Cultura destinará 1,2 millones a la restauración de la muralla romana de Lugo, su yacimiento arqueológico, y el futuro Museo del Mundo Romano

CULTURA DESTINARÁ CASE 1,2 MILLÓNS DE EUROS Á CIDADE DE LUGO EN 2011 PARA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DO SEU PATRIMONIO CULTURAL  

 La Consellería de Cultura destinará casi 1,2 millones de euros a la ciudad de Lugo en 2011 para actuaciones de conservación y restauración de su patrimonio cultural. Se destinará casi un millón de euros a las obras de puesta en valor, mantenimiento y accesibilidad de la Muralla Romana de Lugo, así como al acondicionamiento del yacimiento arqueológico asociado. La redacción del proyecto del Centro de Interpretación y Museo del Mundo Romano en el cuartel de San Fernando recibirá por su parte un total de 215.000 euros.

  • Os orzamentos da Consellería de Cultura e Turismo contemplan un investimento de preto de 1.000.000 de euros nas obras de posta en valor, mantemento e accesibilidade da Muralla Romana de Lugo, así como no acondicionamento do xacemento arqueolóxico asociado.
  • A redacción do proxecto do Centro de Interpretación e Museo do Mundo Romano no Cuartel de San Fernando recibirá un total de 215.000 euros.

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Santiago, 3 de novembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo destinará nos seus orzamentos de 2011 un total de 1.195.000 euros para a conservación e restauración de bens culturais na cidade de Lugo. A achega para o exercicio de 2011 ten como principal beneficiaria á Muralla de Lugo, na que se investirán un total de 980.000 euros. De forma desglosada, establécese unha partida de 500.000 euros para o seu mantemento, obras de restauración e mellora da accesibilidade e un total de 480.000 euros para o remate das obras de acondicionamento e posta en valor do xacemento arqueolóxico asociado á muralla de Lugo.

 Para as obras de mantemento da Muralla Romana de Lugo, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ten previsto destinar 1 millón de euros, distribuído en catro anualidades ata 2014. En 2011, os traballos consistirán no tratamento e limpeza da vexetación en lenzos e adarve, a consolidación e reparación do pavimento, as reposicións e mantementos das cachoterías desprendidas, a instalación eléctrica e de iluminación así como outras pequenas obras para a impermeabilización e a evacuación de augas. Tamén está prevista para 2011 a reparación dos lenzos interiores dos cubos XXXVIII e LXXVII.

 As actuacións para garantir a accesibilidade e a mellor conservación da Muralla de Lugo terán no 2011 un importe de 100.000 euros. Para a Consellería de Cultura e Turismo, a solución da accesibilidade ten carácter prioritario polo que a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural elaborou un mapa da muralla na que se distinguen as zonas accesibles e as non accesibles, pola propia configuración construtiva da muralla e as pendentes do adarve. As propostas de actuación contemplan unha mellora das condicións da rampla da porta de Santiago e promoveranse outros puntos de accesibilidade. Neste sentido, estase a avaliar o posible aproveitamento dunha edificación acaroada á Muralla, na zona da Tinería, na que se instalaría un ascensor que permitiría salvar o desnivel co mínimo impacto no monumento.

 A execución de obras de restauración nos cubos XXXVIII e LXXVII da Muralla levarase a cabo no 2011 cun orzamento de 150.000 euros. O precario estado de conservación precisa de intervencións tanto para asegurar a estabilidade estrutural deles mesmos como das edificacións inmediatas.

 Xacemento arqueolóxico do Vicerreitorado

Este proxecto de conservación e posta en valor da Muralla de Lugo e os restos arqueolóxicos anexos á Porta de Santiago conta coa financiación da Consellería de Cultura e Turismo, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Lugo. A Consellería destinará no exercicio de 2011, un total de 480.000 euros para a protección e conservación do xacemento arqueolóxico do templo de Mitra, localizado no espazo anexo á Muralla baixo o Edificio do Vicerreitorado de Lugo. Dunha banda, as obras de remate e acondicionamento do asentamento terán unha dotación de 230.000 euros e para os traballos de posta en valor do xacemento destinarase un total de 250.000 euros.

 O proxecto expositivo dos restos arqueolóxicos atopados no Vicerreitorado configura un percorrido circular que, a partir das plataformas elevadas existentes, permite atravesar distintas estancias romanas e aproximarse aos restos arqueolóxicos. A consolidación arqueolóxica das estruturas romanas e a reintegración das lagoas facilitará a comprensión dos restos. O discurso expositivo configúrase a partir dunha sucesión de acontecementos en torno aos tres elementos máis importantes: domus, mitreo e muralla. A montaxe expositiva outórgalle unha gran relevancia aos elementos multimedia como fórmula para incrementar o interese do relato histórico e expositivo.

 Cuartel de San Fernando

O pasado mes de xuño, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela anunciou o anteproxecto gañador do concurso internacional de ideas para a realización do Proxecto básico e de execución para a rehabilitación do monumento do Cuartel de San Fernando como Centro de Interpretación e Museo do Mundo Romano. A proposta gañadora Perseo, dos arquitectos Pedro Colón de Carvajal Solís e Raquel Buj García, con sede en Madrid e autores doutros proxectos de envergadura como o Monumento ás Vítimas do 11-M, constitúe un anteproxecto que cumpre coas esixencias de respecto coas características esenciais do Cuartel de San Fernando e coa contorna urbana que lle rodea, especialmente a Muralla de Lugo. A previsión da Consellería de Cultura e Turismo para o exercicio de 2011 contempla o desenvolvemento redacción do devandito proxecto ao que se investirán 215.000 euros.

 

Un comentario sobre “Cultura destinará 1,2 millones a la restauración de la muralla romana de Lugo, su yacimiento arqueológico, y el futuro Museo del Mundo Romano

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s