La Plataforma Salva el Tren denuncia el desmantelamiento de las líneas tradicionales en beneficio del AVE

ADEGA PARTICIPÓ EN LAS JORNADAS DE IMPULSO DEL TREN DEL PUEBLO

Las jornadas se celebraron en Redondela entre los días 5 y 7 de noviembre. Junto con Adega, allí estuvieron otros colectivos integrados asimismo en la Plataforma Salva el Tren y en la Plataforma Estatal por la Defensa del Ferrocarril.

En el curso de estas jornadas se hizo patente la preocupación general existente en todo el Estado por el desmantelamiento sistemático de las líneas de ferrocarril tradicionales en beneficio del trazado del AVE. También la inexistencia de una planificación integral de las infraestructuras de transporte, que eviten que unas destruyan o solapen a otras. Y el abandono en que las administraciones estatal y autonómico tienen al tren de corto recorrido en Galicia. Y la deficiente red de transporte entre los principales puertos gallegos y las líneas férreas.

ADEGA participou nas xornadas de impulso do TREN DO POBO

 Redondela, 10 de novembro de 2010.- ADEGA participou nas Xornadas estatais do Ferrocarril  celebradas en Redondela entre o 5 e 7 de novembro, xunto con outros colectivos integrados na Plataforma Salva O Tren e a Plataforma Estatal pola Defensa do Ferrocarril. No decurso destas xornadas ficou patente a preocupación xeral existente en todo o Estado polo desmantelamento sistemático das liñas de ferrocarril tradicionais en beneficio do trazado do AVE. Trátase dun medio de transporte que, se ben emite menos gases de efecto invernadoiro no seu desprazamento, resulta un medio caro e esixe infraestruturas de grande impacto ambiental, polo que o aforro en polución non é tan claro. O AVE non debe ser incompatíbel co tren clásico, o cal presta servizo a inúmeros núcleos de poboación de Galiza.

 As entidades participantes, entre elas ADEGA, manifestaron a preocupación pola inexistencia dunha planificación integral das infraestruturas de transporte, que evite que unhas solapen ou destrúan a outras. Isto tamén implicaría que os organismos públicos de Sanidade ou de Educación medisen os rendementos que o transporte como servizo público e social xera nestes eidos, fronte a outro modelo de mobilidade. Neste senso, o TREN debe ser considerado un servizo público de alto rendemento, pois consegue transportar persoas e mercadorías sen custe de vidas e cun mínimo de afección ambiental. Os argumentos esgrimidos polas Administracións sobre a pouca rendibilidade do tren  foron claramente contestados nestas xornadas. Nelas quedou patente que o beneficio social supera en moito aos custes de execución e desenvolvemento das infraestruturas ferroviarias.

Desde unha óptica máis próxima ao noso territorio, denunciouse o abandono que o tren de curta distancia esta a sufrir en Galiza por parte dos gobernos autonómico e estatal, sobre todo, se comparamos o noso caso co desenvolvemento de trens de proximidade noutros lugares do Estado que conectan vilas con menos poboación que a que ten o Eixo Atlántico. O tren entre A Coruña e Vigo ten movido máis de 2 millóns de pasaxeiros ao ano, e a pesares diso estanse eliminando liñas e os horarios de saída e chegada son pouco convenientes. E as previsións para o futuro seguen a ser desalentadoras. É probábel a desaparición das estacións de tren entre Lugo e Monforte e entre Ourense e Vigo, por mor do cambio de ancho de vía que se ha de establecer para o paso do tren de altas prestacións, pois estas estacións non aparecen na planificación ferroviaria estatal.

Nestas xornadas tamén se fixo unha chamada de atención sobre a deficiente rede de transporte entre os principais portos galegos e as liñas férreas, en comparación con outras zonas do Estado que si “ espabilaron”. Véxase o exemplo Xixón, que xa botou a andar a autoestrada do mar con Nantes (estación Saint Nazaire) e que Vigo perdeu, teméndose que se perda tamén a conexión con Le Havre, prevista para funcionar no mes de decembro. A falta dun tren de enlace cos portos galegos, nomeadamente co de Vigo, fará perder oportunidades de desenvolvemento, como xa ten acontecido. Mentres, o transporte por estrada segue a estar claramente favorecido, tanto polo goberno da Xunta como polo estatal, coa promoción de máis autoestradas.

E en canto ao transporte aéreo, tamén houbo pronunciamentos para denunciar que en Galiza se están a gastar cartos innecesariamente, por exemplo coa ampliación do aeroporto de Alvedro, o que incrementará de xeito galopante as nosa emisións contaminantes e non solucionará os problemas de mobilidade dos galegos e galegas. Ademais os 22.000 millóns de € que se van gastar nesta ampliación supón unha cifra desorbitada se a comparamos co custe público (que algún dos asistentes calculou en 17 millóns de €) que suporía a adaptación das actuais liñas de ferro, por outras máis modernas e sostíbeis.

As Xornadas concluíron que o ferrocarril é o medio máis seguro, eficiente e ecolóxico de transporte, e a única alternativa posíbel para soster de xeito racional a nosa mobilidade.

Anuncios

2 comentarios sobre “La Plataforma Salva el Tren denuncia el desmantelamiento de las líneas tradicionales en beneficio del AVE

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s