Air Nostrum ven de informar ao Goberno galego da intención de dar continuidade en inverno ás rutas A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla
A Xunta confirma ao Comité de Rutas que está en condicións de garantir en 2011 unha oferta que manteña o mesmo número de voos internacionais nos tres aeroportos galegos
Air Nostrum acaba de informar al gobierno gallego de la intención de proseguir en invierno con sus rutas aéreas entre A Coruña y Valencia, y Vigo-Sevilla. La Xunta confirma al comité de rutas que está en condiciones de garantizar para 2011 una oferta que mantenga el mismo número de vuelos internacionales en los tres aeropuertos gallegos.
- O Comité de Rutas solicitou por unanimidade que se repita o mesmo mapa de destinos que se tivo no verán de 2010
- A Xunta comprometeuse a traballar coordinadamente co comité para buscar unha compañía que manteña o voo a Bruxelas dende Peinador, e so no caso de que non se atope buscarase outra alternativa de destino internacional
- Esta proposta elevarase ao Consello Xeral do Comité de Rutas, que será o que teña que aprobala. O comité, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, será convocado no prazo mais breve posible
- Tamén hai que elevar ao consello xeral a toma de decisión respecto de quen será o interlocutor do Comité de Rutas nas negociacións coas compañías aéreas
Santiago, 5 de novembro de 2010.- Os membros do Comité Técnico de Rutas aéreas acordaron por unanimidade o obxectivo de manter en 2011 polo menos o mesmo mapa de destinos internacionais nos aeroportos galegos que se tiveron no verán de 2010, o que foi interpretado pola secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, como o recoñecemento do éxito da xestión e da negociación dos voos que no seu momento fixo a Xunta de Galicia coas compañías aéreas.
Por outra banda, e a excepción da propia Xunta e do Concello da Coruña, o resto dos membros do Comité de Rutas comunicaron que non destinarán ningún diñeiro ás rutas aéreas no 2011. O Goberno galego confirmou que aportará 3 millóns de euros xa consignados nos orzamentos do vindeiro ano. Carmen Pardo, ao remate da reunión, garantiu que poderase lograr o mesmo mapa de rutas que en 2010, para o que se deberán optimizar os recursos nas negociacións coas compañías.
Afirmou ademais que a Xunta non ten preferencias ou posturas apriorísticas respecto das compañías que deben operar en Galicia. Só se garantirán os mesmos destinos, elixindo a mellor oferta entre as propostas que fagan as liñas aéreas.
Na reunión, a Xunta comprometeuse a traballar coordinadamente co comité para buscar unha compañía que manteña o voo a Bruxelas dende Peinador, e so no caso de que non se atope buscarase outra alternativa de destino internacional para o aeroporto vigués.
Esta proposta elevarase ao Consello Xeral do Comité de Rutas, que será o que teña que aprobala. O comité, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, será convocado no prazo mais breve posible. Tamén hai que elevar ao consello xeral a toma de decisión respecto de quen será o interlocutor do Comité de Rutas nas negociacións coas compañías aéreas.
Na reunión do Comité Técnico de Rutas Aéreas celebrada hoxe en Santiago, o Goberno galego, representado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e polo director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, trasladou aos membros de dito Comité que a compañía Air Nostrum ven de informar á Xunta de Galicia da intención de dar continuidade en inverno ás rutas que ven prestando en Galicia, é dicir, A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla.
[…] Actualizados : El gobierno gallego tiene éxito en mantener el mismo número de vuelos internacionales en l… Acaba el rodaje de la película '¿Para qué sirve un oso ' en Teverga Atracan […]
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/11/05/el-gobierno-gallego-tiene-exito-en-mantener-el-mismo-nu… 2011, Aeropuertos, éxito, Gallego, gallegos, gobierno, internacionales, mantener, mismo, número, PARA, tiene, tres, vuelos […]
Me gustaMe gusta