El gobierno gallego tiene éxito en mantener el mismo número de vuelos internacionales en los tres aeropuertos gallegos para 2011

Air Nostrum ven de informar ao Goberno galego da intención de dar continuidade en inverno ás rutas A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla

 A Xunta confirma ao Comité de Rutas que está en condicións de garantir en 2011 unha oferta que manteña o mesmo número de voos internacionais nos tres aeroportos galegos

 Air Nostrum acaba de informar al gobierno gallego de la intención de proseguir en invierno con sus rutas aéreas entre A Coruña y Valencia, y Vigo-Sevilla. La Xunta confirma al comité de rutas que está en condiciones de garantizar para 2011 una oferta que mantenga el mismo número de vuelos internacionales en los tres aeropuertos gallegos.

  • O Comité de Rutas solicitou por unanimidade que se repita o mesmo mapa de destinos que se tivo no verán de 2010
  • A Xunta comprometeuse a traballar coordinadamente co comité para buscar  unha compañía que manteña o voo a Bruxelas dende Peinador, e so no caso de que non se atope buscarase outra alternativa de destino internacional
  • Esta proposta elevarase ao Consello Xeral do Comité de Rutas, que será o que teña que aprobala. O comité, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, será convocado no prazo mais breve posible
  • Tamén hai que elevar ao consello xeral a toma de decisión respecto de quen será o interlocutor do Comité de Rutas nas negociacións coas compañías aéreas

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 5 de novembro de 2010.- Os membros do Comité Técnico de Rutas aéreas acordaron por unanimidade o obxectivo de manter en 2011 polo menos o mesmo mapa de destinos internacionais nos aeroportos galegos que se tiveron no verán de 2010, o que foi interpretado pola secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, como o recoñecemento do éxito da xestión e da negociación dos voos que no seu momento fixo a Xunta de Galicia coas compañías aéreas.

 Por outra banda, e a excepción da propia Xunta e do Concello da Coruña, o resto dos membros do Comité de Rutas comunicaron que non destinarán ningún diñeiro ás rutas aéreas no 2011. O Goberno galego confirmou que aportará 3 millóns de euros xa consignados nos orzamentos do vindeiro ano. Carmen Pardo, ao remate da reunión, garantiu que poderase lograr o mesmo mapa de rutas que en 2010, para o que se deberán optimizar os recursos nas negociacións coas compañías.

 Afirmou ademais que a Xunta non ten preferencias ou posturas apriorísticas respecto das compañías que deben operar en Galicia. Só se garantirán os mesmos destinos, elixindo a mellor oferta entre as propostas que fagan as liñas aéreas.

 Na reunión, a Xunta comprometeuse a traballar coordinadamente co comité para buscar  unha compañía que manteña o voo a Bruxelas dende Peinador, e so no caso de que non se atope buscarase outra alternativa de destino internacional para o aeroporto vigués.

 Esta proposta elevarase ao Consello Xeral do Comité de Rutas, que será o que teña que aprobala. O comité, presidido polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, será convocado no prazo mais breve posible. Tamén hai que elevar ao consello xeral a toma de decisión respecto de quen será o interlocutor do Comité de Rutas nas negociacións coas compañías aéreas.

 Na reunión do Comité Técnico de Rutas Aéreas celebrada hoxe en Santiago, o Goberno galego, representado pola secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, e polo director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, trasladou  aos membros de dito Comité  que a compañía Air Nostrum ven de informar á Xunta de Galicia da intención de dar continuidade en inverno ás rutas que ven  prestando en Galicia, é dicir, A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla. 

Anuncios

2 comentarios sobre “El gobierno gallego tiene éxito en mantener el mismo número de vuelos internacionales en los tres aeropuertos gallegos para 2011

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s