El Servicio Gallego de Salud organiza el lunes 11 un foro virtual con motivo del Día Mundial de la Salud Mental

O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE ORGANIZA ESTE LUNS UN FORO VIRTUAL A TRAVÉS DE INTERNET CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

El Servicio Gallego de Salud organiza este lunes 11 de octubre un foro virtual a través de Internet con motivo del Día Mundial de la Salud Mental

 

  • As persoas que desexen participar deberán acceder á web da Escola Galega de Cidadáns (www.sergas.es/escolasaude) e entrar no apartado “O Experto responde”
  • Dende as 17 ás 19 horas, figurará un acceso aberto “envíe agora as súas preguntas”, para poder formular as cuestións, que serán contestadas polos profesionais en tempo real
  • Galicia contará por primeira vez cunha unidade de referencia infanto xuvenil para a Comunidade Autónoma, que se ubicará no CHUS
  • Este luns tamén se presentará o ambicioso Proxecto Nise de saúde mental, integrado na Estratexia Sergas 2014

 

Santiago, 9 de outubro de 2010.- A Dirección de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde e a Escola Galega para Cidadáns organizan o vindeiro luns, a través de Internet, un foro virtual por mor da conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental. Esta actividade do departamento que dirixe Pilar Farjas Abadía forma parte do Proxecto Nise contra o estigma na enfermidade mental.

 As persoas que desexen participar deberán acceder á web da Escola Galega de Cidadáns (www.sergas.es/escolasaude) e entrar no apartado “O Experto Responde” onde, o luns, dende as 17 ás 19 horas, figurará un acceso aberto “envíe agora as súas preguntas”, para poder formular as cuestións, que serán contestadas polos profesionais en tempo real.

 Neste foro, a cidadanía poderá plantexar todas as súas preguntas sobre saúde mental que considere relevantes aos tres especialistas convidados: Mario Páramo, psiquiatra e presidente da Asociación Galega de Psiquiatría; Gonzalo Martínez, psicólogo clínico e presidente da Asociación Galega de Saúde Mental; e José Ramón Girón, médico de familia e presidente de FEAFES Galicia.

Con este foro de expertos inaugúrase o Proxecto Nise contra o estigma na enfermidade mental, que se levará a cabo en Galicia ata o ano 2014, e que será unha das liñas estratéxicas prioritarias en saúde mental do Servizo Galego de Saúde. Este Proxecto presentarase tamén este luns e terá, entre outros obxectivos, o de informar e educar á cidadanía e, por suposto, aos pacientes e familiares, entre outros axentes sociais, así como a colaboración dos medios de comunicación.

 Primeira unidade de referencia infanto-xuvenil

O Servizo Galego de Saúde porá en marcha, no primeiro trimestre de 2011, a primeira Unidade de Hospitalización Infanto-Xuvenil coa que contará Galicia, e que se ubicará no Complexo Universitario de Santiago. Esta unidade, de referencia para a Comunidade Autónoma, reforzará a aposta pola prevención e detección precoz dos trastornos mentais graves e, especialmente, na poboación infanto-xuvenil, posto que unha rápida actuación pode influír, de xeito importante, no prognóstico do paciente.

 Polo que atinxe ao ámbito clínico, a consellería de Sanidade está traballar na excelencia formativa dos profesionais de Atención Primaria, como porta de entrada do sistema, como reforzo na detección precoz e no diagnóstico e no tratamento destas enfermidades. 

Un comentario sobre “El Servicio Gallego de Salud organiza el lunes 11 un foro virtual con motivo del Día Mundial de la Salud Mental

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s