de equipos para a iluminación da capela e a recuperación das policromías e azulexaría decorativa do altar.

Asemade tamén procederase á colocación dun novo caixón e tapa de madeira ao sarcófago correspondente a Don Xoán de Losada e a súa muller Violante de Rivadeneyra, a colocación no nicho libre o frontal de pedra de Don Andrés de Losada e Prada, a colocación de dous focos de luz sobre cada cornixa lateral da bóveda e a recuperación de policromías dos parámetros laterais do altar así como as pezas do azulexo da parte frontal do mesmo.           

 Valor patrimonial

A Capela de San Xoán é parte da igrexa de San Xoán da parroquia de San Salvador de Hospital. Foi o xermolo do pobo de San Salvador, xa que ao seu redor construíronse máis casas, nobres e plebeas. A finais do século X fúndase unha igrexa prerrománica dedicada ao apóstolo San Bartolomé, coñecida como a Capela de San Xoán do Hospital.

A Capela de San Xoán destinouse aos monxes guerreiros, os seus rezos e as súas cerimonias sagradas de iniciación e xuramentos a mediados do século XIII. Actualmente a Capela é de planta cadrada, de grosos muros con contrafortes que reforzan as bóvedas interiores de medio canón, que descansan sobre arcos torais. Na cabeceira sitúase un altar de pedra con azulexos na súa fronte, no eixe vertical aparecen dous ocos verticais abocinados, cada unha das paredes dispón de dous arcos cegados a modo de arcosolios con estatuas xacentes en sarcófagos do século XV: Capitán D. Antonio de Quiroga. D. Xoán de Losada e Dona Violante de Ribadeneira, D. Rodríguez de Valcarce e posiblemente, o seu pai, D. Rodrigo de Quiroga Losada e Valcarce.

A Xunta de Galicia, a través da Consellaría de Cultura e Turismo, e o Concello de Quiroga veñen colaborando e desenvolvendo obras de acondicionamento, mellora, posta en valor e conservación da igrexa de San Xoán. A idea deste proxecto reside na posta en valor o patrimonio cultural, histórico e relixioso do Camiño de Inverno, non só como medio para contribuír a potenciar o turismo cultural desta ruta xacobea, senón pola necesidade de preservar este valioso legado para as xeracións futuras. 

2 comentarios sobre “La Xunta restaurará la iglesia de San Xoan de Hospital en Quiroga

  1. Agradeceríase que incorporaran algunha fotografia do interior da Igrexa e a tamaño máis grande que a que hai actualmente.

    Como o artigo é do 2010, ¿Levaronse xa a cabo as Restauracións?

    A Asociación do do e Ciclo universitario do Campus de Lugo temos previsto visitala o 21 de Abril deste ano 2012 e gustaríanos ter toda a información posible.

    Me gusta

    1. Lamentamos no poder ofrecerles fotos del interior de la iglesia, no las hemos encontrado.
      En cuanto a la restauración, estaba previsto que se terminara hace un año, por lo que ya debe estar de sobra completada.
      Le incluimos a continuación un artículo del diario El Progreso de Lugo donde se detalla la citada restauración.

      Quiroga
      La rehabilitación de la iglesia de Hospital estará finalizada en marzo de 2011

      Etiquetas: Quiroga, rehabilitación, patrimonio, iglesias

      02/12/2010 – El Progreso (Quiroga)

      Las obras de restauración de la iglesia parroquial de Hospital, centradas en la capilla de San Xoán y sufragadas por la Consellería de Cultura, ya han dado comienzo, esperándose que estén totalmente rematadas en el mes de marzo del próximo año.

      Los trabajos en la parte externa del templo consisten en reformar el cierre del espacio anexo a la sacristía, el soterramiento de la acometida eléctrica y la pavimentación del acceso, en cuesta, para facilitar la accesibilidad.

      En el interior se llevará a cabo la retirada de la imagen de la San Xoán de su posición actual para proceder a emplazarla en la entrada al templo.

      Enlace: http://elprogreso.galiciae.com/nova/69219.html?lang=es

      Para más información sobre la iglesia, pueden acudir a la Consellería de Cultura de la Xunta de Galicia.
      http://www.xunta.es

      Me gusta

Replica a asturgalicia Cancelar la respuesta